Nestas datas organízanse numerosas campañas a favor dos máis vulnerables.

A solidariedade inunda Ourense

Chega o Nadal e con el aflora o noso espírito máis solidario. Son numerosas as campañas que teñen lugar en todos lados para axudar aos máis desfavorecidos e que sobreleven mellor estas datas. Recollida de xoguetes e de alimentos son as máis típicas.

Lapis solidario
A sede de Queixumes dos Pinos foi o lugar da presentación do Lapis solidario, unha iniciativa que leva 14 anos de percorrido. A intención é vender o maior número de lapis para recadar fondos e mercar xoguetes para os menores máis desfavorecidos.
A iniciativa estará vixente ata o 6 de xaneiro e poñense á venda máis de 3.000 que se poderán mercar en 50 establecementos da cidade. O prezo de cada lapis é de un euros e hai 10 modelos diferentes.
Esta campaña promovida por Orixe Comunicación xunto a Quiexumes dos Pinos e tendas Juguettos, busca achegarse aos 3.000 lapis vendidos, para chegar ao maior número de nenos posibles.
O ano pasado lográronse vender algo máis de 2.000 e recibiron o seu regalo de Nadal entre 60 e 70 rapaces.
Aínda que é palpable a solidaridade ourensá lonxe quedan anos nos que se vendían 5.000 unidades (aló polo 2007). Este ano estamos a tempo pois quedan 40 días para poder mercalos.

Moteros solidarios
Moteros Solidarios, debido a gran cantidade de xoguetes cos que contan, solicitan voluntarios para a preparación dos xoguetes a entregar aos nenos das casas de acollida en Reis. Para contactar 988224341 o por Facebook: Moteros Solidarios Ourense. Este será o quinto ano desta iniciativa que leva por lema “Ningún neno sen xoguete por Nadal”.

Amencer
Outra que non pode faltar é a Operación Quilo de Amencer que este ano leva por lema “como un Nadal como en casa”. A campaña, que leva xa 33 anos, estará vixente ata o 20 de decembro. Como cada ano en diversos supermecados da cidade estará colocado un carro da compra, para que todo o que o desexe deixe productos non perecedoiros. Tamén habera huchas nalgún local para recoller cartos que se destinarán a comprar alimentos.
Todo o recadado irá a Cáritas quen realizara o reparto ás familias máis necesitadas.