Celébrase o sábado 6 de xullo.

Mercado do libro en Allariz

A área de Promoción Económica do Concello de Allariz organiza coa colaboración da Editorial Aira e o coworking BenComún Espazo o sábado, 6 de xullo, a terceira edición do Mercado do Libro de Allariz novo e vello, na Alameda de Allariz.

No Mercado, de 10:30h a 20h, participarán librerías especializadas de cómica, banda deseñada, ilustración, poesía e libro infantil e xuvenil, ademais da venda de volumes de segunda man, sumando un total de 12 expositores.

Durante a xornada, terán lugar varias presentacións de libros e un contacontos para nenos e nenas a cargo de MOC MOC ás 12:30h, enmarcados dentro da programación do Mercado do Libro novo e vello de Allariz.