Vicepresidencia da Xunta achegará 47.000 euros, o 80% do custo das obras de remodelación.
A Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura dun convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a remodelación da planta segunda da Casa Consistorial.
En virtude deste convenio, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia cooperará mediante a achega de 47.317,54 euros, que supón o 80% do orzamento total do proxecto de remodelación. As obras comezarán de inmediato.
O Concello de Ourense expuxo a necesidade de acometer obras de remodelación da planta segunda da Casa do Concello polas deficiencias existentes no interior do edificio. As obras de acondicionamento resultan imprescindibles e necesarias para o normal funcionamento da entidade local e a prestación dos servizos municipais, obtendo tamén un mellor aproveitamento da superficie existente, dotando ao Concello dunha serie de espazos e áreas de traballo das que hoxe carece e que precisa, congruente coa súa vocación de servizo público. Ademais, deste xeito suporá un aforro dado o gran número de alugueres que paga o Concello para acoller distintas dependencias, cando a segunda planta está practicamente baleira.
Na mesma sesión aprobouse o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, tres vehículos para a Policía Local en réxime de renting (arrendamento + mantemento) por 4 anos. Total: 152.799,84 euros (38.200 euros por ano).
Fóra da orde do día, deuse conta do programa do Partido Solidario por Siria, organizado polo Concello, que se celebrará o mércores 14 no Pavillón dos Remedios.
Informe
Tamén se trasladou o informe de traballos feitos pola brigada de conservación de mobiliario urbano e perímetro rural, medio ambiente e conservación de vías en diversas zonas do municipio, dado o estado de abandono en que se atopaba tanto as zonas verdes coma o mobiliario urbano da cidade.
Neste apartado, tamén se cuantificaron as 80 peticións, formuladas a través das redes sociais do alcalde dende o 1 de agosto (data na que empezou a traballar o persoal de gabinete canalizando dita información) e que foron resoltas. A meirande parte delas foron desbroces, mobiliario urbano, losetas das beirarrúas, estado de contedores e limpeza, fundamentalmente. A todas as peticións se lles deu cumprida resposta, e nalgúns casos houbo que explicar que as obras non procedían por parte do Concello, ao tratarse de vías doutras administracións, ás que se lle deu traslado das peticións.
En total desbrozáronse 284.623 metros tanto nas zonas verdes coma nas cunetas para previr os incendios forestais. No relativo o mobiliario urbano, arranxaráronse e colocáronse de novo 498 bancos en distintas zonas da cidade
O numero de bancos arranxados e colocados de novo foi de 498 en distintas zonas da cidade. Procedeuse tamén ao arranxo de reixas, de varandas metálicas e de madeira, e ao arranxo do espazo deportivo de Velle. Tamén se realizou a reparación dunha ponte de madeira deteriorada en Portovello e traballos de mellora ambiental, coa tala de 13 árbores en situación perigosa e mellora do solo de cultivo de 29 árbores no Xardín do Posío.
O Concello tamén executou actuacións de mellora en oito parques infantís, incluíndo reparacións, substitución ou cambio de xogos e outros elementos, e en catro zonas biosaudables. Instalou asemade dúa snovas, en Pazos e Nogueira de Castro de Beiro, e no parque infantil da Praza 500. Tamén se crearon dúas novas áreas de xogos infantís na praza Mestre Fernández e na Praza 200 (xunto á estación de autobuses).
A maiores do traballo ordinarios dos distintos servizos realizouse un plan de choque de limpeza intensiva que chegou a diferentes partes da cidade, un específico para o Posio e outro para o parque Barbaña, e outro de reparación de baldosas en beirarrúa se bacheos en vías da cidade.
Desbloqueo de concurso públicos
A Xunta de Goberno local tamén deu conta do desbloqueo de sete concursos públicos, incluíndo o de mantemento de zonas verdes e o do transporte público, e se deron os pasos iniciais para proceder á modernización de varias ordenanzas municipais como a de limpeza de terreos e soares, a reguladora da publicidade exterior mediante carteis, carteleiras ou valos publicitarios e a de limpeza.
Fóra da orde do día, e por trámite de urxencia, aprobouse un proxecto para axilizar a contratación das infraestruturas viarias en Seixalbo (59.664 euros)