BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Periódico Barrios - ECPv6.11.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://www.periodicobarrios.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Periódico Barrios
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20160327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20161030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160921
DTEND;VALUE=DATE:20161105
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20160922T095029Z
LAST-MODIFIED:20160922T095146Z
UID:26445-1474416000-1478303999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición " Ilusionismo\, ¿magia o ciencia?"
DESCRIPTION:La Obra Social ”la Caixa” y el Ayuntamiento de Ourense presentan la exposición «Ilusionismo\, ¿magia o ciencia?». \nConvertirse en una araña\, ver levitar un gran engranaje\, crecer y empequeñecer como lo hizo Alicia en el país de las maravillas… Los visitantes de la exposición Ilusionismo\, ¿magia o ciencia? podrán experimentar todas estas ilusiones\, y muchas más\, creadas por los sentidos. \nEl cerebro es una fábrica de ilusiones. Pero ¿qué es una ilusión? Es un producto mental\, resultado de fenómenos sensoriales y cognitivos\, una combinación entre lo que se percibe de la realidad y lo que se espera de ella. Nuestro cerebro es el responsable de todo este proceso.\nIlusionismo\, ¿magia o ciencia?\, organizada por la Obra Social ”la Caixa”\, muestra la base científica del ilusionismo e invita a conocer cómo se consigue la sensación de que lo imposible resulte probable ante nuestros ojos. En la muestra\, completamente interactiva\, no faltan experimentos y trucos. \nEste recorrido mágico podrá disfrutarse hasta el 4 de noviembre en la carpa instalada en el Jardín de Posío de Ourense.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-ilusionismo-magia-o-ciencia/
LOCATION:Xardín do Posío\, Xardín do Posío\, Ourense\, Ourense\, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/09/expomaxia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160926
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20160926T113026Z
LAST-MODIFIED:20160926T113026Z
UID:26535-1474848000-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Rodeira Monocolor"
DESCRIPTION:Rodeira en b/n\, ou monocolor\, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño\, 1950) que a retratou\, xa que a praia de Rodeira\, en Cangas do Morrazo\, en realidade ten cor. \nAs cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días\, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras. \nA alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán\, cos seus tecidos multicolores\, sombrillas publicitarias\, etc.  e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores. \nA exposición pódese ver no Policlínico Sáenz Díez de 9 a 13 e de 16 a 20 horas. \n  \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-rodeira-monocolor/
LOCATION:Policlínico Sáenz Díez\, c/Sáenz\, Díez\, 33\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160930
DTEND;VALUE=DATE:20161029
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20160930T163727Z
LAST-MODIFIED:20160930T163857Z
UID:26728-1475193600-1477699199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Terra"
DESCRIPTION:La  galería de Arte Visol\, presenta el nuevo proyecto de escultura del escultor Tino Canicoba: «Terra». La exposición se inaugura este sábado 1 de octubre a las 20 horas. Estará abierta al público hasta el próximo 28 de octubre\, en horario de martes a sábado de 18:30 a 21 horas y sábados de 12 a 14 horas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-terra/
LOCATION:Galería Visol\, r/Santo Domingo\, 33\, Ourense\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160930
DTEND;VALUE=DATE:20161031
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20160927T170210Z
LAST-MODIFIED:20160927T170225Z
UID:26606-1475193600-1477871999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "Fogo sagrado\, festa\, rito"
DESCRIPTION:Dentro das actividades do Outono Fotográfico\, o próximo venres 30 de setembro\, ás 20 h\, o Museo Etnolóxico inaugura a exposición «Fogo sagrado: fogo\, festa\, rito». Fotografías de Demetrio Monteagudo González\, no local social da igrexa da Madalena\, praza da Madalena\, Ribadavia. \nA exposición poderase ver en horario de 12 a 14 e de 17 a 19 horas de martes a venres\, e de 12 a 14 horas sábados e domingos. Festivos e luns pechados. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-fogo-sagrado-festa-rito/
LOCATION:Ourense 
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161005
DTEND;VALUE=DATE:20161024
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20161004T100605Z
LAST-MODIFIED:20161004T100605Z
UID:26833-1475625600-1477267199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Cenlle: Terra\, Xente\, Viño"
DESCRIPTION:A exposición “Cenlle: Terra\, Xente\, Viño”\, que reúne imaxes do fotógrafo Matteo Bertolino\, inaugurarase o vindeiro mércores día 5 ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense\, onde poderá visitarse ata o 23 de outubro. A iniciativa nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos e\, tras o seu paso pola capital da provincia\, viaxará a outros puntos da xeografía española. \nCon esta selección de fotografías o visitante descubrirá a estreita vinculación deste territorio co viño\, os valores patrimoniais e os elementos culturais e turísticos de Cenlle. A este respecto\, Bertolino destaca que “a idea de fondo” da iniciativa\, dirixida polo investigador Oleg Lazovsky\, pasa por difundir “máis aló do Ribeiro e de Ourense” a actividade dos profesionais do viño\, a “calidade do produto” que ofrecen e os atractivos desta zona da comarca do Ribeiro. \nO Concello de Cenlle promove esta iniciativa\, que conta ademais coa colaboración da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Deputación de Ourense. Tamén participan unha decena de adegas  da zona. \nFotografía e catas: Dobre experiencia \nA proposta de “Cenlle: Terra\, Xente\, Viño”\, vai alén da fotografía\, pois incluirá unha serie de catas de viños de adegas locais. Segundo apunta Bertolino\, trátase de gozar “unha dobre experiencia\, visual e de padal”. \nDe forma paralela á mostra ourensá\, haberá catas os xoves 13 (con viños de Cuñas Davia)\, 20 (con viños de Quinta do Rebolo) e 27 de outubro (con viños de Priorado de Razamonde)\, as cales se desenvolverán no local A Brava.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-cenlle-terra-xente-vino/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161003_mateocenlle.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161031
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20161010T110136Z
LAST-MODIFIED:20161010T110136Z
UID:27015-1476057600-1477871999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: “Saúde e Terra\, irmá(n)s!”
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense pode visitarse ata o 20 de outubro a exposición “Saúde e Terra\, irmá(n)s!”\, que amosa o legado das Irmandades da Fala. \n“Saúde e Terra\, irmá(n)s!” conta cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega\, Xusto Beramendi e Carlos García Martínez polo Museo do Pobo Galego e Carme Vidal e Uxío Breogán Diéguez pola Deputación da Coruña. O proxecto foi creado\, deseñado e coordinado por Pepe Barro. \nO 18 de maio de 1916 nacía na Coruña\, nunha xuntanza celebrada na daquela sede da Real Academia Galega\, na rúa Rego de Auga\, a primeira das Irmandades da Fala. Nas semanas seguintes\, este movemento concibido polos irmáns Vilar Ponte coa arela de estender o uso do galego a todos os contextos orais e escritos espallouse rapidamente por Galicia. As Irmandades promoverían ademais un novo rexurdimento cultural e tamén unha nova etapa do galeguismo político. Un século despois\, a Real Academia Galega\, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego están a difundir o legado dos homes e mulleres que fixeron posible este fito que marcou un antes e un despois na historia de Galicia a través da exposición «Saúde e Terra\, irmá(n)s!» \nO percorrido expositivo relata a historia das Irmandades a través de dez temas que profundan na súa cerna. Cada un deles desenvólvese nunha cabina na que se poden ver publicacións\, documentos\, imaxes e obxectos\, así como escoitar gravacións musicais e de discursos e artigos de persoeiros da época. Poderase contemplar ademais unha escolma de pezas artísticas vencelladas aos temas e motivos que moveron a acción das Irmandades dalgúns dos artistas máis relevantes daquel tempo. \nA través destes dez espazos\, o público achegarase á orixe do movemento e á súa evolución\, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idioma ata a intervención política e os seus principais protagonistas (os irmáns Vilar Ponte\, Lois Porteiro Garea\, Lois Peña Novo\, Antón Losada Diéguez\, Vicente Risco…); o novo rexurdimento literario\, da man de autores como Ramón Cabanillas\, Manuel Antonio\, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste e de editoriais como Céltiga\, Lar ou Nós\, dirixida por Ánxel Casal; o intento de conformación dun teatro galego que superase o ruralismo e a aposta polos coros como xeito de chegar ás masas; o compromiso cunha arte galega exemplificada na obra de Castelao\, Álvaro Cebreiro\, Camilo Díaz Baliño ou Francisco Asorey; o cultivo das ciencias sociais e experimentais ao servizo de Galicia\, que callou arredor da creación do Seminario de Estudos Galegos\, a creación das Escolas do Insiño Galego ou a importancia que lles concederon aos medios de comunicación as Irmandades\, que se dotaron do seu propio voceiro\, A Nosa Terra\, e promoveron a reaparición d’O Tío Marcos d’A Portela\, entre outras cabeceiras editadas en Galicia e na diáspora. \n«Saúde e Terra\, irmá(n)s!» dá ademais visibilidade á participación das mulleres nas Irmandades da Fala\, que apostaron desde o primeiro momento pola “igualdade absoluta\, política e civil da muller e do home”. \nAdemais das fotografías e documentos reproducidos\, a exposición xunta unhas 130 pezas\, documentos orixinais e primeiras edicións prestadas para a ocasión por máis dunha trintena de institucións e coleccións particulares. Entre as pezas integradas nas cabinas\, figuran obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas\, os carnés das Irmandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo\, unha plumiña de Álvaro Cebreiro\, a máquina de escribir de Valentín Paz Andrade e o violín que Manuel Quiroga doou ao seu amigo Antón Losada Diéguez; o manuscrito autógrafo de Arredor de si\, de Otero Pedrayo\, outro texto manuscrito do programa da I Asemblea Nacionalista ou a carta-nota ao gobernador civil que anuncia que a Irmandade da Fala se converterá no Partido Galeguista. \nO estandarte de “Queixumes dos Pinos” da Coral Polifónica Follas Novas (1922)\, e obras de arte como os óleos “Autorretrato”\, de María Corredoira\, “Valle Esmeralda” (1912)\, de Francisco Lloréns e “Nube da tarde”\, de Imeldo Corral; e a talla “Galicia\, Nai e Señora”\, de Uxío Souto (1926)\, tamén forman parte da exposición. \n«Saúde e Terra\, irmá(n)s!» é unha exposición para ver\, pero tamén para oír. Amosará\, e permitirá escoitar\, o disco coa primeira gravación do Himno galego\, a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-saude-e-terra-irmans/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_irmandadesfala.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161101
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20161010T105101Z
LAST-MODIFIED:20161010T105114Z
UID:27011-1476057600-1477958399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Dinosancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer"
DESCRIPTION:O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla «Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer». \nDous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011\, titulado “ Surcando el vacío” e fai a súa primeria exposición conxunta “Diálogos” no Centro Cultural Marcos Valcárcel con Luis Vecino. E Luis Vecino\, un artista que acadou premios dende os seus primerios anos de xuventude; que fixo numerosas exposicións con gran éxito tanto en Ourense como noutras cidades de Galicia e en Madrid. É artista ecléctico que non descoidou a figuración\, pero é no expresionismo abstracto onde se sente máis cómodo. A cor é unha das súas tarxetas de identidade e nas súas obras é posible comprobar\, por exemplo\, cantos azuis poden nacer dun mesmo pigmento azul. \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-dinosancias-el-aburrimiento-o-el-derecho-a-no-hacer/
LOCATION:Ateneo de Ourense\, av. Habana\, 25\, baixo\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_expoAteneo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161212
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20161010T105504Z
LAST-MODIFIED:20161010T105504Z
UID:27013-1476057600-1481500799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Experimenta 10+1"
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”\, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo\, coa cor\, o volume\, a forma e a percepción do espectador. \nPintura\, escultura\, debuxo\, instalación\, e mesmo vídeo\, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de Chelo Matesanz\, Mónica Alonso\, Din Matamoro\, Sara Coleman\, Suso Fandiño\, Berta Cáccamo\, Hector Francesch\, Mónica Trastoy\, Mar Vicente e Rubén Fernández Castón\, ademáis da peza de Adriana Pazos e María Roja\, que ademais da acción artística en directo «Dasein»\, realizada no acto inaugural\, compleméntase cunha vertente expositiva. Comisariada por Paula Cabaleiro e asistida por Íñigo Rodríguez\, esta exposición trata de provocar un diálogo co espectador\, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais. \n«O expandido fai referencia\, entre outras cousas\, á multiplicidade de medios e fórmulas que se poden utilizar na arte\, facendo alusión á globalización do mundo\, pero tamén aos medios que o desenrolo puxo ao servizo dos creadores. Falaba a crítica norteamericana Rosalind Krauss de cómo “categorías –xéneros- como a escultura e a pintura foran amasadas\, estendidas e retorcidas nunha demostración extraordinaria de elasticidade\, unha exhibición da maneira en que un termo cultural pode estenderse para incluír case calquera cousa”\, dixo Paula Cabaleiro\, comisaria da mostra. Esta elasticidade e extensión\, sen chegar a romperse\, é dicir sen deixar de ser escultura\, pintura\, fotografía u outros\, é o que posibilita a “rotura” ou desestimación do límite. \nEsta mostra recolle unha mestura multixeracional de 12 experimentos artísticos\, 12 modos de pintar (de xeito expandido)\, 12 maneiras de proceder\, de crear e rachar categorías. A pintura como transgresión do propio xénero\, a escultura como medio para transformar a percepción do espazo\, a luz como materia dúctil e o espectador como axente participativo na obra. O resultante do acto pictórico expándese nunha materialización da imaxinería visual a través da cor\, integrando o movemento\, o percorrido e as sensacións como elementos construtores. As superficies québranse\, ábrense e retórcense\, a cor fuxe dos lindes\, vólvese luz\, corpo e movemento\, no que para o artista é un acto de liberación do plano. \n“Xogamos coa provocación. A emoción maniféstase en cada cor\, en cada contraste\, en cada espazo\, e nesta posta en escena da pintura expandida cada elemento está suxeito a outro sendo\, por tratarse da suma de elementos reais e virtuais\, difícil de premeditar con completo control. A instalación\, o vídeo e os novos medios irrompen nesta pintura contemporánea para acadar unha maior transformación do lugar\, da súa dimensión e da súa forma\, rachando a lectura lineal\, sen un comezo nin un final”\, destacou a comisaria da mostra. \nEsta pintura-video-instalación xenera un espazo alterado\, onde a obra cobra un corpo-obxectual no que o espectador está inserto\, “entra á obra”. Esa condición de estar dentro da “obra” é o que permite ser percibida por todos os sentidos e trasladar ao observador ao espazo que pretende o artista\, un espazo ritual\, sensorial e irracional\, explicou Paula Cabaleiro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-experimenta-101/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_experimenta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161014T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161014T194500
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20160927T173856Z
LAST-MODIFIED:20160927T173856Z
UID:26627-1476473400-1476474300@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Astraea"
DESCRIPTION:A compañía Mulleres Creando presenta «Astraea» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro ás 19:30 horas na Sala Azul do Auditorio de Ourense. \nSinopse\nAstraea é o escenario infinito no que dúas creadoras se mergullan para perpetuar a fusión de varias expresións artísticas. Unha sorte de area e mar feita buguina. \nAs intérpretes\nKirenia Celia Martínez\, Cuba\, é bailarina\, actriz e coreógrafa. Fundadora\, codirectora e coreógrafa da Compañía Entremans dende 2005\, combina as súas creacións artísticas con labores formativas\, colaboracións e asistencias coreográficas para outras compañías e artistas de diferentes disciplinas. \nGosia Trebacz realízase como artista nunha dobre faceta: amosando as súas propostas aos demais en exposicións e ensinando as prácticas necesarias para que outros adquiran destrezas no campo da pintura. Creación e didáctica van xuntas. É unha muller do seu tempo que capta a pulsión imparable da arte contemporánea\, o discorrer da actualidade e o discurso do presente.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-astraea/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161014T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161014T223000
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20161011T104914Z
LAST-MODIFIED:20161011T104914Z
UID:27040-1476478800-1476484200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Continental"
DESCRIPTION:Dentro da II Mostra de cinema en galego: Na lembranza\, a Concellería de Cultura de Barbadás programa este venres «Continental»\, de Xavier Villaverde e Raúl Veiga. \nA entrada é gratuíta previa recollida de invitación na Casa da Cultura “Manuel María”. \nSinopse \nA mediados do século XX dúas faccións mafiosas dispútanse a sala Continental\, un bar-prostíbulo sito nunha zona portuaria. Os líderes das dúas bandas estiveran no pasado ás ordes do mesmo capo\, Gonçalves\, a quen deran morte na procura de poder. Mais\, anos despois\, a sombra do xefe morto segue proxectándose como unha maldición sobre os seus dous discípulos.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-continental/
LOCATION:Casa da Cultura de Barbadás\, Rúa San Bernabé 37  \, A Valenzá - Barbadás\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161014T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161014T230000
DTSTAMP:20260517T030513
CREATED:20160927T174048Z
LAST-MODIFIED:20160927T174048Z
UID:26628-1476486000-1476486000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Así que pasen cinco años"
DESCRIPTION:A compañía andaluza Atalaya presenta «Así que pasen cinco años» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro\, ás 23 horas no Auditorio Municipal. \nSinopse\n«Así que pasen cinco años» recolle algúns dos temas da obra de Lorca como o tempo\, o amor e a morte; e outros temas entrecruzados\, como os soños\, a frustración\, a súa propia viaxe interior e a esterilidade. Un mozo\, ser puro\, desligado da contorna real\, que só vive e fai vivir a intimidade dos seus soños e desexos. Todos os demais personaxes son símbolos de apetencias\, de ideas\, de sensacións\, de vivencias subconscientes.\nA obra é dunha tremenda modernidade. A linguaxe que prima é a onírica\, pero tamén subxacen elementos propios do teatro da crueldade\, especialmente no terceiro acto. \nA compañía\n«Así que pasen cinco años» non resulta un texto máis para Atalaya. Trátase da obra que fixo visible á compañía a nivel nacional no ano da súa estrea\, en 1986. Grandes personalidades e especialistas en Lorca como Rafael Alberti\, Gerardo Diego\, Antonio Gala\, Lluis Pascual e José Monleón aplaudiron a enorme sorpresa que supoñía esta montaxe pola súa achega e novidade. \nEn 2016\, o CDN propuxo a Atalaya esta coprodución\, xusto cando se cumpren 80 anos do asasinato do poeta. \nAtalaya conseguiu crear un estilo propio que se basea na enerxía do actor\, a lectura contemporánea dos grandes textos universais\, a forza expresionista das imaxes e o tratamento poético do espazo\, a música e os obxectos. En 2016\, cumpre 33 anos nos que se converteu nun dos referentes máis sólidos do teatro español. Recibiu 38 galardóns\, destacando o Premio Nacional de Teatro de 2008. Nese ano pon en marcha o Centro Internacional de Investigación Teatral (TNT) que conta co maior teatro privado de Andalucía e un laboratorio-escola permanente. \nAtalaya é Premio Nacional de Teatro 2008.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-asi-que-pasen-cinco-anos/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
END:VCALENDAR