BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Periódico Barrios - ECPv6.11.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Periódico Barrios
X-ORIGINAL-URL:https://www.periodicobarrios.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Periódico Barrios
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20160327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20161030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160921
DTEND;VALUE=DATE:20161105
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160922T095029Z
LAST-MODIFIED:20160922T095146Z
UID:26445-1474416000-1478303999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición " Ilusionismo\, ¿magia o ciencia?"
DESCRIPTION:La Obra Social ”la Caixa” y el Ayuntamiento de Ourense presentan la exposición «Ilusionismo\, ¿magia o ciencia?». \nConvertirse en una araña\, ver levitar un gran engranaje\, crecer y empequeñecer como lo hizo Alicia en el país de las maravillas… Los visitantes de la exposición Ilusionismo\, ¿magia o ciencia? podrán experimentar todas estas ilusiones\, y muchas más\, creadas por los sentidos. \nEl cerebro es una fábrica de ilusiones. Pero ¿qué es una ilusión? Es un producto mental\, resultado de fenómenos sensoriales y cognitivos\, una combinación entre lo que se percibe de la realidad y lo que se espera de ella. Nuestro cerebro es el responsable de todo este proceso.\nIlusionismo\, ¿magia o ciencia?\, organizada por la Obra Social ”la Caixa”\, muestra la base científica del ilusionismo e invita a conocer cómo se consigue la sensación de que lo imposible resulte probable ante nuestros ojos. En la muestra\, completamente interactiva\, no faltan experimentos y trucos. \nEste recorrido mágico podrá disfrutarse hasta el 4 de noviembre en la carpa instalada en el Jardín de Posío de Ourense.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-ilusionismo-magia-o-ciencia/
LOCATION:Xardín do Posío\, Xardín do Posío\, Ourense\, Ourense\, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/09/expomaxia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160926
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160926T113026Z
LAST-MODIFIED:20160926T113026Z
UID:26535-1474848000-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Rodeira Monocolor"
DESCRIPTION:Rodeira en b/n\, ou monocolor\, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño\, 1950) que a retratou\, xa que a praia de Rodeira\, en Cangas do Morrazo\, en realidade ten cor. \nAs cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días\, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras. \nA alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán\, cos seus tecidos multicolores\, sombrillas publicitarias\, etc.  e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores. \nA exposición pódese ver no Policlínico Sáenz Díez de 9 a 13 e de 16 a 20 horas. \n  \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-rodeira-monocolor/
LOCATION:Policlínico Sáenz Díez\, c/Sáenz\, Díez\, 33\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160930
DTEND;VALUE=DATE:20161029
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160930T163727Z
LAST-MODIFIED:20160930T163857Z
UID:26728-1475193600-1477699199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Terra"
DESCRIPTION:La  galería de Arte Visol\, presenta el nuevo proyecto de escultura del escultor Tino Canicoba: «Terra». La exposición se inaugura este sábado 1 de octubre a las 20 horas. Estará abierta al público hasta el próximo 28 de octubre\, en horario de martes a sábado de 18:30 a 21 horas y sábados de 12 a 14 horas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-terra/
LOCATION:Galería Visol\, r/Santo Domingo\, 33\, Ourense\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160930
DTEND;VALUE=DATE:20161031
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T170210Z
LAST-MODIFIED:20160927T170225Z
UID:26606-1475193600-1477871999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "Fogo sagrado\, festa\, rito"
DESCRIPTION:Dentro das actividades do Outono Fotográfico\, o próximo venres 30 de setembro\, ás 20 h\, o Museo Etnolóxico inaugura a exposición «Fogo sagrado: fogo\, festa\, rito». Fotografías de Demetrio Monteagudo González\, no local social da igrexa da Madalena\, praza da Madalena\, Ribadavia. \nA exposición poderase ver en horario de 12 a 14 e de 17 a 19 horas de martes a venres\, e de 12 a 14 horas sábados e domingos. Festivos e luns pechados. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-fogo-sagrado-festa-rito/
LOCATION:Ourense 
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161005
DTEND;VALUE=DATE:20161024
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161004T100605Z
LAST-MODIFIED:20161004T100605Z
UID:26833-1475625600-1477267199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Cenlle: Terra\, Xente\, Viño"
DESCRIPTION:A exposición “Cenlle: Terra\, Xente\, Viño”\, que reúne imaxes do fotógrafo Matteo Bertolino\, inaugurarase o vindeiro mércores día 5 ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense\, onde poderá visitarse ata o 23 de outubro. A iniciativa nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos e\, tras o seu paso pola capital da provincia\, viaxará a outros puntos da xeografía española. \nCon esta selección de fotografías o visitante descubrirá a estreita vinculación deste territorio co viño\, os valores patrimoniais e os elementos culturais e turísticos de Cenlle. A este respecto\, Bertolino destaca que “a idea de fondo” da iniciativa\, dirixida polo investigador Oleg Lazovsky\, pasa por difundir “máis aló do Ribeiro e de Ourense” a actividade dos profesionais do viño\, a “calidade do produto” que ofrecen e os atractivos desta zona da comarca do Ribeiro. \nO Concello de Cenlle promove esta iniciativa\, que conta ademais coa colaboración da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Deputación de Ourense. Tamén participan unha decena de adegas  da zona. \nFotografía e catas: Dobre experiencia \nA proposta de “Cenlle: Terra\, Xente\, Viño”\, vai alén da fotografía\, pois incluirá unha serie de catas de viños de adegas locais. Segundo apunta Bertolino\, trátase de gozar “unha dobre experiencia\, visual e de padal”. \nDe forma paralela á mostra ourensá\, haberá catas os xoves 13 (con viños de Cuñas Davia)\, 20 (con viños de Quinta do Rebolo) e 27 de outubro (con viños de Priorado de Razamonde)\, as cales se desenvolverán no local A Brava.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-cenlle-terra-xente-vino/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161003_mateocenlle.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161031
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161010T110136Z
LAST-MODIFIED:20161010T110136Z
UID:27015-1476057600-1477871999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: “Saúde e Terra\, irmá(n)s!”
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense pode visitarse ata o 20 de outubro a exposición “Saúde e Terra\, irmá(n)s!”\, que amosa o legado das Irmandades da Fala. \n“Saúde e Terra\, irmá(n)s!” conta cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega\, Xusto Beramendi e Carlos García Martínez polo Museo do Pobo Galego e Carme Vidal e Uxío Breogán Diéguez pola Deputación da Coruña. O proxecto foi creado\, deseñado e coordinado por Pepe Barro. \nO 18 de maio de 1916 nacía na Coruña\, nunha xuntanza celebrada na daquela sede da Real Academia Galega\, na rúa Rego de Auga\, a primeira das Irmandades da Fala. Nas semanas seguintes\, este movemento concibido polos irmáns Vilar Ponte coa arela de estender o uso do galego a todos os contextos orais e escritos espallouse rapidamente por Galicia. As Irmandades promoverían ademais un novo rexurdimento cultural e tamén unha nova etapa do galeguismo político. Un século despois\, a Real Academia Galega\, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego están a difundir o legado dos homes e mulleres que fixeron posible este fito que marcou un antes e un despois na historia de Galicia a través da exposición «Saúde e Terra\, irmá(n)s!» \nO percorrido expositivo relata a historia das Irmandades a través de dez temas que profundan na súa cerna. Cada un deles desenvólvese nunha cabina na que se poden ver publicacións\, documentos\, imaxes e obxectos\, así como escoitar gravacións musicais e de discursos e artigos de persoeiros da época. Poderase contemplar ademais unha escolma de pezas artísticas vencelladas aos temas e motivos que moveron a acción das Irmandades dalgúns dos artistas máis relevantes daquel tempo. \nA través destes dez espazos\, o público achegarase á orixe do movemento e á súa evolución\, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idioma ata a intervención política e os seus principais protagonistas (os irmáns Vilar Ponte\, Lois Porteiro Garea\, Lois Peña Novo\, Antón Losada Diéguez\, Vicente Risco…); o novo rexurdimento literario\, da man de autores como Ramón Cabanillas\, Manuel Antonio\, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste e de editoriais como Céltiga\, Lar ou Nós\, dirixida por Ánxel Casal; o intento de conformación dun teatro galego que superase o ruralismo e a aposta polos coros como xeito de chegar ás masas; o compromiso cunha arte galega exemplificada na obra de Castelao\, Álvaro Cebreiro\, Camilo Díaz Baliño ou Francisco Asorey; o cultivo das ciencias sociais e experimentais ao servizo de Galicia\, que callou arredor da creación do Seminario de Estudos Galegos\, a creación das Escolas do Insiño Galego ou a importancia que lles concederon aos medios de comunicación as Irmandades\, que se dotaron do seu propio voceiro\, A Nosa Terra\, e promoveron a reaparición d’O Tío Marcos d’A Portela\, entre outras cabeceiras editadas en Galicia e na diáspora. \n«Saúde e Terra\, irmá(n)s!» dá ademais visibilidade á participación das mulleres nas Irmandades da Fala\, que apostaron desde o primeiro momento pola “igualdade absoluta\, política e civil da muller e do home”. \nAdemais das fotografías e documentos reproducidos\, a exposición xunta unhas 130 pezas\, documentos orixinais e primeiras edicións prestadas para a ocasión por máis dunha trintena de institucións e coleccións particulares. Entre as pezas integradas nas cabinas\, figuran obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas\, os carnés das Irmandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo\, unha plumiña de Álvaro Cebreiro\, a máquina de escribir de Valentín Paz Andrade e o violín que Manuel Quiroga doou ao seu amigo Antón Losada Diéguez; o manuscrito autógrafo de Arredor de si\, de Otero Pedrayo\, outro texto manuscrito do programa da I Asemblea Nacionalista ou a carta-nota ao gobernador civil que anuncia que a Irmandade da Fala se converterá no Partido Galeguista. \nO estandarte de “Queixumes dos Pinos” da Coral Polifónica Follas Novas (1922)\, e obras de arte como os óleos “Autorretrato”\, de María Corredoira\, “Valle Esmeralda” (1912)\, de Francisco Lloréns e “Nube da tarde”\, de Imeldo Corral; e a talla “Galicia\, Nai e Señora”\, de Uxío Souto (1926)\, tamén forman parte da exposición. \n«Saúde e Terra\, irmá(n)s!» é unha exposición para ver\, pero tamén para oír. Amosará\, e permitirá escoitar\, o disco coa primeira gravación do Himno galego\, a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-saude-e-terra-irmans/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_irmandadesfala.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161101
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161010T105101Z
LAST-MODIFIED:20161010T105114Z
UID:27011-1476057600-1477958399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Dinosancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer"
DESCRIPTION:O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla «Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer». \nDous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011\, titulado “ Surcando el vacío” e fai a súa primeria exposición conxunta “Diálogos” no Centro Cultural Marcos Valcárcel con Luis Vecino. E Luis Vecino\, un artista que acadou premios dende os seus primerios anos de xuventude; que fixo numerosas exposicións con gran éxito tanto en Ourense como noutras cidades de Galicia e en Madrid. É artista ecléctico que non descoidou a figuración\, pero é no expresionismo abstracto onde se sente máis cómodo. A cor é unha das súas tarxetas de identidade e nas súas obras é posible comprobar\, por exemplo\, cantos azuis poden nacer dun mesmo pigmento azul. \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-dinosancias-el-aburrimiento-o-el-derecho-a-no-hacer/
LOCATION:Ateneo de Ourense\, av. Habana\, 25\, baixo\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_expoAteneo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161212
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161010T105504Z
LAST-MODIFIED:20161010T105504Z
UID:27013-1476057600-1481500799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Experimenta 10+1"
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”\, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo\, coa cor\, o volume\, a forma e a percepción do espectador. \nPintura\, escultura\, debuxo\, instalación\, e mesmo vídeo\, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de Chelo Matesanz\, Mónica Alonso\, Din Matamoro\, Sara Coleman\, Suso Fandiño\, Berta Cáccamo\, Hector Francesch\, Mónica Trastoy\, Mar Vicente e Rubén Fernández Castón\, ademáis da peza de Adriana Pazos e María Roja\, que ademais da acción artística en directo «Dasein»\, realizada no acto inaugural\, compleméntase cunha vertente expositiva. Comisariada por Paula Cabaleiro e asistida por Íñigo Rodríguez\, esta exposición trata de provocar un diálogo co espectador\, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais. \n«O expandido fai referencia\, entre outras cousas\, á multiplicidade de medios e fórmulas que se poden utilizar na arte\, facendo alusión á globalización do mundo\, pero tamén aos medios que o desenrolo puxo ao servizo dos creadores. Falaba a crítica norteamericana Rosalind Krauss de cómo “categorías –xéneros- como a escultura e a pintura foran amasadas\, estendidas e retorcidas nunha demostración extraordinaria de elasticidade\, unha exhibición da maneira en que un termo cultural pode estenderse para incluír case calquera cousa”\, dixo Paula Cabaleiro\, comisaria da mostra. Esta elasticidade e extensión\, sen chegar a romperse\, é dicir sen deixar de ser escultura\, pintura\, fotografía u outros\, é o que posibilita a “rotura” ou desestimación do límite. \nEsta mostra recolle unha mestura multixeracional de 12 experimentos artísticos\, 12 modos de pintar (de xeito expandido)\, 12 maneiras de proceder\, de crear e rachar categorías. A pintura como transgresión do propio xénero\, a escultura como medio para transformar a percepción do espazo\, a luz como materia dúctil e o espectador como axente participativo na obra. O resultante do acto pictórico expándese nunha materialización da imaxinería visual a través da cor\, integrando o movemento\, o percorrido e as sensacións como elementos construtores. As superficies québranse\, ábrense e retórcense\, a cor fuxe dos lindes\, vólvese luz\, corpo e movemento\, no que para o artista é un acto de liberación do plano. \n“Xogamos coa provocación. A emoción maniféstase en cada cor\, en cada contraste\, en cada espazo\, e nesta posta en escena da pintura expandida cada elemento está suxeito a outro sendo\, por tratarse da suma de elementos reais e virtuais\, difícil de premeditar con completo control. A instalación\, o vídeo e os novos medios irrompen nesta pintura contemporánea para acadar unha maior transformación do lugar\, da súa dimensión e da súa forma\, rachando a lectura lineal\, sen un comezo nin un final”\, destacou a comisaria da mostra. \nEsta pintura-video-instalación xenera un espazo alterado\, onde a obra cobra un corpo-obxectual no que o espectador está inserto\, “entra á obra”. Esa condición de estar dentro da “obra” é o que permite ser percibida por todos os sentidos e trasladar ao observador ao espazo que pretende o artista\, un espazo ritual\, sensorial e irracional\, explicou Paula Cabaleiro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-experimenta-101/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_experimenta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161012T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161012T183000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161011T105839Z
LAST-MODIFIED:20161011T105839Z
UID:27044-1476293400-1476297000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Títeres e teatro para nenos
DESCRIPTION:Este mércores 12 de outubro\, ás 17:30 horas\, haberá tíiteres e teatro para nenos na Fundación Vicente Risco de Allariz\, a cargo de Livier Cruz\, con «Un sueño naranja» \nA entrada custa 5 euros\, sendo para Amigos Fundación Vicente Risco\, Aira das Letras e Galería Circular de 3 euros.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/titeres-e-teatro-para-nenos/
LOCATION:Fundación Vicente Risco\, r/San Lorenzo\, 3\, Allariz\, Ourense \, España
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161012T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161012T205000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T173312Z
LAST-MODIFIED:20160927T173312Z
UID:26625-1476302400-1476305400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "As fillas bravas"
DESCRIPTION:A compañía Chévere presenta «As fillas bravas» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o mércores 12 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal. \nSinopse\nUn grupo de cantareiras (tres irmás) ofrece un recital e entre canción e canción vai xurdindo un diálogo entre elas e co público sobre temas como a sexualidade\, as relacións entre homes e mulleres\, a violencia e a toma de poder da muller\, sempre a partir das coplas que van cantando. \nAs fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai\, porque todas son fillas do vento\, mulleres de andar a pé do toxo\, orgullosas de vir de tras da silveira\, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. \nAs fillas bravas é un traballo de investigación sobre os papeis da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego\, para o que se fixo un traballo de procura\, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados dende a segunda metade do século XIX. \nA compañía\nChévere trata de aproximarse e de interesar a un público o máis amplo posible\, utilizando o humor como vehículo para establecer unha comunicación directa. A súa é unha proposta de raíz popular\, pero aberta a outras linguaxes contemporáneas: a música\, o cómic\, o cine\, a pintura\, a televisión… que se nutre do clown\, do bufón e do esperpento e que se serve dos xéneros (o musical\, o wéstern\, a ciencia-ficción\, o terror\, o romántico\, o cabaré\, a ópera) para falar do noso mundo sen complexos. \nDende a irrupción no teatro galego en 1988\, Chévere mantén unha proposta estética ecléctica\, desarraigada e singular e un importante intervencionismo cultural en todo tipo de frontes: accións de rúa\, recuperación de festas populares\, organización de festivais\, concertos\, edición de libros\, discos… \nChévere promoveu a creación da Nave de Servizos Artísticos-NASA\, que foi un punto de encontro para o público máis atrevido e implicado\, e un dos centros máis importantes e emblemáticos da cultura independente en Galicia. \nChévere recibe o Premio Nacional de Teatro en 2014.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-as-fillas-bravas/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161013T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161013T213000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T173637Z
LAST-MODIFIED:20160927T173637Z
UID:26626-1476390600-1476394200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Pan! Pan!!
DESCRIPTION:A compañía A Panadaría presenta «Pan! Pan!» dentro do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o xoves 13 de outubro ás 20: 30 horas no Teatro Principal de Ourense. \nSinopse  \n«Pan!Pan!» é unha parodia\, con música vocal en directo\, dos wésterns americanos. Conta a historia de Harry\, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que roubou á súa muller\, da que está profundamente namorado. \nEn escena\, tres actrices constrúen 8 personaxes\, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros\, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West\, haberá whisky\, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais! \nA compañía\nA Panadaría son Areta\, Noelia e Ailén. Fundaron a compañía no ano 2013 presentando o espectáculo «Pan!Pan!». Con este primeiro espectáculo conseguiron premios e eloxios da crítica\, pero despois de estrear a súa nova obra\, «Panamericana»\, seguen sen ter decorados de pan de ouro e veludo\, nin local de ensaio\, nin furgoneta\, nin homes. Aínda. Amasaron un teatro de creación propia e\, por iso\, chámanse A Panadaría\, porque o seu é un oficio de tradición\, de esforzo e constancia\, de relación da persoa cos elementos máis básicos\, co que viu antes e co que está por chegar.\nPorque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro\, chamámonos A Panadaría para alimentar corpo e alma.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-pan-pan/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161014T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161014T194500
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T173856Z
LAST-MODIFIED:20160927T173856Z
UID:26627-1476473400-1476474300@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Astraea"
DESCRIPTION:A compañía Mulleres Creando presenta «Astraea» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro ás 19:30 horas na Sala Azul do Auditorio de Ourense. \nSinopse\nAstraea é o escenario infinito no que dúas creadoras se mergullan para perpetuar a fusión de varias expresións artísticas. Unha sorte de area e mar feita buguina. \nAs intérpretes\nKirenia Celia Martínez\, Cuba\, é bailarina\, actriz e coreógrafa. Fundadora\, codirectora e coreógrafa da Compañía Entremans dende 2005\, combina as súas creacións artísticas con labores formativas\, colaboracións e asistencias coreográficas para outras compañías e artistas de diferentes disciplinas. \nGosia Trebacz realízase como artista nunha dobre faceta: amosando as súas propostas aos demais en exposicións e ensinando as prácticas necesarias para que outros adquiran destrezas no campo da pintura. Creación e didáctica van xuntas. É unha muller do seu tempo que capta a pulsión imparable da arte contemporánea\, o discorrer da actualidade e o discurso do presente.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-astraea/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161014T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161014T223000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161011T104914Z
LAST-MODIFIED:20161011T104914Z
UID:27040-1476478800-1476484200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Continental"
DESCRIPTION:Dentro da II Mostra de cinema en galego: Na lembranza\, a Concellería de Cultura de Barbadás programa este venres «Continental»\, de Xavier Villaverde e Raúl Veiga. \nA entrada é gratuíta previa recollida de invitación na Casa da Cultura “Manuel María”. \nSinopse \nA mediados do século XX dúas faccións mafiosas dispútanse a sala Continental\, un bar-prostíbulo sito nunha zona portuaria. Os líderes das dúas bandas estiveran no pasado ás ordes do mesmo capo\, Gonçalves\, a quen deran morte na procura de poder. Mais\, anos despois\, a sombra do xefe morto segue proxectándose como unha maldición sobre os seus dous discípulos.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-continental/
LOCATION:Casa da Cultura de Barbadás\, Rúa San Bernabé 37  \, A Valenzá - Barbadás\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161014T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161014T230000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T174048Z
LAST-MODIFIED:20160927T174048Z
UID:26628-1476486000-1476486000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Así que pasen cinco años"
DESCRIPTION:A compañía andaluza Atalaya presenta «Así que pasen cinco años» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o venres 14 de outubro\, ás 23 horas no Auditorio Municipal. \nSinopse\n«Así que pasen cinco años» recolle algúns dos temas da obra de Lorca como o tempo\, o amor e a morte; e outros temas entrecruzados\, como os soños\, a frustración\, a súa propia viaxe interior e a esterilidade. Un mozo\, ser puro\, desligado da contorna real\, que só vive e fai vivir a intimidade dos seus soños e desexos. Todos os demais personaxes son símbolos de apetencias\, de ideas\, de sensacións\, de vivencias subconscientes.\nA obra é dunha tremenda modernidade. A linguaxe que prima é a onírica\, pero tamén subxacen elementos propios do teatro da crueldade\, especialmente no terceiro acto. \nA compañía\n«Así que pasen cinco años» non resulta un texto máis para Atalaya. Trátase da obra que fixo visible á compañía a nivel nacional no ano da súa estrea\, en 1986. Grandes personalidades e especialistas en Lorca como Rafael Alberti\, Gerardo Diego\, Antonio Gala\, Lluis Pascual e José Monleón aplaudiron a enorme sorpresa que supoñía esta montaxe pola súa achega e novidade. \nEn 2016\, o CDN propuxo a Atalaya esta coprodución\, xusto cando se cumpren 80 anos do asasinato do poeta. \nAtalaya conseguiu crear un estilo propio que se basea na enerxía do actor\, a lectura contemporánea dos grandes textos universais\, a forza expresionista das imaxes e o tratamento poético do espazo\, a música e os obxectos. En 2016\, cumpre 33 anos nos que se converteu nun dos referentes máis sólidos do teatro español. Recibiu 38 galardóns\, destacando o Premio Nacional de Teatro de 2008. Nese ano pon en marcha o Centro Internacional de Investigación Teatral (TNT) que conta co maior teatro privado de Andalucía e un laboratorio-escola permanente. \nAtalaya é Premio Nacional de Teatro 2008.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-asi-que-pasen-cinco-anos/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161015T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161015T195000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160905T183729Z
LAST-MODIFIED:20160905T183729Z
UID:26055-1476558000-1476561000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "Alberti\, un mar de versos"
DESCRIPTION:Espectáculo realizado a partir do poemario de Rafael Alberti. «Alberti\, un mar de versos» é un espectáculo impregnado de poesía no movemento\, no xesto\, nas emocións\, nos ritmos e nas imaxes que o conforman. É unha proposta escénica que agrupa diferentes disciplinas para converter a asistencia ao teatro nunha experiencia pracenteira que se fixe na memoria e que relacione poesía e goce\, pois é o noso desexo iniciar o itinerario poético do noso público e axudarlle a descubrir e crear un mundo propio desde o xogo\, a reflexión e desde o legado de Rafael Alberti. \nOs primeiros contactos coa arte son definitivos para favorecer o gusto por el\, por iso coidamos os elementos plásticos de complementación ata lograr un espectáculo suxestivo\, sorpresivo\, melódico\, lúdico e reflexivo. Un espectáculo para escoitar\, ver e sentir. Música\, danza\, dramaturxia\, vídeo creación\, espazo escénico e vestiario ao servizo da poética de Rafael Alberti e dos nenos. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-alberti-un-mar-de-versos/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161015T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161015T201000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T174226Z
LAST-MODIFIED:20160927T174226Z
UID:26630-1476558000-1476562200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "A deriva"
DESCRIPTION:A compañía Mulleres Creando presenta o espectáculo «A deriva» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 15 de outubro\, ás 19:30 horas na sala azul do Auditorio Municipal. \nSinopse\nAs derivas son pezas curtas que emerxen a partir da peza escénica Verde a tempo completo. No caso que aquí se propón\, Deriva VI\, apóiase sobre o aspecto máis “litúrxico” da peza escénica. \nA intérprete\nOlga Cameselle é bailarina e coreógrafa. Ten moi claro que o teatro non se limita ao escenario e por iso desenvolve varias iniciativas consistentes en levar espectáculos a lugares pouco comúns. Di dela: “Nunca quixen ser bailarina\, pero vinme empurrada. Non podía parar. Necesitábao dende moi nena. Hai que escoitar por onde te leva a vida e escoitar o teu propio impulso”.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-a-deriva/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161015T230000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161015T230000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T174458Z
LAST-MODIFIED:20160927T174458Z
UID:26631-1476572400-1476572400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Antes de la metralla\, forcejeos\, humedades y estrategias sobre tácticas teatrales"
DESCRIPTION:A compañía galega Matarile Teatro presenta «Antes de la metralla\, forcejeos\, humedades y estrategias sobre tácticas teatrales» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. A cita é o sábado 15 de outubro ás 23 horas no Auditorio de Ourense. \nSinopse\n«Antes de la metralla» non pretende ser unha representación. É un encontro real entre persoas que por unha banda aportan o seu punto de vista e\, pola outra\, están dispostas a amosarse máis alá do refuxio da palabra. O obxectivo é expoñer algunhas orientacións e interpretacións da escena contemporánea dende diferentes ángulos\, perspectivas ou implicacións. \n«Antes de la metralla» idéase como un traballo in situ\, cuns días previos de encontro e cunha posta en escena final\, pero sen ánimo de que sexa un espectáculo pechado senón máis ben a mostra do resultado dese encontro: un acontecemento para un marco específico. É un proxecto en desenvolvemento\, carente de valor comercial. \nOs participantes\, na súa condición de cómplices\, testemuñas\, acompañantes e colaboradores\, están directa ou indirectamente ligados coa escena. Todos espectadores. \nA compañía\nMatarile Teatro\, fundada en 1986\, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. En 1993 crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela\, espazo dedicado á programación e difusión do teatro e a danza contemporánea en Galicia. \nMatarile Teatro detén a súa actividade dende setembro de 2010 a setembro de 2013\, data na que reinicia as súas producións coa estrea de Staying Alive\, á que lle seguen Teatro Invisible\, Hombres Bisagra e El cuello de la Jirafa\, todas elas en activo. Neste ano\, 2016\, a compañía está celebrando o seu 30 aniversario. \nOs espectáculos de Matarile Teatro representáronse en cidades doutros países como: Boston\, Brasilia\, París\, Belgrado\, Novisad\, Porto\, Leipzig\, Boloña\, Dresden\, Edimburgo\, Bucarest\, Rennes e proximamente en Timisoara\, en Romanía. \nPREMIOS
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-antes-de-la-metralla-forcejeos-humedades-y-estrategias-sobre-tacticas-teatrales/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161016T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161016T135000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160905T181448Z
LAST-MODIFIED:20160905T181500Z
UID:26039-1476619200-1476625800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Infantil: "A maleta de Don Attilio"
DESCRIPTION:O circo de Don Attilio chega á vila! A pista xa está montada na praza e o público agarda expectante a que comece o espectáculo. Por fin! Toni Bombillo\, estrela do circo\, poderá ver a súa amada María\, a filla de Don Próspero\, preboste do Barrio alto! Pero\, onde se viu que unha marioneta de luva fina e acomodada se xuntase cunha marioneta de mesa pobre e ambulante? \nMONICREQUES\n12h\nSala Azul\n+ 3 anos\n50m \nEntradas: www.ataquilla.com\, no teléfono 902 504 500\, na Sede de Afundación (Praza Maior\, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/infantil-a-maleta-de-don-attilio/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161016T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161016T200000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160927T174757Z
LAST-MODIFIED:20160927T174757Z
UID:26634-1476644400-1476648000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Nómadas"
DESCRIPTION:A compañía chilena La llave maestra presenta «Nómadas» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. A cita é o domingo 16 de outubro ás 19 horas no Teatro Principal. \nSinopse\n«Nómadas» fala sobre a experiencia do ser humano diante dunha situación de cambio de país\, desarmar a casa para viaxar e moverse na busca dunha nova vida. Un espectáculo visual\, sen palabras\, onde o espectador pode viaxar con creatividade a través das imaxes que se van construíndo en caixas que deixan de selo para transformase en animais mitolóxicos\, en globos que viaxan a outros países\, en portas que atravesar\, persecucións sen fin\, caixas que non encaixan e soños que se perden no medio delas. \n«Nómadas» nace da necesidade de seguir indagando na creación dunha linguaxe multidisciplinar e continuar dando forma a unha proposta escénica propia\, que transporta ao espectador cara a un calidoscopio de emocións\, onde conviven o enxeño\, o humor\, a creatividade e a poesía. \n«Nómadas» é unha viaxe onírica á imaxinación\, unha oda ao acto valente de viaxar\, de deixar atrás o vello para internarse no descoñecido. Un baile de emocións\, un deleite para os sentidos. \nEste espectáculo é unha coprodución entre La Llave Maestra e o Teatro Municipal Gayarre de Pamplona co Fondo Iberescena. \nA compañía\nLa Llave Maestra nace no 2010 en España e creou tres espectáculos: Bestiario\, Delirios de Papel e Nómadas. Estas obras representáronse en teatros e festivais de España\, Turquía\, Holanda\, Taiwán\, Arxentina\, Bosnia\, Brasil e Chile con excelente acollida tanto do público como da crítica pola súa calidade\, creatividade e aporte ao Teatro visual e de obxectos. \nNo 2013 a compañía reside en Chile\, dende onde difunde os seus traballos ao longo de todo o país e por diferentes lugares de Sudamérica. Nestes seis anos\, máis de 20.000 espectadores viron os seus traballos. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-nomadas/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161017T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161017T220000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161010T102030Z
LAST-MODIFIED:20161010T102030Z
UID:26994-1476734400-1476741600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "The lady in the van"
DESCRIPTION:«The lady in the van» (2015) é a segunda película do ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior»\, de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade\, cuxa proxeción está prevista na sede de Afundación de Ourense  para o 17 de outubro. Do director Nicholas Hynter\, o filme británico\, narra a historia de Mary Shepherd\, unha señora que vive nunha furgoneta en Camden Town\, xerando conflito cós veciños. Fará amizade co escritor Alan Bennett.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-the-lady-in-the-van/
LOCATION:Afundación\, Praza Maior\, 4\, Ourense\, Ourense \, España
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161018T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161018T224000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161018T110819Z
LAST-MODIFIED:20161018T110819Z
UID:27179-1476824400-1476830400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "O agasallo de Silvia"
DESCRIPTION:O Concello de Barbadás proxecta este venres 21 de outubro ás 21 horas na Casa da Cultura «Manuel María» da Valenzá a película “O agasallo de Silvia”\, incluída na II Mostra de cinema galego: Na lembranza. \nEntrada gratuita previa recollida de invitación na Casa da Cultura. \nSinopse \nSilvia é unha adolescente que tomou a decisión máis importante da súa vida: suicidarse e donar os seus órganos. Tres persoas anónimas os reciben\, tres vidas diferentes comezan unha nova existencia. Silvia deixa gravado nun video-diario as súas razóns. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-o-agasallo-de-silvia/
LOCATION:Casa da Cultura de Barbadás\, Rúa San Bernabé 37  \, A Valenzá - Barbadás\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161019T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161019T180000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161018T145948Z
LAST-MODIFIED:20161018T145948Z
UID:27189-1476896400-1476900000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Conferencia: "A música\, universo suxestivo para a infancia"
DESCRIPTION:A segunda edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Vigo\, que nesta ocasión leva por título «Música e poesía dende a primeira infancia»\, continúa este mércores\ncunha conferencia de Uxía Domínguez Senlle\, que falará sobre «A música\, universo suxestivo para a infancia».Será a partir das 17 horas na Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro. \nA cita\, organizada polas docentes da Facultade de Ciencias da Educación Isabel Mociño e Susa Herrera coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega\, é\naberta a todas as persoas interesadas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/conferencia-a-musica-universo-suxestivo-para-a-infancia/
LOCATION:Sala Emilia Pardo Bazán\, Campus\, Ourense\, Ourense\, España
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161019T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161019T210000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161019T161120Z
LAST-MODIFIED:20161019T161120Z
UID:27224-1476907200-1476910800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Sesión de la Academia Médico-Quirúrgica
DESCRIPTION:El jueves 20 de octubre a las 20 horas en el salón de actos del Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de la Diputación tendrá lugar el acto oficial de inauguración del curso 2016-2017 de la Academia Médico-Quirúrgica de Ourense. \nLa ceremonia inaugural será presidida por Jesús Vázquez Almuiña\, conselleiro de Sanidade en funciones y en la misma participarán  la  presidenta de la Academia\, Concepción Victoria Fernández; el decano de la Facultad de Medicina de la Universidad de Santiago de Compostela\, Jesus Gestal Otero\, el vicepresidente del Colegio Oficial de Médico\, Xosé Luis López Alvarez y la secretaria de esta institución académica\, Susana Blanco Pérez. \nLa primera sesión científica del curso estará a cargo la doctora Marisa Crespo Leiro\, del Servicio de Cardiología del CHUAC\, quien hablará sobre “Trasplante cardíaco en Galicia: 25 años” y a quien presentará Manuel García García\, del Servicio de Cardiología del CHUO.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/sesion-de-la-academia-medico-quirurgica/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161019T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161019T213000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161018T170711Z
LAST-MODIFIED:20161018T170711Z
UID:27211-1476907200-1476912600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Conferencia: "A Peregrinación a Santiago\, onte e hoxe"
DESCRIPTION:Mañana comienzan las actividades de la XI Semana Cultural de la Asociación de Amigos Vía de la Plata Camiño Mozárabe\, bajo el título de ‘Consolidación del Camino Mozárabe – Vía Plata’. \nA las 20 horas\,  María del Carmen Martínez Insua\, directora xeral de Patrimonio de la Xunta\, será la encargada de inaugurar las jornadas dedicadas a la divulgación de la riqueza del Camino. \nA continuación\, a las 20:30\, el deán de la Catedral de Santiago de Compostela\, Segundo Pérez López\, protagonizará la primera de las conferencias\, ‘A Peregrinación a Santiago\, onte e hoxe’\, para hablar de la peregrinación a Santiago en las distintas épocas. \nParalelamente\, estarán expuestas las fotografías del Camino propiedad de esta asociación\, así como las que se han presentado al VIII concurso de fotografía\, que será fallado el viernes\, al término de las jornadas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/conferencia-a-peregrinacion-a-santiago-onte-e-hoxe/
LOCATION:Salón de actos CEO\, Praza das Damas\, Ourense\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161021T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161021T210000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161018T110027Z
LAST-MODIFIED:20161018T110027Z
UID:27178-1477080000-1477083600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Presentación do libro: "Novas no exterior. 63.000 Quilómetros de viaxe e a cadea"
DESCRIPTION:O venres 21 de outubro\, ás 20 horas\, no Ateneo de Ourense terá lugar a presentación do libro: «Novas no exterior. 63.000 Quilómetros de viaxe e a cadea» de Xosé Luís Santos Cabanas\, -poeta e narrador-\, acompañado de  Francisco Fernández Rei -académico\, escritor\, catedrático de Filoloxía Románica e filologo-\,   Xosé Antón Laxe Martiñan\, -músico e escritor-\, e un representante da Editorial Axóuxere. \nRematará o acto tocando unha peza de gaita Xosé Antón Laxe Martiñán.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/presentacion-do-libro-novas-no-exterior-63-000-quilometros-de-viaxe-e-a-cadea/
LOCATION:Ateneo de Ourense\, av. Habana\, 25\, baixo\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161021T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161021T233000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160928T111127Z
LAST-MODIFIED:20160928T111127Z
UID:26660-1477087200-1477092600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:VIII Gala de Danza
DESCRIPTION:Espectáculo de danza oriental\, clásico oriental\, Bollywood\, Bellynesian e danza tribal\, organizado pola academia Enka Danza Oriental co fin de recadar fondos a favor de ADO Ourense.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/viii-gala-de-danza/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161022T213000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161022T230000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160928T111443Z
LAST-MODIFIED:20160928T111443Z
UID:26661-1477171800-1477177200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto: Martirio
DESCRIPTION:Para conmemorar as súas tres décadas na escena musical presenta «Martirio. 30 anos»\, 30 anos de carreira en 30 cancións que intentan respectar na medida do posible a orde cronolóxica dos lanzamentos discográficos ou concertos en directo aos que pertencen. \nEntradas á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-martirio/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161023T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161023T125000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20160905T181642Z
LAST-MODIFIED:20160905T181642Z
UID:26040-1477224000-1477227000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Infantil: "A nena que quería navegar"
DESCRIPTION:A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros\, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro\, un ser máxico e vital\, que lle devolverá a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós se agocha un ser máxico\, único e especial e só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.\nProxecto que trata o problema social do acoso escolar e as claves para a súa prevención. \nTEATRO\n12h\nSala Principal\n+ 4 anos\n50m \nEntradas: www.ataquilla.com\, no teléfono 902 504 500\, na Sede de Afundación (Praza Maior\, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/infantil-a-nena-que-queria-navegar/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161024
DTEND;VALUE=DATE:20161106
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161024T101227Z
LAST-MODIFIED:20161024T101227Z
UID:27287-1477267200-1478390399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Entropía"
DESCRIPTION:A Sala de Exposicións de Verín acolle\, ate o vindeiro día 5 de novembro a mostra ”Entropía” de pintor colombiano Carlos Santos. \nSantos\, nativo de Cartaxena de Indias e afincado na Coruña\, expón por primeira vez  as súas obras en Verín. As gamas de cores\, a síntese figurativa e a visión estrutural do cadro teñen nas obras creadas por Carlos Santos un peculiar atractivo\, que nos evoca o caos que leva ao orden. \nHorarios: luns a venres\, 17:00 h a 21:00 h; sábados\, 10:00 h a 14:00 h e 17:00 h a 20:30 h.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-entropia/
LOCATION:Sala de Exposicións de Verín\, r/Irmáns La Salle\, Verín\, Ourense\, 32600\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/CARLOS-SANTOS.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161024T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161024T220000
DTSTAMP:20260517T041025
CREATED:20161010T102228Z
LAST-MODIFIED:20161010T102228Z
UID:26995-1477339200-1477346400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Grandma"
DESCRIPTION:Pechando o ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior»\, de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade\, o espectador poderá visionar «Grandma» (2015) o día 24 deste mes\, na sede de Afundación en Ourense. \nA longametraxe\, que foi dirixida por Paul Weitz\, achega a historia de Sage e a súa avoa\, a quen esta pide cartos para abortar. A situación levará a ambas as mulleres a estreitaren o vínculo ao tempo que enfrontan os seus conflitos co pasado e o futuro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-grandma/
LOCATION:Afundación\, Praza Maior\, 4\, Ourense\, Ourense \, España
END:VEVENT
END:VCALENDAR