Segundo os nacionalistas, non resposta nin á realidade nin ás necesidades dos veciños e está feito á medida dos especuladores.

O BNG de Nogueira pide a retirada do PXOM e que se comeze un novo procedemento participado, “toda vez que o plan que está en tramitación non se expuxo ao público durante a fase de Avance, furtando un debate previo e necesario”, denuncian os nacionalistas.

Segundo explican, este plan, que se iniciou en 2008, contén numerosas eivas que deben ser solventadas: elimina socalcos de viñedo amparados pola DO Ribeira Sacra, reduce o solo nos núcleos rurais en máis do 50% a costa de crear en determinados lugares do concello (Luíntra) un número moi significativo de vivendas, concentrando equipamentos e servizos nese entorno e deixando abandoadas o resto das parroquias.

Tamén lles chama a atención que non conste no plan un só elemento declarado BIC, non recolla a grave afección que a A-76 vai ocasionar,  e non  faga unha mínima mención ao feito da Ribeira Sacra como candidatura a Patrimonio da Unesco.

Este é un antiplán, un plan elaborado por un axente urbanizador, de costas á realidade do concello e dos intereses dos veciños e veciñas”, reclaman.

Para eles as eivas son de tal magnitude que non son subsanabeis pola vía das alegacións, polo que consideran que debe retrotraerse aos inicios, fomentando a participación veciñal no mesmo.

Como consecuencia instan ao outro grupo da oposición (o PSOE) a forza a celebración dun pleno extraordinário para abordar este tema.