O vindeiro venres 13 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O barco dos contos’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

 

A mesma está destinada a un máximo de 20 socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre mariñeiros e historias do mar e como manualidade un barco pesqueiro -os participantes deberán traer unha cartolina branca grande-. A actividade será coordinada por voluntarios de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 413 624.