A Unión Deportiva Ourense logra a súa 15ª vitoria consecutiva na Liga. Venceu ao Razamonde por 1-5.

A UD Ourense comezou a segunda volta da 2ª Rexional do mesmo xeito que comezara a primeira: con vitoria ante o Razamonde. Os de Antonio Dacosta foron quen de dobregar ao seu rival nun terreo de xogo moi embarrado.
A tarde fría e chuviosa comezou cun penalti a favor da UD. Adolfo o lanzaría e o meta rival adiviñou a traxectoria evitando o gol visitante. Sen tempo para lamentarse, Julio Salgado lograba o primeiro da tarde tras pase de Xaco.
Adolfo lograría resarcirse do penalti ao conseguir o segundo gol da UD Ourense. Outro que non faltou á cita co gol foi Xaco que anotaba o terceiro pasada a primeira media hora de encontro. Ao filo do descanso, Roberto Dacosta sentenciaba o encontro co cuarto tanto visitante.

Na segunda metade chegarían dous goles máis (un para cada bando). Por parte dos capitalinos, non podía ser outro que Santi o que marcaba o quinto; e Esteban marcaba o da honra do Razamonde.

15 partido e 15 vitorias. 45 puntos e 90 goles a favor e unha UD Ourense que ten cada vez máis preto o ascenso á Segunda Rexional.

Atención ao público
Unha vez a disposición das oficinas do Couto, a UD abrirá ao público o martes e xoves de 17 a 20.30 horas; o sábado abrirán de 11 a 13 e de 17 a 20:30h.
A oficina do club abrirá a todo aquel que queira facer o seu novo carné, recoller os xa feitos, mercar camisetas e bufandas, recoller as xa reservadas, entre outras cousas.
Desde o club recordas que as persoas que se acolleron ao pagamento fraccionado da súa cota de socio, deben facer fronte á segunda parte da mesma nos días que quedan do mes de xaneiro.