María Quintas critica que a acuse de pretender que o político popular delinquira.
A deputada socialista e secretaria de Organización do PSOE na provincia de Ourense, María Quintas, advertiu a estrema gravidade das declaracións do presidente da Xunta sobre as acusacións dunha muller contra o presidente da Deputación por ofrecer, presuntamente, traballo a cambio de sexo. Quintas criticou que “o presidente dá Xunta negue a unha muller a presunción de inocencia que reclama para os seus”.
Quintas pregunta que ocurriu nas 24 horas dende que o presidente da Xunta pasa de pedir explicacións a Baltar, ás declaracións de Feijóo polas que pide respecto para o presidente da Deputación ao tempo que acusa á muller que o denunciou.
Quintas advirte que “á marxe das responsabilidades xudiciais derivadas para o máximo representante do PP de Ourense, Baltar ten unha responsabilidade política clara ante deste caso, á que o presidente do goberno galego responde cunhas declaracións que bordean a indecencia”.
A deputada socialista di que “sen probas, parece que o presidente xa ten veredito penoso e impresentable”, e reclama que non condée condutas de abuso de poder máis alá das resolucións xudiciais e que si se protexa ós presuntos culpables.
Quintas advirte que “está claro é que nas conversas que se filtraron confírmase a existencia de tratos de favor e clientelismo á hora de contratar persoal na Deputación, afirmando incluso nunha dás conversas que pode mudarse a nota das probas de selección”. Polo que pídelle a Feijóo que “responda publicamente de se avala as políticas de Baltar ao fronte da Deputación”.