Ata o 20 de decembro está aberta a inscrición no concurso de decoración de Nadal (información e inscrición nas oficinas municipais).
O día 23 de decembro, luns, o salón de actos do Concello acollerá a recepción de Papá Noel ás cinco da tarde.
Unha exposición de postais deseñadas polos nenos do CEIP Xoaquín Lourenzo poderase visitar do 23 de decembro ao 7 de xaneiro na Casa do Concello (de 9 a 14.30 horas).
A Ludoteca de Nadal estará aberta o 26 de decembro -na biblioteca- de 10 a 12 horas.
Para os menores de 15 anos celébranse as olimpiadas de interior -o xoves 26- cun maratón de xogos no pavillón de deportes a partir das 17 horas.
O día 27 haberá unha excursión a Pazolandia previa inscrición (prezo 2 euros) na biblioteca ou oficinas do Concello. Límite de prazas.
O 30 de decembro, o salón de actos do Concello celebra a festa pre-fin de ano infantol ás 18 horas.
O 3 de xaneiro -venres- na biblioteca (de 11 a 12 carta aos Reis Magos.
O día 5 (domingo) o Mercado do Xurés estará aberto de 11 a 15 horas.
E para rematar, o 5 de xaneiro -luns-, recepción aos Reis Magos no Concello ás 18 horas con actuación da Banda de gaitas e pandereteiras e unha chocolatada.