BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Periódico Barrios - ECPv6.11.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Periódico Barrios
X-ORIGINAL-URL:https://www.periodicobarrios.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Periódico Barrios
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20160327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20161030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160617
DTEND;VALUE=DATE:20161001
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160610T092748Z
LAST-MODIFIED:20160610T092748Z
UID:23805-1466121600-1475279999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición "La imagen fantasma"
DESCRIPTION:La artista ourensana Tamara Feijoo inaugura el próximo 17 de junio a las 20 horas en la Galería Marisa Marimón la exposición “La imagen fantasma”. Licenciada en Bellas Artes por la Facultad de Pontevedra\, Feijoo compagina su actividad artística con trabajos de diseño e ilustración. Utiliza como medio de expresión el dibujo y la pintura. \nEl suyo es un trabajo íntimo\, pequeños formatos\, papeles delicados y soportes muy cuidados. Hay un aspecto fundamental a destacar en su trabajo: el soporte\, como parte esencial de su obra. Durante sus últimos años\, su práctica artística ha girado en torno a la relación del ser humano y la naturaleza. \nSus piezas se han vuelto más oscuras y ricas en significados a lo largo de su evolución. En este aspecto se notan las influencias del bodegón español\, así como de la pintura flamenca y alemana. El paso del tiempo es el denominador común en su obra\, lo trata como algo ineludible y a lo que estamos sujetos pero siempre buscando la belleza de lo inevitable. \nEn esta nueva serie que da título a la exposición “La imagen fantasma”\,  explica Tamara Feijoo que «los trabajos sobre papel\, las huellas\, los restos\, la luz y\, de nuevo\, el espacio son los elementos que constituyen las obras. Los gofrados que representan las huellas de termitas sobre papel y madera se convierten en abstracciones y conviven con trampantojos y papeles que se han vuelto transparentes\, frágiles y etéreos\, así como con la utilización del espacio como parte integrante de la obra\, rompiendo de esta forma con las dos dimensiones y generando un dibujo expandido.En todas estas piezas hay una finalidad: dibujar por medio del volumen\, la impresión y la marca\, dibujar con luces y sombras para hablar de fugacidad y persistencia y\, en definitiva\, de recuerdo. \n«Continuando con la línea de trabajo de mis últimas obras persevero en mi investigación sobre aspectos existenciales como son el paso del tiempo y la trascendencia utilizando la representación figurativa en soportes significativos. En mi pesquisa de la fugacidad me centro en los rastros que permanecen de una forma u otra. Porque esa persistencia de una imagen en la retina\, la huella incorpórea e ilusoria que permanece\, eso es al fin y al cabo la imagen fantasma”. \nLa muestra podrá verse hasta el 30 de septiembre de 11.00 a 14:00 horas\, tardes previa cita. Cierra del 1 de agosto al 9 de septiembre.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-la-imagen-fantasma/
LOCATION:Galería Marisa Marimón\, r/Benito Vicetto\, 5\, baixo\, Ourense\, Ourense \, 32004\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160622
DTEND;VALUE=DATE:20160815
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160623T093035Z
LAST-MODIFIED:20160623T093035Z
UID:24170-1466553600-1471219199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición "A alegría da cor"
DESCRIPTION:O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” conta cunha nova mostra nas súas instalacións. “A alegría da cor” do pintor José Ramón\, quen faleceu a finais de 2015\, cando estaba a rematar os preparativos desta mostra\, que o Centro Cultural mantén coma homenaxe póstuma. A presentación da exposición tivo lugar esta mañá no Centro Cultural\, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense\, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural\, Francisco González\, a viúva do artista\, Teresa Agra\, e o seu fillo\, José Ramón. \nA mostra “é pura luminosidade\, obra do pintor da luz e da cor”\, dixo Rosendo Fernández\, quen engadiu “esta obra\, como describe no catálogo\, causáballe a José Ramón alegría e angustia\, un binomio de dous termos moi opostos que teñen para nós moito valor\, porque esta bipolarización non se deu moitas veces nas exposicións que aquí estiveron”. \nO director do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” explicou que era “de xustiza renderlle homenaxe a súa obra” e definiu a José Ramón como “un pintor figurativo con estilo propio\, que ten nas súas obras moitos elementos abstractos\, con numerosas referencias a Galicia”. Francisco González lembrou unha das frases escritas polo artista no catálogo que dicía “a obra non debe explicarse e debe de falar por si mesma”\, “algo patente nesta mostra”\, asegurou o director do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. \nO fillo do artista recoñeceu que era “un orgullo seguir mostrando a súa obra” e asegurou que para José Ramón as exposicións “tiñan moita importancia\, considerábaas un reto\, e mostraba un gran respecto ao que dicía o público con maiúsculas”. Esta exposición é “unha selección de obras dunha etapa moi madura da cal José Ramón estaba moi satisfeito polo resultado dun esforzo moi esixente en todas as vertentes artísticas: no concepto\, no debuxo\, na técnica\, na cor e no tratamento da luz”\, explicou o fillo do pintor. \nNo catálogo da mostra o artista José Ramón explicou o que significaba para el pintar: “é liberdade interior\, instinto\, inxenuidade e exquisita intelixencia. Pintar todo o que se experimenta\, e traducir todo o que se sente”. \nA exposición pode verse ata o 15 de agosto no Centro Cultural.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-a-alegria-da-cor/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/06/20160622_exposicion.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160707
DTEND;VALUE=DATE:20160926
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160707T171546Z
LAST-MODIFIED:20160707T171546Z
UID:24703-1467849600-1474847999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición "Coeur d'armazigh"
DESCRIPTION:Unha viaxe desde os seus inicios como creadora até a actualidade . É o que nos propón a artista viguesa Nuria Guardiola con «Coeur d’armazigh»\, unha mostra retrospectiva que compila os primeiros cadros\, cando se mesturan experiencias persoais con conflitos emocionais\, con creacións a partir de elementos industriais extraídos das fábricas de salgado do Morrazo\, os faros do Atlántico (que forman parte do inventario municipal)\, fotomontaxes autobiográficas e\, finalmente\, a descuberta de Marrocos\, onde a autora imparte Maxisterio desde 2011. A mostra estará até o 25 de setembro nas salas I e II do Museo Municipal da rúa Lepanto. \nTrátase dunha “extroversión autobiográfica na que descubrimos novos países\, novas cidades e\, ao tempo\, novas formas e formatos\, novas técnicas\, e novas cores… se cadra máis cálidas\, e de seguro que non son só as das paisaxes”\, relataba o alcalde\, Jesús Vázquez\, na inauguración da exposición. \nNuria Guardiola traballa cunha perseverancia pigmentaria a partir de figuracións abstractas\, múltiples movementos xestuais e perfís de cor que debuxan e moldean os seus diferentes soportes artísticos\, cores frías interceptadas en ocasións con atmósferas cálidas que nos elevan a momentos de intensa abstracción cromática. \nE é que a autora\, que ten o seu taller na Abeleda (Beariz)\, foi recompilando vivencias e novas experiencias sobre diferentes formatos e con diferentes técnicas. A súa formación vénlle do pai\, tamén pintor\, que a animou a probar con metais\, con papel\, con fotografías e mesmo cristais. Desde que chegou a Marrocos a dar clase\, ademais\, descubriu novas paisaxes e novos universos: “non son tan diferentes aos nosos”\, dixo\, en referencia ao amor polas singularidades de cada pobo -“no Riff semellan moi galegos\, polo matriarcado e polo amor á terra”- aínda distan moito de parecerse para o bo e para o malo.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-coeur-darmazigh/
LOCATION:Museo Municipal de Ourense\, Rúa Lepanto\, nº 8\, Ourense\, Ourense \, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/07/20160707_expoNuria.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160713
DTEND;VALUE=DATE:20160816
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160713T173924Z
LAST-MODIFIED:20160713T173924Z
UID:24899-1468368000-1471305599@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición de Fran Lareo
DESCRIPTION:O escultor Fran Lareo (Brión-A Coruña)\, inaugurou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense\, unha exposición onde pon de manifesto a súa desbordante imaxinación\, que se transforma en esculturas policromadas de pequeno formato que “nacen nalgún lugar da súa memoria”. \nO vicepresidente da Deputación de Ourense\, Rosendo Fernández\, reiterou o apoio da institución provincial aos novos creadores e fixo especial fincapé na orixinalidade e innovación dos traballos de Lareo. \nO artista trae unha colección de 25 pezas onde están representados os seus últimos traballos\, todos eles elaborados con diversos minerais policromados e que poderán visitarse ata o día 15 de agosto. \nFran Lareo\, artista autodidacta\, empezou traballando a pedra\, logo pasouse á madeira pero acabou creando o seu propio material\, que elabora el mesmo no seu estudio-taller (e que solo el coñece e a ninguén explica). “O seu é darlle materia\, formas e cores a seres que habitan non se sabe onde\, aínda que haxa xente que empece a sospeitalo. Quizais na alma dun artista que pisa sobre un chan xeométrico de imposibles escaleiras” di sobre a súa obra o escritor Alfredo Conde\, Premio Nacional de Literatura. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-de-fran-lareo/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160808
DTEND;VALUE=DATE:20160818
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160812T095258Z
LAST-MODIFIED:20160812T095304Z
UID:25601-1470614400-1471478399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Xornadas de Folclore
DESCRIPTION:As XXXIII Xornadas de Folclore desenvólvense entre o 8 a 17 de agosto en 16 localidades ourensás: Ourense\, A Rúa\, Allariz\, Bande\, Castro Caldelas\, Celanova\, Entrimo\, Maceda\, Manzaneda\, O Barco\, O Carballiño\, Ribadavia\, Trives\, Verín\, Viana do Bolo e Xinzo de Limia. \nNesta edición participan seis grupos chegados dende Sudáfrica\, Bolivia\, Colombia\, Rusia\, Arxentina e Serbia que amosarán o folclore dos seus respectivos países. \nProgramación: \nLuns\, 8 de agosto: \n\n20.30h. Teatro Principal. Cerimonia de Apertura do Festival.\n\nMartes\, 9 de agosto: \n\n20.30h. Praza da Constitución (Bande)\n23.00h. Campo da Barreira (Allariz).\n\nMércores\, 10 de agosto: \n\n 20.30h. Claustro do Mosteiro (Celanova).\n 22.30h. Patio do Colexio (Manzaneda).\n\nXoves\, 11 de agosto: \n\n12.00h. Deputación provincial (Ourense). Recepción Oficial.\n 22.30h. O Malecón (O Barco)\n22.30h. Praza Maior (O Carballiño).\n\nVenres\, 12 de agosto: \n\n22.30h. Praza das Toldas (Maceda).\n22.30h. Praza Maior (Viana do Bolo).\n\nSábado\, 13 de agosto: \n\n20.30h. Patio do Castelo (Castro Caldelas).\n22.30h. Colexio Santa Leonor (Trives).\n\nDomingo\, 14 de agosto: \n\n20.00h. Xinzo. Desfile: Parque do Toural – Praza Carlos Casares; 20.30h. Praza Carlos Casares. Festival.\n20.30h. Alameda (Entrimo).\n\nLuns\, 15 de agosto: \n\n22.30h. Parque do Aguillón (A Rúa).\n22.30h. Praza Maior (Verín).\n\nMartes\, 16 de agosto: \n\n22.30h. Ourense. Desfile: Parque de San Lázaro – Praza Maior; 23.00h. Praza Maior. Festival.\n\nMércores\, 17 de agosto: \n\n23.00h. Auditorio do Castelo (Ribadavia).
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/xornadas-de-folclore/
LOCATION:Ourense 
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20160811T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20160811T213000
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160810T183536Z
LAST-MODIFIED:20160810T183536Z
UID:25565-1470947400-1470951000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto de órgano
DESCRIPTION:O claustro do Mosteiro de San Rosendo de Celanova acolle este xoves un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive; trátase dun concerto didáctico de órgano para público en xeral que comezará ás 20:30 horas. \nO mesmo día desenvolveranse as segundas xornadas de portas abertas do Mosteiro\, con visitas guiadas gratuítas todo o día\, e unha visita teatralizada nocturna con cea. Máis información na oficina de turismo de Celanova.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-de-organo/
LOCATION:Mosteiro de San Rosendo\, Praza Maior\, Celanova\, Ourense\, 32800\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20160811T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20160811T220000
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160705T085813Z
LAST-MODIFIED:20160809T090849Z
UID:24588-1470949200-1470952800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "As mil e unha noites"
DESCRIPTION:Na programación de verán de Barbadás\, o xoves 11 de agosto representarase «As mil e unha noites»\, obra de teatro para todos os públicos. Será ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá. \nSinopse \nA crueldade do sultán\, a intelixencia de Sherezade\, a pillería de Aladín\, a aventura de Alibabá… todo tornará nun xogo no noso maxín dende o momento no que as personaxes chegan nun carromato procedente das antigas historias de Bagdad.  \nVeñen subidos en zancos e con aspecto de xenios anunciando unha historia máxica da lonxana Persia e precisan da participación activa do público para que xunto cos despistes e a improvisación propia dos Ghazafelhos a posta en escea sexa inolvidable.  \nCollendo como pretexto a historia das mil e unha noites e nun ambiente máxico no que non faltará o incenso\, as teas e un contador de historias capaz de transportarnos á antiga Persia\, poremos en escena tres dos relatos máis coñecidos deste recopilatorio de contos do medio oriente.  \nAchegaremos ao espectador a unha obra literaria tan importante como é «As mil e unha noites»provocando unha reflexión: os nenos e nenas medran intelectualmente cando son capaces de argumentar as súas decisións.  \nTres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de cómo a o seu inxenio logrou cautivar a un dos sultáns máis despiadados de toda Persia. As mil e unha noites!!
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-as-mil-e-unha-noites/
LOCATION:Parque dos Patos\, Parque dos Patos\, A Valenzá - Barbadás\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20160811T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20160812T000000
DTSTAMP:20260517T045655
CREATED:20160810T183037Z
LAST-MODIFIED:20160810T183037Z
UID:25564-1470956400-1470960000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto: Uxía e Narf
DESCRIPTION:Dous grandes da música galega: Uxía e Narf ofrecerán un concerto o xoves\, día 11 de agosto\, ás 23:00 horas\, na Praza de San Martiño\, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense dentro do programa Verán Cultural 2016. \nUxía & Narf veñen de publicar o seu primeiro disco conxunto\, «Baladas da Galiza imaxinaria». Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous dos artistas máis influíntes da actual música galega e que máis pontes forxaron con países de lingua portuguesa. \nDespois de anos de viaxes e experiencias por varios continentes\, Uxía e Narf funden neste traballo os seus repertorios nun disco conxunto que incorpora clásicos destes dous autores e tamén temas novos. \nComo espectáculo\, «Baladas» é un concerto en formato intimista onde os artistas convidan ao público a coñecer as «cancións da lingua viaxeira».
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-uxia-e-narf/
LOCATION:Praza de San Martiño\, Praza de San Martiño\, Ourense \, Ourense \, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
END:VCALENDAR