BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Periódico Barrios - ECPv6.11.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Periódico Barrios
X-ORIGINAL-URL:https://www.periodicobarrios.com
X-WR-CALDESC:Eventos para Periódico Barrios
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20160327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20161030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20170326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20171029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20160926
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T013107
CREATED:20160926T113026Z
LAST-MODIFIED:20160926T113026Z
UID:26535-1474848000-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Rodeira Monocolor"
DESCRIPTION:Rodeira en b/n\, ou monocolor\, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño\, 1950) que a retratou\, xa que a praia de Rodeira\, en Cangas do Morrazo\, en realidade ten cor. \nAs cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días\, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras. \nA alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán\, cos seus tecidos multicolores\, sombrillas publicitarias\, etc.  e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores. \nA exposición pódese ver no Policlínico Sáenz Díez de 9 a 13 e de 16 a 20 horas. \n  \n  \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-rodeira-monocolor/
LOCATION:Policlínico Sáenz Díez\, c/Sáenz\, Díez\, 33\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161010
DTEND;VALUE=DATE:20161212
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161010T105504Z
LAST-MODIFIED:20161010T105504Z
UID:27013-1476057600-1481500799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Experimenta 10+1"
DESCRIPTION:No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense vén de inaugurarse a exposición “Experimenta 10+1”\, un proxecto expositivo colectivo no que os artistas xogan co espazo\, coa cor\, o volume\, a forma e a percepción do espectador. \nPintura\, escultura\, debuxo\, instalación\, e mesmo vídeo\, reflicten toda a multidisciplinariedade da arte contemporánea nas obras de Chelo Matesanz\, Mónica Alonso\, Din Matamoro\, Sara Coleman\, Suso Fandiño\, Berta Cáccamo\, Hector Francesch\, Mónica Trastoy\, Mar Vicente e Rubén Fernández Castón\, ademáis da peza de Adriana Pazos e María Roja\, que ademais da acción artística en directo «Dasein»\, realizada no acto inaugural\, compleméntase cunha vertente expositiva. Comisariada por Paula Cabaleiro e asistida por Íñigo Rodríguez\, esta exposición trata de provocar un diálogo co espectador\, cuestionando os límites da pintura dende diversas liñas experimentais. \n«O expandido fai referencia\, entre outras cousas\, á multiplicidade de medios e fórmulas que se poden utilizar na arte\, facendo alusión á globalización do mundo\, pero tamén aos medios que o desenrolo puxo ao servizo dos creadores. Falaba a crítica norteamericana Rosalind Krauss de cómo “categorías –xéneros- como a escultura e a pintura foran amasadas\, estendidas e retorcidas nunha demostración extraordinaria de elasticidade\, unha exhibición da maneira en que un termo cultural pode estenderse para incluír case calquera cousa”\, dixo Paula Cabaleiro\, comisaria da mostra. Esta elasticidade e extensión\, sen chegar a romperse\, é dicir sen deixar de ser escultura\, pintura\, fotografía u outros\, é o que posibilita a “rotura” ou desestimación do límite. \nEsta mostra recolle unha mestura multixeracional de 12 experimentos artísticos\, 12 modos de pintar (de xeito expandido)\, 12 maneiras de proceder\, de crear e rachar categorías. A pintura como transgresión do propio xénero\, a escultura como medio para transformar a percepción do espazo\, a luz como materia dúctil e o espectador como axente participativo na obra. O resultante do acto pictórico expándese nunha materialización da imaxinería visual a través da cor\, integrando o movemento\, o percorrido e as sensacións como elementos construtores. As superficies québranse\, ábrense e retórcense\, a cor fuxe dos lindes\, vólvese luz\, corpo e movemento\, no que para o artista é un acto de liberación do plano. \n“Xogamos coa provocación. A emoción maniféstase en cada cor\, en cada contraste\, en cada espazo\, e nesta posta en escena da pintura expandida cada elemento está suxeito a outro sendo\, por tratarse da suma de elementos reais e virtuais\, difícil de premeditar con completo control. A instalación\, o vídeo e os novos medios irrompen nesta pintura contemporánea para acadar unha maior transformación do lugar\, da súa dimensión e da súa forma\, rachando a lectura lineal\, sen un comezo nin un final”\, destacou a comisaria da mostra. \nEsta pintura-video-instalación xenera un espazo alterado\, onde a obra cobra un corpo-obxectual no que o espectador está inserto\, “entra á obra”. Esa condición de estar dentro da “obra” é o que permite ser percibida por todos os sentidos e trasladar ao observador ao espazo que pretende o artista\, un espazo ritual\, sensorial e irracional\, explicou Paula Cabaleiro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-experimenta-101/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/20161010_experimenta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161028
DTEND;VALUE=DATE:20170101
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161028T170029Z
LAST-MODIFIED:20161028T170029Z
UID:27413-1477612800-1483228799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición no Museo da Limia
DESCRIPTION:O Museo Etnográfico da Limia\, situado en Vilar de Santos\, seguindo co seu proxecto de participación e colaboración veciñal\, vén de abrir ao público unha nova exposición\, con aportacións de xente da Limia. \nTrátase dunha colección particular de monecas\, cuxos titulares dos elementos expositivos son Sara Dacal e Pachi Fontarigo. \nOs interesados poderán ver a dita exposición dende xa\, ata o mes de decembro do ano en curso. \nHorarios de visita: sábados e domingos de 11.00 h a 13.30 h e de 15.30 h a 18.00 h. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-no-museo-da-limia/
LOCATION:Museo da Limia\, Rúa Celanova\, 63\, Vilar de Santos\, Ourense\, 32650\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161102
DTEND;VALUE=DATE:20161226
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161031T180714Z
LAST-MODIFIED:20161031T180714Z
UID:27486-1478044800-1482710399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Via Iacobitana"
DESCRIPTION:A exposición «Via Iacobitana» é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Varios fotógrafos galegos que se transforman\nen eventuais peregrinos percorren os camiños de Santiago en Galicia e mostran\, coa súa particular visión\, as sensacións persoais que lles suxire a ruta elixida. Á visión da paisaxe circundante\, cambiante segundo a época do ano\, variable segundo o tempo atmosférico e a luz\, súmase a vivencia da propia peregrinación e o legado cultural que atesoura\, coa presenza de cada un dos camiños\, do seu rico patrimonio histórico e dos peregrinos que cada ano percorren a Via Iacobitana que os conduce a Compostela. \nCada un destes artistas recolle nas súas imaxes todo un mundo que pasa e permanece\, uns camiños vivos\, plenos de evocacións e propostas. Rutas de peregrinación a Santiago ao alcance de todo aquel que se fai peregrino e que desexa sentir en carne propia unha experiencia milenaria que o vincula a unha xeografía sagrada única\, a un itinerario universal e aberto\, berce da cultura occidental e expresión refinada dunha civilización en marcha. \nCoas imaxes propostas por Via Iacobitana\, evidénciase unha vez máis a multiforme esencia do Camiño de Santiago\, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación\nxacobea\, o seu inesgotable e imantador poder de sedución. A sensibilidade artística e a profesionalidade dos fotógrafos que participan na mostra\, cativados polos\npotenciais e valores dunha experiencia única\, forxan un novo legado iconográfico que transcende o instante efémero no que se realiza cada fotografía\, para formar\nparte dun conxunto perdurable\, o legado xacobeo\, un tesouro en permanente estado de recreación e renovación. \nA exposición pódese visitar no Centro de Coñecemento de La Molinera do 2 ao 25 de novembro\, en horario de 08:00 a 20:30 horas de luns a venres.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-via-iacobitana/
LOCATION:Centro de Coñecemento La Molinera\, r/ do Abrevadeiro\, 1\, Ourense\, Ourense\, 32002\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/viaiacobitana.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161117
DTEND;VALUE=DATE:20161205
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161117T115533Z
LAST-MODIFIED:20161117T115533Z
UID:27794-1479340800-1480895999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "City portraits" de Víctor Enrich
DESCRIPTION:Este ensaio chega ao Outono Fotográfico da man do festival Encontros da Imagem (Braga\, Portugal) co que o festival galego ten desde hai anos unha parcería e un camiño común feito a base de colaboracións de distinta índole. Un dos intercambios establecidos entre os dous festivais\, é cedérense entre eles o Premio de cada ano. É por este motivo que o Emergentes DST fai parte da programación do Outono Fotográfico\, e o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é integrado no ciclo de exposicións\ndos Encontros da Imagem. O traballo de Víctor Enrich foi o elexido entre decenas de ensaios fotográficos na pasada edición do festival luso. \n«City portraits (2007-2012)» é unha serie de imaxes resultado da selección dunha máis ampla reportaxe fotográfica realizada durante unha viaxe que durou seis anos e que levou a Víctor Enrich a visitar a Europa central e o Medio Oriente.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-city-portraits-de-victor-enrich/
LOCATION:Museo Municipal de Ourense\, Rúa Lepanto\, nº 8\, Ourense\, Ourense \, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161117
DTEND;VALUE=DATE:20161205
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161117T115746Z
LAST-MODIFIED:20161117T115746Z
UID:27795-1479340800-1480895999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "Memory lab of happiness"
DESCRIPTION:Outono Fotográfico na súa Sección Oficial\, como xa é costume\, alén de procurar artistas que traballen co tema de cada edición\, tamén pon en valor propostas curatoriais convidando a curadoras/es especializadas en fotografía contemporánea e con ampla e recoñecida traxectoria avalada por outros festivais internacionais ou espazos expositivos especializados na fotografía. \nNeste caso\, Ângela Ferreira\, directora artística do festival internacional Encontros da Imagem\, curadora independente\ne artista visual\, trae para o Museo Municipal a convite do festival galego unha colectiva conformada por 17 ensaios de varios artistas que participaron na open call do\nfestival luso. A mostra pretende dar múltiples visións sobre a felicidade desde DENTRO e desde FÓRA\, desde o íntimo e desde o universal. Respondendo deste xeito ao desafío feito pola súa curadora de pensar dunha maneira crítica sobre o lugar da Memoria e a Felicidade na actualidade. \nChega deste xeito ao 34º Outono Fotográfico un plantel de artistas que malia ser consideradas «emerxentes» teñen xa un longo percorrido por innumerábeis festivais de todo o mundo ademais de contar cunha morea de exposicións e até publicacións. Reafirmamos deste xeito a vontade de apoiar a artistas revelación a través dunha chamada pública xerando oportunidades de exposición e proxección. \nArtistas que veñen sumar xunto coas outras 91 exposicións desta edición unha aposta firme pola fotografía contemporánea nun sólido proxecto como é este festival que tanto ten aportado á fotografía e á arte no noso país.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-memory-lab-of-happiness/
LOCATION:Museo Municipal de Ourense\, Rúa Lepanto\, nº 8\, Ourense\, Ourense \, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161117
DTEND;VALUE=DATE:20161205
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161117T120158Z
LAST-MODIFIED:20161117T120158Z
UID:27796-1479340800-1480895999@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: Colección fotográfica de nu masculino
DESCRIPTION:Alexis W. é un artista que traballa baixo a etiqueta do que se coñece como arte de xénero. Leva toda unha vida dedicada a investigar os límites do xénero\, da identidade\, da sexualidade\, e de todos eses conceptos que non son máis que un constructo social e que el deconstrúe con cada serie. \nO artista xa foi un convidado estrela na Sección Oficial da 32 edición do Outono Fotográfico\, na que pola temática (Identidade/Alteridade) non podiamos pasar o seu traballo por alto. Volve nesta ocasión ao festival cun traballo que sen ser da súa autoría define a súa traxectoria na arte contemporánea. Alexis alén de ser artista\né coleccionador de arte\, e unha colección destacábel do seu haber é a que nos apresenta no Museo Municipal. Leva coleccionando fotografía de nu masculino desde incluso antes de ser artista. Isto deu unha prolífica compilación na que hai desde fotogravados\, diapositivas\, postais\, negativos de vidro… auténticas xoias que en moitos casos son pezas únicas de autoría descoñecida que posta en conxunto reflexiona sobre a historia da representación do corpo.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-coleccion-fotografica-de-nu-masculino/
LOCATION:Museo Municipal de Ourense\, Rúa Lepanto\, nº 8\, Ourense\, Ourense \, 32005\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161123
DTEND;VALUE=DATE:20161219
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161123T181155Z
LAST-MODIFIED:20161123T181155Z
UID:28024-1479859200-1482105599@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "A Man Verde"
DESCRIPTION:O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense estrea unha nova exposición “A Man Verde”\, un traballo conxunto do pintor\, Tonho Ferreiro e do fotógrafo\, Rubén Vilanova\, que se enmarca dentro do Outono Fotográfico e que se poderá visitar ata o 18 de decembro. \nA presentación desta mostra e do catálogo tivo lugar este mércores\, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense\, Rosendo Fernández; o coordinador do Outono\, Xosé Lois Vázquez; o director do Centro Cultural\, Francisco González; e os dous artistas. \nRosendo Fernández dixo que para a Deputación de Ourense é “un orgullo contar coas obras de artistas ourensáns neste edificio eminentemente cultural\, no marco do Outono Fotográfico que abre a cultura aos cidadáns”. \nPola súa parte\, o director do Centro Cultural destacou a importancia de recuperar os catálogos porque son “documentos moi importantes que perduran no tempo e que nos permite revisar o traballo feito ao longo dos anos”. En canto á mostra\, Francisco González sinalou que se trata “dun proxecto artístico que mestura fotografía e pintura\, que valía moito a pena incorporalo dentro do Outono Fotográfico”. \nRubén Vilanova explicou que obra xira entorno a varios conceptos como son “a infancia e a memoria. Trátase dunha mostra que toma como punto de partida os recordos da infancia\, que en moitos casos son espazos comúns a todos”. Asemade o fotógrafo salientou o carácter suxestivo da mostra: “hai que deixarse levar por ela e non afondar no que esconde”. Nesa mesma liña\, Tonho Ferreiro dixo que a obra “trata de evocar e de suxerir\, eses lugares da infancia que nós queremos mostrar”. \nNa mostra recréanse lembranzas tan concretas e puntuais como son “os primeiros pasos”\, “a mesma pedra”\, “xogos prohibidos”\, “a morada de verán”\, entre outros recordos que farán viaxar ata a infancia a todos aqueles que se acheguen ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. \nEn canto ao proceso de creación ambos artistas explicaron que xeralmente as obras comezábanse coa pintura e despois coa fotografía pero\, a pesar de contar cunha estrutura de traballo concreta\, cada peza tivo un proceso particular que modificaba esa estrutura segundo as particularidades de cada obra. \nXosé Lois Vázquez agradeceu á Deputación de Ourense que continúe a colaborar co Outono Fotográfico que “abre á sociedade a posibilidade de poder ver de forma pausada exposicións deste calibre\, que xoga no terreo da fronteira que establece visualmente códigos que apenas podemos diferenciar entre a pintura e a fotografía”. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-a-man-verde/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/11/20161123_expoamanverde.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161125
DTEND;VALUE=DATE:20170121
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161123T181443Z
LAST-MODIFIED:20161123T181443Z
UID:28026-1480032000-1484956799@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición OF: "Perimetrada"
DESCRIPTION:La Galería Marisa Miramón inaugura el viernes 25 de noviembre a las 20 horas la exposición de Manuel Sendón «Perimetrada»\, organizada en colaboración con el Outono Fotográfico. Podrá visitarse hasta el 20 de enero de 2017. \nManuel Sendón (A Coruña\, 1951)\, licenciado en Matemáticas y doctor en Bellas Artes\, es en la actualidad profesor de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra y dirige junto con Xosé Luis Suárez Canal  el Centro  de Estudios  Fotográficos  de la Universidad de Vigo. \nEn sus proyectos fotográficos escoge siempre el camino más arduo\, dando en ellos testimonio de lo que fotografía  como una experiencia personal y  nueva bajo unas determinadas circunstancias (como sucede en sus últimos proyectos)\, confiriéndoles un servicio casi documental. No siendo ajenos\, muchos de sus proyectos\,  al paso del tiempo para que los espectadores no ignoren lo que va a venir. \nComo explica Manuel  Sendón\, «Perimetrada como el proyecto anterior Mil Ríos\, es producto de concebir el paisaje como una experiencia\, la vivencia de un territorio bajo unas determinadas circunstancias.  En este caso la costa gallega\, recorriéndola lo más cerca posible del mar\, a través de carreteras\, pistas\, caminos\, playas\, atajos… Después de recorrer 1.300 km en 31 etapas\, y con la ayuda del GPS surge un mapa del litoral gallego\, pero  la imposibilidad de desplazarse siempre paralelo al mar\, y en otros casos los errores\, hacen que el mapa no sea\, ni pretenda ser un mapa científico: es simplemente un mapa de una experiencia». \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-of-perimetrada/
LOCATION:Galería Marisa Marimón\, r/Benito Vicetto\, 5\, baixo\, Ourense\, Ourense \, 32004\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161201
DTEND;VALUE=DATE:20161221
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T114135Z
LAST-MODIFIED:20161201T114135Z
UID:28216-1480550400-1482278399@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "As nenas e nenos soldados"
DESCRIPTION:Dar a coñecer a grave problemática da utilización de menores en conflitos armados é o obxectivo das charlas e a exposición que baixo o título ‘As nenas e nenos soldados’ desenvolve estes días o Concello de Verín como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na actualidade calcúlanse nuns 250.000 os cativos e cativas que son explotados nas guerras de 18 países. \nSobre estas situacións chama tamén a atención a mostra ‘As nenas e nenos soldados’ que ata o día 20 se amosará na Casa do Concello de Verín. O artista senegalés Momar Badiane denuncia a través dunha serie de debuxos a situación das nenas e nenos combatentes e convida a reflexionar sobre ela. A ONU\, apoiándose na campaña da Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados\, adoptou no ano 2000 un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos\, así como a obriga por parte dos Estados de axudar á reinserción. Ata hoxe foi ratificado por 120 países.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-as-nenas-e-nenos-soldados/
LOCATION:Casa do Concello de Verín\, Praza do Concello\, Verín\, Ourense\, 32600\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161201T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161201T210000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161130T110936Z
LAST-MODIFIED:20161130T110936Z
UID:28175-1480622400-1480626000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Cata a Arte
DESCRIPTION:O Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense\, xunto co Consello Regulador da D.O. Ribeiro\,  organizan este xoves 1 de decembro a terceira edición de Cata a Arte coa cata de viños da bodega Nairoa e música a cargo de Blues do País. \nSerá ás 20.00h. Establécese un aforo máximo de 100 persoas por orde de chegada.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/cata-a-arte-3/
LOCATION:Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación\, r/ Progreso\, 30\, Ourense\, Ourense\, 32003\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161201T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161201T210000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T113457Z
LAST-MODIFIED:20161201T113457Z
UID:28210-1480622400-1480626000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Charla: "Aspectos básicos do cancro"
DESCRIPTION:A psicooncóloga da AECC Ourense\, Beatriz Rodríguez Salas\, impartirá unha conferencia sobre «Aspectos básicos do cancro. Prevención\, mitos e realidades»\, este xoves 1 de decembro ás 20 horas no local de Andén Primeiro.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/charla-aspectos-basicos-do-cancro/
LOCATION:Local Andén I\, av. Marín s/n\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161201T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161201T210000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T113844Z
LAST-MODIFIED:20161201T113844Z
UID:28214-1480622400-1480626000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Sesión científica en la Academia Médico-Quirúrgica
DESCRIPTION:El jueves 1 de diciembre a partir de las 20 horas en el Salón de Actos del Colegio Oficial de Médicos se celebrará una  sesión científica organizada por la Academia Médico-Quirúrgica. \nLa conferencia lleva por título «Análogos del receptor de GLP-1 versus inhibidores del receptor SGL T2. Debate a dos” y será  impartida por María Teresa Rivero Luis y Eva Fernández Rodríguez\, del Servicio de Endocrinología del Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. \nLas ponentes serán presentadas por Iria Pinal Osorio\, vocal de Endocrinología de la Academia Médico-Quirúrgica. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/sesion-cientifica-en-la-academia-medico-quirurgica/
LOCATION:Colegio Oficial de Médicos\, c/Juan XXIII-19 entresuelo\, Ourense\, Ourense \, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161201T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161201T214000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T104404Z
LAST-MODIFIED:20160928T104415Z
UID:26651-1480624200-1480628400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:IV Enclave de Cámara: Irmás Naughton
DESCRIPTION:A 4ª edición do Ciclo de Música Enclave de Cámara presenta o 1 de decembro o concerto das Irmás Naughton\, Christina e Michelle\, dúo de pianos. \nInterpretarán pezas de Mendelssohn\, Ravel\, Schoenfield\, Mozart\, Granados e Tchaikovsky. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/iv-enclave-de-camara-irmas-naughton/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20161202
DTEND;VALUE=DATE:20161219
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T182515Z
LAST-MODIFIED:20161201T182529Z
UID:28231-1480636800-1482105599@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Exposición: "Manuel María\, beleza\, amor e compromiso"
DESCRIPTION:A Casa dos Poetas\, sede da Fundación Curros Enríquez na rúa Curros Enríquez de Celanova\, acolle dende o 2 ao 18 de decembro a exposición ‘Manuel María\, beleza\, amor e compromiso (1929-2004)’ da Consellería de Cultura\, Educación e Ordenación Universitaria\, coa colaboración da Casa-Museo Manuel María. \nEn horario de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 e festivos de 11.00 a 13.30\, poderá visitarse de forma gratuíta. \nA mostra\, formada por 12 paneis\, aborda de xeito gráfico a personalidade do autor e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Afóndase en cuestións como identificación do poeta coa terra e a paisaxe\, o seu compromiso coa lingua galega\, a súa participación na vida política ou a súa poesía intimista\, entre outros.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/exposicion-manuel-maria-beleza-amor-e-compromiso/
LOCATION:Casa dos Poetas\, Rúa de Curros Enríquez\, 37\,\, Celanova\, Ourense\, 32800\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/12/cartelmanuelmaria.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161202T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161202T210000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T183000Z
LAST-MODIFIED:20161201T183000Z
UID:28235-1480708800-1480712400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Presentación de libro: "Tejiendo sueños"
DESCRIPTION:El viernes\, 2 de diciembre\, a las 8 de la tarde Benposta Nación de Muchach@s presentará en el Liceo de Ourense el libro «Tejiendo Sueños»\, crónicas y relatos de la vida que se construye a partir de los Entornos\nProtectores\, una de las muchas acciones que Benposta adelanta en Colombia para la construcción y defensa de la vida y que en el año 2016 cuenta conel apoyo de la Cooperación Española y la Asociación Ben por la Infancia -ABENIN. \nEl libro\, escrito por la periodista española Silva Arjona Martín junto con un corto documental en vídeo\, presenta los distintos componentes de la apuesta pedagógica y política que Benposta viene adelantando en Colombia desde hace 42 años. Lamentablemente\, por problemas logísticos\, tres de los protagonistas de estas historias (un niño de 12 años\, una joven de 18 y uno de los coordinadores del proyecto) que han viajado a España y participan en unas jornadas de incidencia en Madrid\, no podrán acompañarnos ya que para esa fecha ya estarán nuevamente en Colombia… Será José Luis Campo Rodicio\, coordinador general de Benposta en Colombia\, quien estará y participará en Ourense en este acto.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/presentacion-de-libro-tejiendo-suenos/
LOCATION:Liceo de Ourense\, Rúa Lamas Carvajal\, 5\, Ourense\, Ourense \, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/12/cartelbenposta.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161203T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161203T190000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T113722Z
LAST-MODIFIED:20161201T113722Z
UID:28212-1480788000-1480791600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Mesa redonda: "Pasado\, presente e futuro do Parque Natural do Invernadoiro"
DESCRIPTION:O vindeiro  3 de decembro\, ás 18:00 horas\, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín de Verín a última xornada temática sobre o Medio Ambiente\, en concreto sobre o «Pasado\, presente e futuro do Parque Natural do Invernadoiro»\, na que participarán Nieves Amado Rolán\, Castor Gago Álvarez\, e Valeriá Paül.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/mesa-redonda-pasado-presente-e-futuro-do-parque-natural-do-invernadoiro/
LOCATION:Casa da Cultura de Verín\, r/Irmáns La Salle\, Verín\, Ourense \, 32600\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161203T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161203T220000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160905T184520Z
LAST-MODIFIED:20160905T184520Z
UID:26060-1480797000-1480802400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "Tartufo"
DESCRIPTION:O Centro Dramático Galego presenta «Tartufo». \nOrgón é un personaxe bastante importante na sociedade que caeu baixo a influencia de Tartufo (Tartuffe é o nome dado á trufa ou fungo escondido baixo terra)\, un hipócrita beaturrón\, que ademais é bastante torpe. De feito\, os únicos que non se deron conta da verdadeira natureza de Tartufo son Orgón e a súa nai. O mediocre e ladino Tartufo esaxera a devoción e chegou a ser o director espiritual de Orgón. Este aventureiro está a tratar\, ademais\, de casar coa filla do seu benefactor\, á vez que trata de seducir á segunda esposa deste\, Elmira. Unha vez desenmascarado\, tratará de aproveitarse dunhas doazóns (asinadas) que Orgón transmitiulle para tratar de botalo da súa propia casa. Finalmente utilizando diversas argucias que lle permitiron enganar a miles\, atopará a maneira de seguir o seu camiño impunemente. De feito\, os únicos que non se deron conta da verdadeira natureza de Tartufo son Orgón e a súa nai. O mediocre e ladino Tartufo esaxera a devoción e chegou a ser o director espiritual de Orgón. Este aventureiro está a tratar\, ademais\, de casar coa filla do seu benefactor\, á vez que trata de seducir á segunda esposa deste\, Elmira. Unha vez desenmascarado\, tratará de aproveitarse dunhas doazóns (asinadas) que Orgón transmitiulle para tratar de botalo da súa propia casa. Finalmente utilizando diversas argucias que lle permitiron enganar a miles\, atopará a maneira de seguir o seu camiño impunemente.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-tartufo/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161203T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161203T223000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161201T112454Z
LAST-MODIFIED:20161201T112523Z
UID:28208-1480798800-1480804200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto: Dúo de frauta e piano
DESCRIPTION:Está sábado 3 de decembro\, ás 21:00 horas terá lugar o cuarto concerto do II Ciclo Petiscos Musicais\, na sala do piano da Fundación\nVicente Risco. Será o dúo de frauta e piano composto por Laura Yanes e Paula Gago\, cun programa baseado en obras de Bach\, Beethoven\, Monquet y Borne. \nAforo limitado a 30 prazas. Os que teñen retirado o bono anual teñen reservada praza.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-duo-de-frauta-e-piano/
LOCATION:Fundación Vicente Risco\, r/San Lorenzo\, 3\, Allariz\, Ourense \, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161209T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161209T223000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161202T111627Z
LAST-MODIFIED:20161202T111627Z
UID:28264-1481317200-1481322600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "Normas para saber vivir na sociedade actual"
DESCRIPTION:O Concello de A Peroxa e o Banco de Alimentos de Ourense\, representados polo seu alcalde Manuel Seoane e o seu presidente Cecilio Santalices\, respectivamente\, acordan colaborar de xeito estreito na recadación dunha obra de teatro que se celebrará o vindeiro venres día 9 de decembro as 21:00 no Auditorio da Peroxa. \n O custo solidario de entrada a obra será de 5€ que se serán destinados de xeito integro ao Banco de Alimentos. Deste xeito o concello de A Peroxa e os seus habitantes queren amosar o seu apoio ao labor realizado polo Banco de Alimentos sobre todo nestas datas de Nadal. \nA obra que se representará será «Normas para saber vivir na sociedade actual» por parte do grupo ourensán de Teatro Sarabela. \nEsta actuación enmarcase dentro do programa da Deputación de Ourense «Rede de espazos culturais»\, polo que a propia Deputación colabora cos concellos adheridos que conten con auditorios para facer actuacións neles.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-normas-para-saber-vivir-na-sociedade-actual-2/
LOCATION:Auditorio da Peroxa\, Praza do Concello\, 83\, A Peroxa\, Ourense\, 32360\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/09/20160922_sarabela.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161210T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161210T203000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161020T090737Z
LAST-MODIFIED:20161020T090737Z
UID:27230-1481389200-1481401800@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Festival Clan ¡Ven a mi cumple!
DESCRIPTION:‘Ven a mi cumple’ es un gran espectáculo con los personajes más queridos de Clan para celebrar sus diez años de diversión y fantasía. Tendrá lugar enel Auditorio de Ourense el sábado 10 de diciembre\, con dos funciones a las 17 y 19:30 horas. El espectáculo está recomendado para menores de entre 3 y 8 años. \nA lo largo de estos años el canal infantil de TVE ha creado grandes personajes muy queridos por miles de niños en todo el país\, que ahora podrán ahora acompañarles en su fiesta y soplar con ellos las diez velas. \nLos Lunnis\, Pocoyó\, Elly y Pato\, Caillou y su abuela\, Abeja Maya y Willy\, Heidi\, o Zak de Sendokai protagonizan esta celebración en forma de festival. \nEl festival llegará de la mano de Pandora y Cávea Producciones al Auditorio Municipal de Ourense\, dentro de una gira que recorre las principales ciudades españolas. \nYa están a la venta las entradas en: www.ataquilla.com; www.entradasclan.es; www.caveaproducciones.com\, y en las Sedes AFUNDACION de Galicia desde 15 euros + gastos.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/festival-clan-ven-a-mi-cumple/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/festivalclan.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161210T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161210T220000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T112351Z
LAST-MODIFIED:20160928T112351Z
UID:26663-1481401800-1481407200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "El asno de oro"
DESCRIPTION:“El asno de oro” é un relato sorprendente. O seu autor\, Lucio Apuleyo xunto con Petronio está considerado como un dos pais da novela en Roma. Natural de Madaura (na actual Alxeria) onde se descubriu en 1918 unha estatua erixida no seu nome\, Apuleyo pertence ao grupo dos chamados «neosofistas» que exercían como oradores ambulantes. Filósofo\, mago\, narrador..\, paseou o seu facundia ao redor daquel mundo mediterráneo durante anos. \nA influencia da súa obra é inmensa na posteridade\, sobre todo a partir do Renacemento. Desde San Agustín\, Marlowe ou Milton pasando por Shakespeare\, Gracián\, Cervantes ou Lope de Veiga ata Ionesco e kafka\, ou Ruleus\, Goya e Rodin\, a súa pegada é constante na creación artística occidental. \nConsidéraselle unha ponte na mentalidade e a cultura oriental e a súa lingua está cargada de simbolismo\, ritmo\, beleza e intencións polisémicas. O protagonista\, Lucio\, convertido nun asno\, vive coa súa alma humana no interior dun corpo animal un longo espazo de tempo ata recobrar a súa forma humana outra vez coa luz agora dun novo nacemento. É unha historia de caída e redención\, de crise e conversión. Relacionouse o relato cos rituais procesos psicolóxicos vinculados cos antigos misterios\, especialmente os mitos de Isis e Osiris. Máis aló de todas estas consideracións\, a peripecia está chea de acción e dinamismo\, humor\, ironía e unha rechamante excentricidade. Lucio convertido en asno ten ocasión de mostrarnos a corrupción e a crueldade\, a superstición e as tensións do mundo mediterráneo da época a través dunha viaxe que lembra ao Lazarillo de Tormes pasando calamidades. De feito a novela considérase un antecedente clarísimo da picaresca. Por todos estes motivos considerei o texto de relevante interese para presentar un espectáculo en Mérida dentro da liña que veño explorando desde hai tempo. Grandes textos da cultura mediterránea que veñen da tradición oral e paseando pola literatura volven outra vez a esa mesma tradición a través do teatro. O asno de ouro non se representou nunca baixo ningunha forma\, o que engade un valor especial ao seu caso. A estrea mundial dun clásico latino. A música\, a prosodia específica para este tipo de textos\, o humor e o sentido de festa priman na súa adaptación.”
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-el-asno-de-oro/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161211T070000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161211T203000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T112506Z
LAST-MODIFIED:20160928T112506Z
UID:26664-1481439600-1481488200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto: Música Antiqua Viva
DESCRIPTION:Esta agrupación musical comezou a súa andaina nos anos 1990 en Brno\, importante centro cultural da República Checa. Formada por eminentes músicos\, membros da Filarmónica Brno e a orquestra de ópera do Teatro Nacional de Brno\, todos con experiencias en xiras polo ancho mundo. Desde a súa presentación en Brno desenvolve unha intensa actividade concertística\, participando con éxito durante case vinte anos na vida musical tanto no seu país como en exterior ofrecendo concertos en diversas salas\, igrexas e festivais internacionais de música. \nA súa composición é variable segundo o programa para interpretar e vai desde 6 músicos de corda ata os 16 integrantes\, unha pequena orquestra de cámara clásica e abarca un repertorio moi variado que inclúe as obras que van desde dos mestres barrocos ata a música moderna. Realiza con frecuencia as gravacións para a Radio e TV Checa en Brno e colabora cos renombrados solistas instrumentais e vogais checos e estranxeiros. A crítica especializada aprecia o seu sentido de música\, así como o seu cultivado son e precisa execución das obras interpretadas.Entre as súas recentes actividades artísticas cabe mencionar colaboración co compositor neoiorquino Hayden Wayne o ano 2015 cando o grupo estreou o melodrama do devandito autor «Sanz-Briz e sorriso no abismo do tempo» baseado no poema do mesmo nome de violonchelista Jan Skrdlík
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-musica-antiqua-viva/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161217T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161217T220000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T112620Z
LAST-MODIFIED:20160928T112620Z
UID:26665-1482006600-1482012000@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Os Grandes do Gospel 2016
DESCRIPTION:O Negro Spiritual é probablemente\, de todos os xéneros de canción popular que sobreviviron en América ata o presente século\, o máis estendido. Co nome de “espirituais negros”\, que posteriormente darían lugar á súa variante máis contemporánea\, o Gospel\, entraron nas igrexas e nas salas de concertos\, influíron en compositores\, como Dvorak ou Virgil Thompson\, e foron cantados en escolas e coros de todo o mundo. \nThe New World Gospel Ensemble\, baixo a dirección de Mr. Kelvin Sholar\, no seu concerto “From Spiritual To Gospel”\, renden homenaxe ao conxunto desa tradición\, desde as súas origenes nas plantacións ata as súas derivacións máis urbanas. O máis reseñable desde o punto de vista artístico é atoparnos cunha formación de cantantes de ópera que puxeron o seu talento ao servizo da gran tradición vocal afroamericana.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/os-grandes-do-gospel-2016/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161222T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161222T215000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T112740Z
LAST-MODIFIED:20160928T112752Z
UID:26666-1482438600-1482443400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Teatro: "El público"
DESCRIPTION:“El Publico”\, o ano pasado gozou dunha acollida extraordinaria\, esa peza do suposto teatro irrepresentable de Lorca desvelouse como “onírica pero perfectamente inteligible”\, dunha “enigmática beleza convulsa”\, con “poderosas imaxes”\, “poesía nocturna e turbulenta”. “O público de Rigola fai historia”\, “O público é\, como o amor\, unha obra desbordante”. \nCon esta obra\, o poeta granadino aspiraba a iniciar un novo camiño\, e diso precisamente fala: do valor para romper co pasado\, coas inercias\, a tradición\, a represión “tanto en plano artístico como no afectivo” e emprender aquilo que uno realmente desexa. \n“El Publico”\, escrito en 1929-30 durante a súa viaxe a EE UU e Cuba\, fala do teatro e fala do desexo\, a través dun xogo de máscaras\, no que se superpoñen ficción e realidade\, no que as identidades se atopan en continua metamorfose\, perseguindo sen cesar a Autenticidade\, a Honestidade e a Liberdade.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-el-publico/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161223T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161223T213000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20161019T155501Z
LAST-MODIFIED:20161019T155501Z
UID:27216-1482523200-1482528600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto: Os Amigos dos Músicos
DESCRIPTION:O espazo cultural TODOMEDRE e o Café & Pop Torgal presentan un novo ciclo de concertos centrado na renovación da música popular en galego\, no que participarán algunhas das bandas e proxectos máis interesantes do país. \nNos últimos anos está sendo continua en Galicia a aparición de propostas musicais diversas\, que abranguen un espectro moi amplo no eido das músicas populares\, e que empregan o galego nas súas composicións. Este é un movemento vivo\, que está a suceder agora e que merece ser difundido e apoiado.\nIsto é o que pretende TODOMEDRE: convidar a vivir este momento ao vivo\, a escoitar e gozar destas novas creacións\, a sentir e facer música en galego\, e a que todo medre. \nA primeira actuación deste ciclo é o concerto de Os Amigos dos Músicos o 23 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense. \nOs Amigos dos Músicos presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado\, no que as distintas voces se van sucedendo\, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte. \nA banda\, que sempre buscou referentes na canción popular galega\, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que\, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo\, marcan Curros Enríquez\, Suso Vaamonde\, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista\, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos\, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda. \nAs entradas están á venda en Ticketea.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-os-amigos-dos-musicos/
LOCATION:Auditorio Municipal de Ourense\, Rúa da Canle\, nº 2\, Ourense\, Ourense\, 32001\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.periodicobarrios.com/wp-content/uploads/2016/10/d8ad09b2-dc0d-464e-9cd5-9e1dfc8bbed7.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161223T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161223T223000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T112944Z
LAST-MODIFIED:20161115T095048Z
UID:26667-1482525000-1482532200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:Concerto de Nadal da Stadte Filarmonic Orchester da Ópera de Kishinau
DESCRIPTION:Por motivos alleos ao Teatro Principal e debido a   problemas  de visado da Orquestra  Sinfónica da Radio Nacional de Kiev\,   o Concerto de Nadal  correrá a cargo da Stadte Filarmonic Orquester da Ópera de Kishinau\, baixo a dirección de Dumitru  Carciumanu e coa soprano Ximena Agurto.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/concerto-de-nadal-da-orquestra-sinfonica-da-radio-nacional-de-kiev/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161226T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161226T180000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T113109Z
LAST-MODIFIED:20160928T113427Z
UID:26668-1482771600-1482775200@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:MOTI: "Moby Dick"
DESCRIPTION:«Moby Dick» é un espectáculo pensado para todos os públicos a partir de 6 anos\, na que non pretendemos máis que atisbar a inmensidade desta obra mestra da literatura universal. Resultaría absurdo e mesmo ridículamente pretencioso tratar de trasladar a totalidade desta novela ao escenario\, con todo nada nos impide propoñer un xogo no que a imaxinación é o noso aliado para recrear ante os ollos dos nosos mozos espectadores\, mares\, cachalotes\, personaxes e aventuras presentes na obra e todo iso materializarase na mente do espectador grazas á utilización dos elementos escénicos\, o ritmo\, o humor\, a música\, o traballo dos actores e\, sobre todo\, as palabras de Melville. \n 
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/teatro-moby-dick/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161227T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161227T180000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T113217Z
LAST-MODIFIED:20160928T113217Z
UID:26669-1482858000-1482861600@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:MOTI: "Jim e a illa do tesouro"
DESCRIPTION:“Jim e a Illa do Tesouro” é un espectáculo cunha linguaxe estética moi coidado no que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta\, chea de acción\, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un mundo fantástico e aventureiro. \nMúsica\, acción\, leas\, humor\, piratas desapiadados\, piratas parvos\, patas de pau\, parches no ollo\, papagaios\, cancións corsarias\, un tesouro escondido\, unha illa remota e unha procura chea de aventuras. Jim na Illa do Tesouro conserva todos os elementos que fixeron da obra de Stvenson o maior clásico das novelas de aventuras e fonte de inspiración para posteriores películas\, obras de teatro\, cómics e narracións de temática pirata.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/moti-jim-e-a-illa-do-tesouro/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20161228T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20161228T175000
DTSTAMP:20260517T013108
CREATED:20160928T113304Z
LAST-MODIFIED:20160928T113304Z
UID:26670-1482944400-1482947400@www.periodicobarrios.com
SUMMARY:MOTI: "Xoga"
DESCRIPTION:Se te miras ao espello podes verte por dentro? Xoga é un espectáculo para descubrir como eres e saber de que estás feit@ Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico\, audiovisual\, música e danza. Diversión\, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.
URL:https://www.periodicobarrios.com/agenda/moti-xoga/
LOCATION:Teatro Principal de Ourense\, Rúa da Paz\, 9\, Ourense \, Ourense\, España
CATEGORIES:Agenda Cultural
END:VEVENT
END:VCALENDAR