Para a noite do 19 de agosto.

3ª andaina nocturna de Verín

O Concello de Verín organiza, en colaboración coa Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, unha andaina nocturna para a noite do 19 de agosto. Segundo confirmaron o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a responsable da asociación de sendeirismo, Amaya Álvarez, o percorrido será circular e terá unha dificultade baixa. Sairá desde a praza García Barbón ás 21 horas e seguirá unha ruta de 9 quilómetros.

A andaina ten un prezo de 5 euros e, pola seguridade dos camiñantes, será obrigatorio levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións de avituallamento (auga e foita) e dos servizos necesarios durante o camiño.

Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir ata o 16 de agosto no local de Multisport Verín (Rúa Irmáns Moreno, 19) ou vía WhatsApp no teléfono 600 410 018.

SOURCE: Andaina nocturna Verín