BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Periódico Barrios - ECPv6.11.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://www.periodicobarrios.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Periódico Barrios
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20160327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20161030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160921
DTEND;VALUE=DATE:20161105
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160922T095029Z
LAST-MODIFIED:20160922T095146Z
UID:26445-1474416000-1478303999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición " Ilusionismo\, ¿magia o ciencia?"
DESCRIPTION:La Obra Social ”la Caixa” y el Ayuntamiento de Ourense presentan la exposición «Ilusionismo\, ¿magia o ciencia?». \nConvertirse en una araña\, ver levitar un gran engranaje\, crecer y empequeñecer como lo hizo Alicia en el país de las maravillas… Los visitantes de la exposición Ilusionismo\, ¿magia o ciencia? podrán experimentar todas estas ilusiones\, y muchas más\, creadas por los sentidos. \nEl cerebro es una fábrica de ilusiones. Pero ¿qué es una ilusión? Es un producto mental\, resultado de fenómenos sensoriales y cognitivos\, una combinación entre lo que se percibe de la realidad y lo que se espera de ella. Nuestro cerebro es el responsable de todo este proceso.\nIlusionismo\, ¿magia o ciencia?\, organizada por la Obra Social ”la Caixa”\, muestra la base científica del ilusionismo e invita a conocer cómo se consigue la sensación de que lo imposible resulte probable ante nuestros ojos. En la muestra\, completamente interactiva\, no faltan experimentos y trucos. \nEste recorrido mágico podrá disfrutarse hasta el 4 de noviembre en la carpa instalada en el Jardín de Posío de Ourense.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-ilusionismo-magia-o-ciencia/
LOCATION:Xardín do Posío\, Xardín do Posío\, Ourense\, Ourense\, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/09/expomaxia.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160926
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160926T113026Z
LAST-MODIFIED:20160926T113026Z
UID:26535-1474848000-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Rodeira Monocolor"
DESCRIPTION:Rodeira en b/n\, ou monocolor\, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño\, 1950) que a retratou\, xa que a praia de Rodeira\, en Cangas do Morrazo\, en realidade ten cor. \nAs cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días\, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras. \nA alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán\, cos seus tecidos multicolores\, sombrillas publicitarias\, etc.  e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores. \nA exposición pódese ver no Policlínico Sáenz Díez de 9 a 13 e de 16 a 20 horas. \n  \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-rodeira-monocolor/
LOCATION:Policlínico Sáenz Díez\, c/Sáenz\, Díez\, 33\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160930
DTEND;VALUE=DATE:20161029
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160930T163727Z
LAST-MODIFIED:20160930T163857Z
UID:26728-1475193600-1477699199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Terra"
DESCRIPTION:La  galería de Arte Visol\, presenta el nuevo proyecto de escultura del escultor Tino Canicoba: «Terra». La exposición se inaugura este sábado 1 de octubre a las 20 horas. Estará abierta al público hasta el próximo 28 de octubre\, en horario de martes a sábado de 18:30 a 21 horas y sábados de 12 a 14 horas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-terra/
LOCATION:Galería Visol\, r/Santo Domingo\, 33\, Ourense\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160930
DTEND;VALUE=DATE:20161031
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160927T170210Z
LAST-MODIFIED:20160927T170225Z
UID:26606-1475193600-1477871999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "Fogo sagrado\, festa\, rito"
DESCRIPTION:Dentro das actividades do Outono Fotográfico\, o próximo venres 30 de setembro\, ás 20 h\, o Museo Etnolóxico inaugura a exposición «Fogo sagrado: fogo\, festa\, rito». Fotografías de Demetrio Monteagudo González\, no local social da igrexa da Madalena\, praza da Madalena\, Ribadavia. \nA exposición poderase ver en horario de 12 a 14 e de 17 a 19 horas de martes a venres\, e de 12 a 14 horas sábados e domingos. Festivos e luns pechados. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-fogo-sagrado-festa-rito/
LOCATION:Ourense 
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161004T201500
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161004T211500
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160926T174431Z
LAST-MODIFIED:20160926T174444Z
UID:26589-1475612100-1475615700@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Presentación de libro: "O amor nos escuros días de Birkenau"
DESCRIPTION:O martes 4 de outubro o Liceo de Ourense acolle a presentación da nova novela do escritor Alberto Canal\, «O amor nos escuros días de Birkenau»\, editado por Xerais. \nÉ o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? Estas son algunhas das preguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempo despois de coñecer a Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio de Auschwitz\, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. O perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podía levalo a esquecer a xenreira que sentía cara aos xudeus para implicarse nunha revolución que os afastase do inferno de Birkenau. Mais sempre pairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor en Birkenau?
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/presentacion-de-libro-o-amor-nos-escuros-dias-de-birkenau/
LOCATION:Liceo de Ourense\, Rúa Lamas Carvajal\, 5\, Ourense\, Ourense \, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161005
DTEND;VALUE=DATE:20161024
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161004T100605Z
LAST-MODIFIED:20161004T100605Z
UID:26833-1475625600-1477267199@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Cenlle: Terra\, Xente\, Viño"
DESCRIPTION:A exposición “Cenlle: Terra\, Xente\, Viño”\, que reúne imaxes do fotógrafo Matteo Bertolino\, inaugurarase o vindeiro mércores día 5 ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense\, onde poderá visitarse ata o 23 de outubro. A iniciativa nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos e\, tras o seu paso pola capital da provincia\, viaxará a outros puntos da xeografía española. \nCon esta selección de fotografías o visitante descubrirá a estreita vinculación deste territorio co viño\, os valores patrimoniais e os elementos culturais e turísticos de Cenlle. A este respecto\, Bertolino destaca que “a idea de fondo” da iniciativa\, dirixida polo investigador Oleg Lazovsky\, pasa por difundir “máis aló do Ribeiro e de Ourense” a actividade dos profesionais do viño\, a “calidade do produto” que ofrecen e os atractivos desta zona da comarca do Ribeiro. \nO Concello de Cenlle promove esta iniciativa\, que conta ademais coa colaboración da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Deputación de Ourense. Tamén participan unha decena de adegas  da zona. \nFotografía e catas: Dobre experiencia \nA proposta de “Cenlle: Terra\, Xente\, Viño”\, vai alén da fotografía\, pois incluirá unha serie de catas de viños de adegas locais. Segundo apunta Bertolino\, trátase de gozar “unha dobre experiencia\, visual e de padal”. \nDe forma paralela á mostra ourensá\, haberá catas os xoves 13 (con viños de Cuñas Davia)\, 20 (con viños de Quinta do Rebolo) e 27 de outubro (con viños de Priorado de Razamonde)\, as cales se desenvolverán no local A Brava.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-cenlle-terra-xente-vino/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161003_mateocenlle.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161005T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161005T180000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161004T095531Z
LAST-MODIFIED:20161004T095531Z
UID:26827-1475690400-1475690400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Agora si\, antes non"
DESCRIPTION:Dentro do ciclo Tránsito Asia do Cineclube Padre Feijoo\, este mércores 5 de outubro se proxecta «Agora si\, antes non» do coreano Hong Sang-Soo. \nSesións ás 18\, 20.30 e 23 horas con entrada a 4 euros para asociados e 5 euros para público en xeral. \nSinopse \nUn director de cine independente sae a cear e se atopa cunha pintora. A partir dese instante\, as cousas empezarán a cambiar.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-agora-si-antes-non/
LOCATION:Biblioteca Pública de Ourense\, r/ Concello\, 11\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/05-OUTUBRO-AGORA-SI-ANTES-NON-3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161006T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161006T203000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160930T102444Z
LAST-MODIFIED:20160930T102444Z
UID:26718-1475782200-1475785800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Presentación de libro: "Albión Galaica"
DESCRIPTION:O vindeiro xoves 6 de outubro ás 19:30 horas\, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación do libro «ALBIÓN GALAICA”. Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra» do autor Miguel Losada. \nEste libro recolle as experiencias do autor Miguel Losada e de Rafa Quintía\, quen asina o prólogo\, vivencias e conclusións xeradas unha viaxe de investigación realizada a Inglaterra e Gales no inverno do 2013. \nEstamos ante un libro ameno\, rigoroso\, enormemente divulgativo e cheo de contidos interesantes que seguro serán do agrado para todos os amantes da historia e a antropoloxía. \nMiguel Losada \nNado na Pobra de Trives no ano 1967. Licenciado en Dereito\, Diplomado en Xestión Medioambiental e Técnico Proxectista en Aplicacións de Enerxía Solar. Cursou tamén estudos de Antropoloxía e actualmente cursa o Grado de Xeografía e Historia. É membro fundador e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) onde\, ademais de labores de investigación\, opera tamén como realizador audiovisual\, redactor e tradutor da lingua francesa. \nÉ redactor xefe da publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza e como investigador independente é autor de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas especializadas. É realizador numerosas pezas audiovisuais para o proxecto Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/presentacion-de-libro-albion-galaica/
LOCATION:Biblioteca Pública de Verín\, Av. de Portugal\, 11\, Verín\, Ourense\, 32600\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161006T201500
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161006T211500
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161004T161605Z
LAST-MODIFIED:20161004T161605Z
UID:26845-1475784900-1475788500@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Conferencia: "Claves para la renovación de la pastoral familiar a partir de la Amoris Laetitia"
DESCRIPTION:El jueves 6 de octubre\, a las 20:15 horas\, Monseñor Mario Iceta\, obispo de Bilbao y presidente de la Comisión Episcopal de Familia y Vida\, quien fue además representante de la CEE en el Sínodo de la Familia\, ofrecerá en el Centro Cultural Marcos Valcárcel una ponencia sobre “Claves para la renovación de la pastoral familiar a partir de la Amoris Laetitia”. Dicho acto estará organizado por la Delegación de Pastoral Familiar de la Diócesis de Ourense y busca poner sobre la mesa la situación de las familias en el mundo actual\, ampliando nuestra mirada y reavivando nuestra conciencia sobre la importancia del matrimonio y la familia. \nLa exhortación apostólica Amoris Laetitia (La Alegría del Amor)\, firmada y publicada por el papa Francisco\, es un documento en el que se plasman los resultados de los Sínodos sobre la Familia celebrados en Roma en 2014 y 2015.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/conferencia-claves-para-la-renovacion-de-la-pastoral-familiar-a-partir-de-la-amoris-laetitia/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161006T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161006T212500
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160928T103907Z
LAST-MODIFIED:20160928T110100Z
UID:26649-1475785800-1475789100@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:IV Enclave de Cámara: Real Filharmonía de Galicia
DESCRIPTION:A Real Filharmonía de Galicia abre a 4ª edición do Ciclo de Música Enclave de Cámara\, nunha colaboración especial na que participan James Dahlgren como concertino-director\, Javier Simó\, Ramón Llátser e Diego Aragón\, como trompetas e 22 músicos da Filharmonía. \nA cita é o xoves 6 de outubro ás 20.30 horas no Teatro Principal. \nO programa inclúe obras de Carl Philipp Emanuel Bach\, Felix Mendelssohn\, Petro Franceschini\, Benjamin Britte e E. Bach.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/iv-enclave-de-camara-real-filharmonia-de-galicia/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161006T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161006T223000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160928T110717Z
LAST-MODIFIED:20160928T110717Z
UID:26658-1475785800-1475793000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Festival "Bailemos todos"
DESCRIPTION:A Asociación Nacional Anasbabi Ciliopatías organiza o Festival «Bailemos todos»\, un festival solidario de música\, teatro e humor que busca a visibilidade e recadar fondos a favor das enfermidades raras.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/festival-bailemos-todos/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161007T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161007T183500
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160905T181222Z
LAST-MODIFIED:20160905T181222Z
UID:26037-1475863200-1475865300@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro para bebés: "Redondo"
DESCRIPTION:A Mr. Round encántanlle todos aqueles obxectos redondos\, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma de circunferencia\, obxectos que se agochan dentro dun feixe de historias que quedan por descubrir… \nTEATRO PARA BEBÉS\n18h\nSala APEGO\nAta 4 anos\n35m \nEntradas: www.ataquilla.com\, no teléfono 902 504 500\, na Sede de Afundación (Praza Maior\, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-para-bebes-redondo/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161007T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161007T215000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160927T113629Z
LAST-MODIFIED:20160927T113629Z
UID:26598-1475872200-1475877000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "El avaro"
DESCRIPTION:A Companyia Pelmànec presenta «El avaro» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. \nSinopse \nA avaricia define a Harpagón. Usureiro e especulador\, sen amigos\, ninguén quere a este vello. O seu desexo por Marina\, unha mociña encantadora con quen quere casar a pesar da súa pobreza\, farao aínda máis desprezable e patético diante da súa familia. Sobre todo cando descobre que a súa pretendida está xa comprometida co seu fillo Cleantes. A comedia está servida. Ah\, aínda non! Un pequeno detalle: aquí o ouro non ten ningún valor porque os personaxes\, todos\, son billas\, tubos e obxectos de auga en xeral\, e a riqueza que desexa de maneira enfermiza Harpagón\, a auga… Desexámosvos un bo mergullo! \nA compañía\nA Companya Pelmànec é a plataforma creativa de Miquel Gallardo\, actor\, manipulador e dramaturgo con máis de vinte anos de carreira. Foi creada no 2009 para estrear o seu primeiro espectáculo en solitario: Don Juan. Memoria amarga de mí. No 2011 estrea Diagnóstico: Hamlet. Nos dous espectáculos\, Miquel Gallardo explora a técnica da manipulación e a interpretación simultánea\, con monicreques de tamaño natural\, creando un estilo persoal de abordar os espectáculos que merecen o eloxio do público e da crítica alí onde van. En 2014 recupera El avaro de Molière\, unha obra creada por el mesmo xunto con Olivier Benoit e Jordi Bertran\, estreada no 2000. Aproveitando o quince aniversario da súa estrea\, Miquel Gallardo anóvaa\, pero mantendo o seu espírito crítico e aloucado. \nPremios\n• Premio do Xurado e do Público ao Mellor Espectáculo do Festival de Belo Horizonte 2003 (Brasil).\n• Premio ao Mellor Espectáculo da Tempada da Asociación de Espectadores do Teatro del Mar 2003 (Palma de Mallorca). • Premio do Festival PIF de Zagreb 2005 (Croacia).\n• Premio do Festival de Ostrava 2005 (República Checa).\n• Premio ao espectáculo máis orixinal do Festival Lutke 2008 (Eslovenia).\n• Premio do público do Festival Lutke 2008 (Eslovenia).
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-el-avaro/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161007T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161007T223000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161004T095835Z
LAST-MODIFIED:20161004T095835Z
UID:26829-1475872200-1475879400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Asolagados"
DESCRIPTION:O ciclo de cine de outono «Miradas Etnográficas 4» organizado polo Cineclube Padre Feijoo no Museo Etnolóxico de Ribadavia proxecta este venres 7 de outubro o filme «Asolagados» de Daviz Vázquez. Haberá un único pase ás 20:30 horas con entrada de balde. \nSinopse \nDocumental sobre a xente e os pobos (Abideira\, Porto\, Castro Candaz\, Santa Marta\, Pincelo\, Ponte fortes\, A Samugueira\, San Paio\, Mourulle\, Portomeñe\, A Hermida\, Ribó…)\, asulagados polo encoro de Belesar en 1963.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-asolagados/
LOCATION:Museo Etnolóxico de Ribadavia\, rúa de Santiago\, 10\, Ribadavia\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/07-outubro-Asolagados-3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161008
DTEND;VALUE=DATE:20161010
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161006T113027Z
LAST-MODIFIED:20161006T113027Z
UID:26905-1475884800-1476057599@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Pulpo Extreme
DESCRIPTION:Os días 8 e 9 de outubro Ourense será\, co «Pulpo Extreme»\, o epicentro nacionaldo skate\, BMX\, roller e MTB dountown. \nExpourense e o casco vello da cidade serán as sedes deste evento. \nTamén haberá beaking\, concurso de graffitti e unha zona de food truck e unha área infantil (en Expourense).
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/pulpo-extreme/
LOCATION:Expourense\, Finca Sevilla\, s/n\, Ourense\, Ourense\, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Deportiva
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161008T140000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161008T160000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161006T111826Z
LAST-MODIFIED:20161006T111826Z
UID:26901-1475935200-1475942400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Campus Ourense Rugby - Durango
DESCRIPTION:O Campus Ourense Rugby buscará a segunda vitoria da tempada diante do Durango. O partido da cuarta xornada disputarase o sábado 8 de outubro no Campus de Ourense dende as 14 horas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/campus-ourense-rugby-durango/
LOCATION:Campus Ourense\, Campus As Lagoas\, s/n\, Ourense
CATEGORIES:Agenda Deportiva
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161006_campusr-ugby.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161008T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161008T201000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160927T172747Z
LAST-MODIFIED:20160927T172747Z
UID:26619-1475953200-1475957400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Circo mediterráneo"
DESCRIPTION:A compañía andaluza Rolabola presenta «Circo mediterráneo» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o 8 de outubro ás 19 horas no Parque Barbaña. \nSinopse\nO Circo mediterráneo é un espectáculo\, en formato cabaré\, que recolle o mellor da tradición circense incorporando as características artísticas propias do circo contemporáneo. O show conta cun acróbata con fabulosas peripecias\, arriscados equilibristas\, malabaristas co manexo incrible do diábolo e trapecistas nas alturas conforman parte do elenco artístico deste espectáculo\, no que non hai feras pero si algunha mascota coa que nos divertiremos.\nCo humor como fío condutor\, o presentador e o mestre de cerimonias enlaza os diferentes números que forman o espectáculo para dotar de ritmo toda a montaxe. Despois dunha función do Circo mediterráne\, o espectador e espectadora poderá levar á súa casa unha presada de gargalladas e un frasco do mellor circo. \nA compañía\nRolabola xestionou espazos propios como a Sala Piruetta e participou na xestión de espazos colectivos como a Carpa de Cubillas. Colaborou na organización de actividades\, proxectos\, programacións e festivais circenses como Circada\, o festival de circo máis importante de Andalucía. E\, por suposto\, produciu seis espectáculos\, realizando máis de 1.000 funcións\, incluíndo a maioría dos Festivais e Feiras do Estado (Trapezi\, Tárrega\, La Bisbal\, Palma del Río…) e diversas xiras internacionais en países como Marrocos\, Francia\, Italia ou Eslovenia. Tamén participou en proxectos de cooperación internacional\, con ONG’s como Payasos sin Fronteras en zonas de Palestina e o Sáhara Occidental. \nEsta veteranía e a súa visión estratéxica na que o público e a promoción e dignificación do circo sitúase nun primeiro plano\, levouna a traballar con máis de 30 artistas e decenas de profesionais do circo ou a cultura. Agora presente este apaixonante proxecto\, o «Circo mediterráneo».
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-circo-mediterraneo/
LOCATION:Parque Barbaña\, Parque Barbaña\, Ourense
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161008T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161008T203000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160927T172935Z
LAST-MODIFIED:20160927T172935Z
UID:26623-1475958600-1475958600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:9º FITO: "Petrushka-Extended"
DESCRIPTION:A compañía danesa Granhøj Dans presenta «Petrushka-Extended» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 8 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal. \nSinopse\nEn Petrushka-Extended\, Palle Granhøj explora unha vez máis o interior da linguaxe da danza. Por segunda vez Granhøj fai fincapé na fusión entre a música de piano en directo e o espectáculo da danza\, intentando crear unha verdadeira simbiose entre estas dúas artes\, e por terceira vez\, usa a execución interrompida da anotación musical introducindo cortes\, coa finalidade de crear unha correlación de igualdade entre a música e a danza.\nNo espectáculo\, cinco extraordinarios intérpretes con cinco nacionalidades diferentes e diferentes idades reúnense no escenario para dar a súa interpretación da historia sobre Petrushka\, o monicreque\, orixinalmente adaptado por Fokin e Igor Stravinsky. \n“As figuras danzan\, xogan e discuten con ansiedade\, pero non te preocupes se non comprendes o que din… Tampouco eles se entenden\, porque falan nas súas linguas: ruso\, polaco\, húngaro\, grego e escocés. Benvido e goza desta versión longa dunha hora de Petrushka”\, Palle Granhøj. \nA compañía\nGranhøj Dans é unha compañía de danza internacionalmente recoñecida que está situada na cidade de Aarhus\, Dinamarca. As producións de Granhøj Dans son creadas polo director artístico e coreógrafo da compañía\, Palle Granhøj\, en cooperación cos bailaríns. \nO punto de arranque de cada produción é a Técnica de Obstrución\, desenvolvida por Palle Granhøj\, que fai posible a creación de 25 traballos orixinais nos últimos 25 anos. Baseados nese método de traballo\, o coreógrafo moldea os movementos dos actores\, descubrindo as leis interiores das súas personalidades no proceso. \nMáis que amosar bailaríns e coreografías no escenario\, Palle Granhøj quere presentar homes e mulleres tal e como son: xenuínos\, vivos e complexos.\nGranhøj Dans é a terceira vez que visitan o FITO\, xa estiveron con grande éxito nas edicións de 2011 e 2013.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/9o-fito-petrushka-extended/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161008T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161008T221000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161004T100314Z
LAST-MODIFIED:20161004T100314Z
UID:26831-1475958600-1475964600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Natureza Morta"
DESCRIPTION:No ciclo de cine de outono cas miradas etnográficas 4 do Museo Etnolóxico de Ribadavia\, este sábado 8 de outubro proxéctase a película «Natureza morta»\, de Jia Zhang Ke. Será ás 20:30 horas con entrada de balde. \nSinopse \nTrala construción da presa das Tres Gargantas (China) \, a aldea de Fengjie foi inundada e os seus habitantes realoxados nun novo emprazamento. O mineiro Han Sanming regresa a Fengjie logo de 16 anos de ausencia a buscar a súa muller. Tamén a enfermeira Shen Hong busca na aldea o seu home. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-natureza-morta/
LOCATION:Museo Etnolóxico de Ribadavia\, rúa de Santiago\, 10\, Ribadavia\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/08-outubro-NATUREZA-MORTA-3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161009T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161009T124000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160905T181333Z
LAST-MODIFIED:20160905T181333Z
UID:26038-1476014400-1476016800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Infantil: "Carapuchiña no faiado"
DESCRIPTION:Flora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral…en cada recuncho agárdanlle moitas sorpresas. Cando no vello baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo… \nTEATRO\n12h\nSala Principal\n+ 3 anos\n45m \nEntradas: www.ataquilla.com\, no teléfono 902 504 500\, na Sede de Afundación (Praza Maior\, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/infantil-carapuchina-no-faiado/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161009T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161009T140000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161006T110855Z
LAST-MODIFIED:20161006T112157Z
UID:26897-1476014400-1476021600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Sala Ourense - Santiago Futsal B
DESCRIPTION:O Sala Ourense recibe o domingo 9 de outubro ao Santiago Futsal B a partir das 12 horas no anexo dos Remedios. O encontro ten lugar na cuarta xornada da Terceira división.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/sala-ourense-santiago-futsal-b/
LOCATION:Os Remedios\, Avda. Pardo de Cela\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Deportiva
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161006_salaourense.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161009T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161009T140000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161006T111326Z
LAST-MODIFIED:20161006T112232Z
UID:26899-1476014400-1476021600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cidade As Burgas - Majadahonda
DESCRIPTION:O Cidades As Burgas recibe ao Majadahonda na xornada número 5 da Primeira división de fútbol sala. O encontro disputarase na cancha central dos Remedios o domingo 9 de outubro a partir das 12 horas.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cidade-as-burgas-majadahonda/
LOCATION:Os Remedios\, Avda. Pardo de Cela\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Deportiva
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161006_cidade.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161009T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161009T193000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161006T112632Z
LAST-MODIFIED:20161006T112632Z
UID:26903-1476034200-1476041400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:UD Ourense - Viana
DESCRIPTION:A Unión Deportiva Ourense recibe este domingo a partir das 17:30 horas no estadio do Couto ao Viana. \nOs unionistas tentarán continuar coa racha de vitorias para seguir nos postos de ascenso.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/ud-ourense-viana/
LOCATION:O Couto\, C/ Dalí\, Ourense\, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Deportiva
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161006_udo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161009T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161009T203000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160928T111003Z
LAST-MODIFIED:20160928T111003Z
UID:26659-1476039600-1476045000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Contos na Lareira
DESCRIPTION:A tradición oral galega cobra vida neste espectáculo\, creado polos produtores de Noites de retranca\, da man de dous dos nosos contadores máis universais como son Cándido Pazó e Quico Cadaval.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/contos-na-lareira/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161009T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161009T210000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160905T183554Z
LAST-MODIFIED:20160905T183554Z
UID:26054-1476046800-1476046800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "Helena\, xuízo a unha lurpia"
DESCRIPTION:Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL\, atopámonos con Helena de Troia\, “a bela Helena”\, afilla de Zeus e Leda\, a esposa de Menelao\, a amante de París. \nEstamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”\, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante\, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital\, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso París\, co desafío e o rancor para con Zeus\, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles\, Ulises–\, coa impotencia diante da crueldade da guerra….
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-helena-xuizo-a-unha-lurpia/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161031
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161010T110136Z
LAST-MODIFIED:20161010T110136Z
UID:27015-1476057600-1477871999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: “Saúde e Terra\, irmá(n)s!”
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense pode visitarse ata o 20 de outubro a exposición “Saúde e Terra\, irmá(n)s!”\, que amosa o legado das Irmandades da Fala. \n“Saúde e Terra\, irmá(n)s!” conta cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega\, Xusto Beramendi e Carlos García Martínez polo Museo do Pobo Galego e Carme Vidal e Uxío Breogán Diéguez pola Deputación da Coruña. O proxecto foi creado\, deseñado e coordinado por Pepe Barro. \nO 18 de maio de 1916 nacía na Coruña\, nunha xuntanza celebrada na daquela sede da Real Academia Galega\, na rúa Rego de Auga\, a primeira das Irmandades da Fala. Nas semanas seguintes\, este movemento concibido polos irmáns Vilar Ponte coa arela de estender o uso do galego a todos os contextos orais e escritos espallouse rapidamente por Galicia. As Irmandades promoverían ademais un novo rexurdimento cultural e tamén unha nova etapa do galeguismo político. Un século despois\, a Real Academia Galega\, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego están a difundir o legado dos homes e mulleres que fixeron posible este fito que marcou un antes e un despois na historia de Galicia a través da exposición «Saúde e Terra\, irmá(n)s!» \nO percorrido expositivo relata a historia das Irmandades a través de dez temas que profundan na súa cerna. Cada un deles desenvólvese nunha cabina na que se poden ver publicacións\, documentos\, imaxes e obxectos\, así como escoitar gravacións musicais e de discursos e artigos de persoeiros da época. Poderase contemplar ademais unha escolma de pezas artísticas vencelladas aos temas e motivos que moveron a acción das Irmandades dalgúns dos artistas máis relevantes daquel tempo. \nA través destes dez espazos\, o público achegarase á orixe do movemento e á súa evolución\, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idioma ata a intervención política e os seus principais protagonistas (os irmáns Vilar Ponte\, Lois Porteiro Garea\, Lois Peña Novo\, Antón Losada Diéguez\, Vicente Risco…); o novo rexurdimento literario\, da man de autores como Ramón Cabanillas\, Manuel Antonio\, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste e de editoriais como Céltiga\, Lar ou Nós\, dirixida por Ánxel Casal; o intento de conformación dun teatro galego que superase o ruralismo e a aposta polos coros como xeito de chegar ás masas; o compromiso cunha arte galega exemplificada na obra de Castelao\, Álvaro Cebreiro\, Camilo Díaz Baliño ou Francisco Asorey; o cultivo das ciencias sociais e experimentais ao servizo de Galicia\, que callou arredor da creación do Seminario de Estudos Galegos\, a creación das Escolas do Insiño Galego ou a importancia que lles concederon aos medios de comunicación as Irmandades\, que se dotaron do seu propio voceiro\, A Nosa Terra\, e promoveron a reaparición d’O Tío Marcos d’A Portela\, entre outras cabeceiras editadas en Galicia e na diáspora. \n«Saúde e Terra\, irmá(n)s!» dá ademais visibilidade á participación das mulleres nas Irmandades da Fala\, que apostaron desde o primeiro momento pola “igualdade absoluta\, política e civil da muller e do home”. \nAdemais das fotografías e documentos reproducidos\, a exposición xunta unhas 130 pezas\, documentos orixinais e primeiras edicións prestadas para a ocasión por máis dunha trintena de institucións e coleccións particulares. Entre as pezas integradas nas cabinas\, figuran obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas\, os carnés das Irmandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo\, unha plumiña de Álvaro Cebreiro\, a máquina de escribir de Valentín Paz Andrade e o violín que Manuel Quiroga doou ao seu amigo Antón Losada Diéguez; o manuscrito autógrafo de Arredor de si\, de Otero Pedrayo\, outro texto manuscrito do programa da I Asemblea Nacionalista ou a carta-nota ao gobernador civil que anuncia que a Irmandade da Fala se converterá no Partido Galeguista. \nO estandarte de “Queixumes dos Pinos” da Coral Polifónica Follas Novas (1922)\, e obras de arte como os óleos “Autorretrato”\, de María Corredoira\, “Valle Esmeralda” (1912)\, de Francisco Lloréns e “Nube da tarde”\, de Imeldo Corral; e a talla “Galicia\, Nai e Señora”\, de Uxío Souto (1926)\, tamén forman parte da exposición. \n«Saúde e Terra\, irmá(n)s!» é unha exposición para ver\, pero tamén para oír. Amosará\, e permitirá escoitar\, o disco coa primeira gravación do Himno galego\, a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-saude-e-terra-irmans/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_irmandadesfala.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161101
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161010T105101Z
LAST-MODIFIED:20161010T105114Z
UID:27011-1476057600-1477958399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Dinosancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer"
DESCRIPTION:O Ateneo de Ourense acolle ata final de mes a exposición de Luis Vecino e Ángel Soldevilla «Disonancias. El aburrimiento o el derecho a no hacer». \nDous ourensáns que unen a súa creatividade e móstrana no Ateneo de Ourense. Ángel Soldevilla empezou no mundo da creación literaria publicando o seu primeiro poemario en 2011\, titulado “ Surcando el vacío” e fai a súa primeria exposición conxunta “Diálogos” no Centro Cultural Marcos Valcárcel con Luis Vecino. E Luis Vecino\, un artista que acadou premios dende os seus primerios anos de xuventude; que fixo numerosas exposicións con gran éxito tanto en Ourense como noutras cidades de Galicia e en Madrid. É artista ecléctico que non descoidou a figuración\, pero é no expresionismo abstracto onde se sente máis cómodo. A cor é unha das súas tarxetas de identidade e nas súas obras é posible comprobar\, por exemplo\, cantos azuis poden nacer dun mesmo pigmento azul. \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-dinosancias-el-aburrimiento-o-el-derecho-a-no-hacer/
LOCATION:Ateneo de Ourense\, av. Habana\, 25\, baixo\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_expoAteneo.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161212
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161010T105504Z
LAST-MODIFIED:20161010T105504Z
UID:27013-1476057600-1481500799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Experimenta 10+1"
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”\, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo\, coa cor\, o volume\, a forma e a percepción do espectador. \nPintura\, escultura\, debuxo\, instalación\, e mesmo vídeo\, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de Chelo Matesanz\, Mónica Alonso\, Din Matamoro\, Sara Coleman\, Suso Fandiño\, Berta Cáccamo\, Hector Francesch\, Mónica Trastoy\, Mar Vicente e Rubén Fernández Castón\, ademáis da peza de Adriana Pazos e María Roja\, que ademais da acción artística en directo «Dasein»\, realizada no acto inaugural\, compleméntase cunha vertente expositiva. Comisariada por Paula Cabaleiro e asistida por Íñigo Rodríguez\, esta exposición trata de provocar un diálogo co espectador\, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais. \n«O expandido fai referencia\, entre outras cousas\, á multiplicidade de medios e fórmulas que se poden utilizar na arte\, facendo alusión á globalización do mundo\, pero tamén aos medios que o desenrolo puxo ao servizo dos creadores. Falaba a crítica norteamericana Rosalind Krauss de cómo “categorías –xéneros- como a escultura e a pintura foran amasadas\, estendidas e retorcidas nunha demostración extraordinaria de elasticidade\, unha exhibición da maneira en que un termo cultural pode estenderse para incluír case calquera cousa”\, dixo Paula Cabaleiro\, comisaria da mostra. Esta elasticidade e extensión\, sen chegar a romperse\, é dicir sen deixar de ser escultura\, pintura\, fotografía u outros\, é o que posibilita a “rotura” ou desestimación do límite. \nEsta mostra recolle unha mestura multixeracional de 12 experimentos artísticos\, 12 modos de pintar (de xeito expandido)\, 12 maneiras de proceder\, de crear e rachar categorías. A pintura como transgresión do propio xénero\, a escultura como medio para transformar a percepción do espazo\, a luz como materia dúctil e o espectador como axente participativo na obra. O resultante do acto pictórico expándese nunha materialización da imaxinería visual a través da cor\, integrando o movemento\, o percorrido e as sensacións como elementos construtores. As superficies québranse\, ábrense e retórcense\, a cor fuxe dos lindes\, vólvese luz\, corpo e movemento\, no que para o artista é un acto de liberación do plano. \n“Xogamos coa provocación. A emoción maniféstase en cada cor\, en cada contraste\, en cada espazo\, e nesta posta en escena da pintura expandida cada elemento está suxeito a outro sendo\, por tratarse da suma de elementos reais e virtuais\, difícil de premeditar con completo control. A instalación\, o vídeo e os novos medios irrompen nesta pintura contemporánea para acadar unha maior transformación do lugar\, da súa dimensión e da súa forma\, rachando a lectura lineal\, sen un comezo nin un final”\, destacou a comisaria da mostra. \nEsta pintura-video-instalación xenera un espazo alterado\, onde a obra cobra un corpo-obxectual no que o espectador está inserto\, “entra á obra”. Esa condición de estar dentro da “obra” é o que permite ser percibida por todos os sentidos e trasladar ao observador ao espazo que pretende o artista\, un espazo ritual\, sensorial e irracional\, explicou Paula Cabaleiro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-experimenta-101/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_experimenta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161010T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161010T220000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20161010T101852Z
LAST-MODIFIED:20161010T101852Z
UID:26993-1476129600-1476136800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "Nebraska"
DESCRIPTION:A Fundación Galicia Obra Social\, Afundación\, acollerá o luns\, 10 de outubro ás 20.00 h\, na súa sede de Ourense\, a proxección da película «Nebraska» (2013) do director Alexander Payne. Esta iniciativa é parte do ciclo de cine «60+ counts: orgullo de ser maior»\, de acceso libre e gratuíto ata completar capacidade\, que se prolongará ata o 24 de outubro. Como parte da oferta da Área de Envellecemento Activo da entidade\, o principal obxectivo é poñer en valor o papel activo que desenvolven na sociedade. \nO propio nome da iniciativa cinematográfica condensa\, á perfección\, a súa razón de ser. Amosar a través da sétima arte a valía e orgullo de ser maior. A primeira das proxeccións é «Nebraska» (2013)\, do director Alexander Payne\, ás 20.00 h. O filme estadounidense narra a historia de Woody Grant\, un home con certos síntomas de demencia\, que recibe un premio por correo e obriga o seu fillo a emprender unha viaxe para cobralo ante o escepticismo dos seus familiares e coñecidos.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-nebraska/
LOCATION:Afundación\, Praza Maior\, 4\, Ourense\, Ourense \, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161010T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161010T203000
DTSTAMP:20260517T041022
CREATED:20160927T171349Z
LAST-MODIFIED:20160927T171349Z
UID:26611-1476131400-1476131400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cine: "As 1001 Noites Volume 3\, O Encantado"
DESCRIPTION:Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia\, o luns 10 de outubro proxéctase ás  20:30 e 23 horas\, en VOScastelán\, «As 1001 Noites Volume 3\, O Encantado» de Miguel Gomes. \nNun país europeo en crise\, Portugal\, un director proponse construír ficcións a partir da miserable realidade que lle rodea. Pero incapaz de atopar sentido ao seu traballo\, foxe de xeito cobarde\, deixando o seu lugar á bela Sherezade. Ela necesitará ánimo e coraxe para non aburrir ao Rei coas tristes historias dese país. Co transcorrer das noites\, a inquietude deixa paso á desolación\, e a desolación ao encantamento. Por iso Sherezade organiza as historias en tres entregas. Comeza así: «Oh venturoso Rei\, fun coñecedora de que nun triste país…». Libre adaptación de ‘As mil e unha noites’ ambientada no Portugal de hoxe\, e dividida en tres películas. \nHaberá sesións ás 20:30 e 23 horas. O prezo das entradas é de 2 e 2\,5 euros.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cine-as-1001-noites-volume-3-o-encantado/
LOCATION:Biblioteca Pública de Ourense\, r/ Concello\, 11\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/09/luns-10-de-outono-as-1001-noites-VOL-3-o-encantado-1.jpeg
END:VEVENT
END:VCALENDAR