En conmemoración do seu 50º aniversario. Proxéctanse na Casa da Cultura de Ourense.

Proxeccións do Padre Feijoo para esta semana (do 2 ao 29 de novembro)

As proxeccións terán lugar na Casa da Cultura de Ourense (antiga biblioteca pública, rúa Concello, 11) e o aforo está limitado a 30 persoas. O Cineclube Padre Feijoo conmemora o seu 50º aniversario coa proxección de 50 películas ata final de ano.

Martes, 24 de novembro: «O triunfo da vontade», ás 17 e 20 horas.
Alemaña, 1934. Adolf Hitler acababa de chegar ao poder un ano antes. En Nuremberg, o partido nacionalsocialista celebra un triunfalista e patriótico congreso no que se exaltan os valores do pobo alemán e a raza aria.

Mércores, 25 de novembro: «Amorodo e chocolate», ás 17 e 20 horas.
David é un comunista convencido que estuda Socioloxía na Universidade da Habana. Diego é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesar das abismais diferenzas que os separan, entre eles xorde unha profunda amizade.

Xoves, 26 de novembro: «Bailar na escuridade», ás 17 e 20 horas.
Selma Jezkova, inmigrante checa e nai solteira, traballa nunha fábrica da América rural e só atopa consolo na súa paixón pola música, especialmente nas cancións e coreografías dos musicais clásicos de Hollywood. Selma oculta un terrible segredo: está a perder a vista, e o seu fillo Gene correrá a mesma sorte se ela non consegue, a tempo, o diñeiro suficiente para pagarlle unha operación. Por riba, un veciño desesperado acusa falsamente a Selma de roubarlle os seus aforros.

Venres, 27 de novembro: «Trainspotting», ás 17 e 20 horas.
Mark Renton, un mozo de Edimburgo, e os seus amigos son adictos á heroína, o que significa que viven fóra da realidade, nun mundo aparte. Todos eles teñen a intención de loitar na vida contra os terribles efectos das drogas, pero as tentacións son moi grandes e a súa forza de vontade un tanto escasa.

Domingo, 29 de novembro: «A morte tiña un prezo», ás 17 horas.
1942. Na Segunda Guerra Mundial, os homes que compoñen a compañía Charlie deben participar na batalla de Guadalcanal, no Pacífico. Un exército xaponés combaterá cos Charlie para quedar cun estratéxico outeiro. Conseguirán derrotar os americanos ás tropas xaponesas?