BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Periódico Barrios - ECPv6.11.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Periódico Barrios
X-ORIGINAL-URL:https://www.periodicobarrios.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Periódico Barrios
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20160327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20161030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160926
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20160926T113026Z
LAST-MODIFIED:20160926T113026Z
UID:26535-1474848000-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Rodeira Monocolor"
DESCRIPTION:Rodeira en b/n\, ou monocolor\, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño\, 1950) que a retratou\, xa que a praia de Rodeira\, en Cangas do Morrazo\, en realidade ten cor. \nAs cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días\, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras. \nA alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán\, cos seus tecidos multicolores\, sombrillas publicitarias\, etc.  e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores. \nA exposición pódese ver no Policlínico Sáenz Díez de 9 a 13 e de 16 a 20 horas. \n  \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-rodeira-monocolor/
LOCATION:Policlínico Sáenz Díez\, c/Sáenz\, Díez\, 33\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161212
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20161010T105504Z
LAST-MODIFIED:20161010T105504Z
UID:27013-1476057600-1481500799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Experimenta 10+1"
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”\, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo\, coa cor\, o volume\, a forma e a percepción do espectador. \nPintura\, escultura\, debuxo\, instalación\, e mesmo vídeo\, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de Chelo Matesanz\, Mónica Alonso\, Din Matamoro\, Sara Coleman\, Suso Fandiño\, Berta Cáccamo\, Hector Francesch\, Mónica Trastoy\, Mar Vicente e Rubén Fernández Castón\, ademáis da peza de Adriana Pazos e María Roja\, que ademais da acción artística en directo «Dasein»\, realizada no acto inaugural\, compleméntase cunha vertente expositiva. Comisariada por Paula Cabaleiro e asistida por Íñigo Rodríguez\, esta exposición trata de provocar un diálogo co espectador\, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais. \n«O expandido fai referencia\, entre outras cousas\, á multiplicidade de medios e fórmulas que se poden utilizar na arte\, facendo alusión á globalización do mundo\, pero tamén aos medios que o desenrolo puxo ao servizo dos creadores. Falaba a crítica norteamericana Rosalind Krauss de cómo “categorías –xéneros- como a escultura e a pintura foran amasadas\, estendidas e retorcidas nunha demostración extraordinaria de elasticidade\, unha exhibición da maneira en que un termo cultural pode estenderse para incluír case calquera cousa”\, dixo Paula Cabaleiro\, comisaria da mostra. Esta elasticidade e extensión\, sen chegar a romperse\, é dicir sen deixar de ser escultura\, pintura\, fotografía u outros\, é o que posibilita a “rotura” ou desestimación do límite. \nEsta mostra recolle unha mestura multixeracional de 12 experimentos artísticos\, 12 modos de pintar (de xeito expandido)\, 12 maneiras de proceder\, de crear e rachar categorías. A pintura como transgresión do propio xénero\, a escultura como medio para transformar a percepción do espazo\, a luz como materia dúctil e o espectador como axente participativo na obra. O resultante do acto pictórico expándese nunha materialización da imaxinería visual a través da cor\, integrando o movemento\, o percorrido e as sensacións como elementos construtores. As superficies québranse\, ábrense e retórcense\, a cor fuxe dos lindes\, vólvese luz\, corpo e movemento\, no que para o artista é un acto de liberación do plano. \n“Xogamos coa provocación. A emoción maniféstase en cada cor\, en cada contraste\, en cada espazo\, e nesta posta en escena da pintura expandida cada elemento está suxeito a outro sendo\, por tratarse da suma de elementos reais e virtuais\, difícil de premeditar con completo control. A instalación\, o vídeo e os novos medios irrompen nesta pintura contemporánea para acadar unha maior transformación do lugar\, da súa dimensión e da súa forma\, rachando a lectura lineal\, sen un comezo nin un final”\, destacou a comisaria da mostra. \nEsta pintura-video-instalación xenera un espazo alterado\, onde a obra cobra un corpo-obxectual no que o espectador está inserto\, “entra á obra”. Esa condición de estar dentro da “obra” é o que permite ser percibida por todos os sentidos e trasladar ao observador ao espazo que pretende o artista\, un espazo ritual\, sensorial e irracional\, explicou Paula Cabaleiro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-experimenta-101/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_experimenta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161028
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20161028T170029Z
LAST-MODIFIED:20161028T170029Z
UID:27413-1477612800-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición no Museo da Limia
DESCRIPTION:O Museo Etnográfico da Limia\, situado en Vilar de Santos\, seguindo co seu proxecto de participación e colaboración veciñal\, vén de abrir ao público unha nova exposición\, con aportacións de xente da Limia. \nTrátase dunha colección particular de monecas\, cuxos titulares dos elementos expositivos son Sara Dacal e Pachi Fontarigo. \nOs interesados poderán ver a dita exposición dende xa\, ata o mes de decembro do ano en curso. \nHorarios de visita: sábados e domingos de 11.00 h a 13.30 h e de 15.30 h a 18.00 h. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-no-museo-da-limia/
LOCATION:Museo da Limia\, Rúa Celanova\, 63\, Vilar de Santos\, Ourense\, 32650\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161031
DTEND;VALUE=DATE:20161201
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20161028T165834Z
LAST-MODIFIED:20161028T165834Z
UID:27411-1477872000-1480550399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición XX Certamen "Viña do Campo"
DESCRIPTION:Del 31 de octubre y hasta el 30 de noviembre\, permanecerá abierta al público en Restaurante El Coto la exposición de los mejores trabajos del XX Certamen Fotográfico “Viña do Campo”\, patrocinado por Bodegas Docampo e incluida en la programación del Outono Fotográfico. \nEn dicha exposición\,  integrada por quince fotos\,  participan las siguientes obras: el primer premio “Pasado”\, de Pablo Pérez Herrero (Urretxu Guipuzcoa); el segundo premio\, “Nocturna espiral” de Juan Miguel Ortuño Martínez (Yecla-Murcia)\, y el tercer premio “Equilibrio” de David Martín Pinto (Cantalpino-Salamanca). \nAdemás forman parte de esta muestra las fotos finalistas:  “Las nieves”\, de Angel Benito Zapata (Logroño);  “Agarrado”\, de Francisco José Fernández Hernanz (Madrid);  “Unica” de Magdalena Ezcurra Gondra (Bilbao); “Mara” de Miguel Angel Robredo Abad (Logroño-La Rioja); “Contacto” de Miguel Somovilla Campillo (Sueca -Valencia); “Olvidadas” de José Arechaga Alvarez (Colindres – Cantabria);  “Hojas” de Mercedes Bosquet Herreros (Ourense); “Sarmiento con pájaro” de José Reyes Belzunce  (Sant Boi de Llobregat-Barcelona); “Ciudad del Vino” de Richard Le Manz (León); “Bañadas por el sol” de Isabel Janeiro Touriño (O Carballiño); “Sin título” de Santi Viladrich Pujol (Manresa-Barcelona); “Paisajes del vino” de José Ramón Luna de la Osa (Tarancón-Cuenca). \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-xx-certamen-vina-do-campo/
LOCATION:Restaurante El Coto\, r/Reza\, 11\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161102
DTEND;VALUE=DATE:20161130
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20161102T113922Z
LAST-MODIFIED:20161102T113922Z
UID:27518-1478044800-1480463999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "Kosmos"
DESCRIPTION:O Outono Fotográfico suma este ano unha nova sala de exposicións en Ourense. O Espazo de Arte Roberto Verino\, situado na transitada rúa do Paseo é o lugar escollido polo festival para expor unha «sublime proposta que se enmarca de cheo na temática do festival deste ano\, o Dentro-Fóra» di Vítor Nieves\, curador da Sección Oficial\, que asegura que «é unha mostra que xoga co que se cadra é a postura máis deontolóxica da fotografía: a luz e a interacción desta no espazo». \nNa sala poderán verse diferentes pezas en variados formatos. Algunhas delas serán imaxes seriadas que documentan o percurso da luz. Acompañan a estas fotografías unha peza de vídeo na que dun xeito contemplativo se vai debullando a ocupación da luz nos espazos e a contemplatividade de Bisbal na construción do ensaio\, que pon de manifesto un outro xeito de facer arte que contrasta coa rapidez consumista que impera no mundo da fotografía contemporánea. \n«Kosmos» é a documentación do transcurso da luz\, mais tamén do silencio e a inmobilidade. A artista\, logo dunha minuciosa observación da súa contorna máis próxima\, decatouse do que acontecía nas paredes: un espectáculo de luces e sombras «en danza co movemento cósmico\, a luz escinifica o seu devir integrado diariamente con perfecta exactitude\, estamos por tanto a falar da elocuente manifestación do Kosmos grego» di Marta Bisbal que explica como hai unha orde esencial que o permea todo. \nMalia ser o primeiro ensaio da autora\, xa ten percorrido varios espazos expositivos como a Kursala de Cádiz\, o Museu Abelló\, o Pati Llimona de Barcelona ou The Showroom de Madrid. Alén diso\, «Kosmos» foi seleccionado en diversos festivais do mundo\, como os Encontros da Imagem de Portugal\, o International Photo Awards de Moscú\, o Athens Photo Festival\, o Concurso Ibero Americano Nexofoto\, Art Photo BCN ou Descubrimientos de PhotoEspaña. \nA exposición inaugurarase o mércores 2 de novembro ás 7 da tarde\, e poderá visitarse en horario comercial até o 29 de novembro. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-kosmos/
LOCATION:Espazo de Arte de Roberto Verino\, rúa do  Paseo\, 15\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161102
DTEND;VALUE=DATE:20161201
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20161102T173546Z
LAST-MODIFIED:20161102T173546Z
UID:27539-1478044800-1480550399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición "Etiopía\, 13 meses de esplendor"
DESCRIPTION:A asociación Amencer presenta a exposición «Etiopía\, 13 meses de esplendor». Unha ollada a outra cultura\, indo de extremo a extremo de Etiopía\, para poder facer pequenas paradas e saborear un pouquiño da súa grande riqueza: máis de 81 dialectos\, mestura de culturas\, contraste de paisaxes…  reflectido a través de 29 instantáneas que nos permiten decatarnos da singularidade deste país e que nos ofrecen a posibilidade de abrir un pouco máis os nosos ollos de cara a outras realidades. Cada foto está acompañada dunha breve reseña ou explicación. \nA mostra poderase visitar do 2 ao 30 de novembro na Sala dos 15 anos da asociación xuvenil\, en horario de luns a xoves de 10 a 13 h e de 17:30 a 20h e venres e sábados de 10 a 13 h e de 17 a 21 horas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-etiopia-13-meses-de-esplendor/
LOCATION:Sala dos 15 anos Amencer\, Praza Don Bosco-1\, baixo\, Ourense\, Ourense \, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161102
DTEND;VALUE=DATE:20161226
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20161031T180714Z
LAST-MODIFIED:20161031T180714Z
UID:27486-1478044800-1482710399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Via Iacobitana"
DESCRIPTION:A exposición «Via Iacobitana» é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Varios fotógrafos galegos que se transforman\nen eventuais peregrinos percorren os camiños de Santiago en Galicia e mostran\, coa súa particular visión\, as sensacións persoais que lles suxire a ruta elixida. Á visión da paisaxe circundante\, cambiante segundo a época do ano\, variable segundo o tempo atmosférico e a luz\, súmase a vivencia da propia peregrinación e o legado cultural que atesoura\, coa presenza de cada un dos camiños\, do seu rico patrimonio histórico e dos peregrinos que cada ano percorren a Via Iacobitana que os conduce a Compostela. \nCada un destes artistas recolle nas súas imaxes todo un mundo que pasa e permanece\, uns camiños vivos\, plenos de evocacións e propostas. Rutas de peregrinación a Santiago ao alcance de todo aquel que se fai peregrino e que desexa sentir en carne propia unha experiencia milenaria que o vincula a unha xeografía sagrada única\, a un itinerario universal e aberto\, berce da cultura occidental e expresión refinada dunha civilización en marcha. \nCoas imaxes propostas por Via Iacobitana\, evidénciase unha vez máis a multiforme esencia do Camiño de Santiago\, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación\nxacobea\, o seu inesgotable e imantador poder de sedución. A sensibilidade artística e a profesionalidade dos fotógrafos que participan na mostra\, cativados polos\npotenciais e valores dunha experiencia única\, forxan un novo legado iconográfico que transcende o instante efémero no que se realiza cada fotografía\, para formar\nparte dun conxunto perdurable\, o legado xacobeo\, un tesouro en permanente estado de recreación e renovación. \nA exposición pódese visitar no Centro de Coñecemento de La Molinera do 2 ao 25 de novembro\, en horario de 08:00 a 20:30 horas de luns a venres.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-via-iacobitana/
LOCATION:Centro de Coñecemento La Molinera\, r/ do Abrevadeiro\, 1\, Ourense\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/viaiacobitana.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161106T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161106T232500
DTSTAMP:20260517T021653
CREATED:20160905T183914Z
LAST-MODIFIED:20160905T183914Z
UID:26056-1478469600-1478474700@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "Foucellas"
DESCRIPTION:Ano 1952. Un maquis\, un guerrilleiro\, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar\, xenericamente\, un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Firmeza\, teimosía\, dúbida\, certeza\, lealdade\, inercia\, utopía\, inxenuidade\, rebeldía\, resignación\, adaptabilidade\, determinación…: as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal. Ficción\, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico… ou pulso metafórico sobre un transo co que\, privada ou colectivamente\, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza\, a administración da derrota.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-foucellas/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
END:VCALENDAR