Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine: «Edifício Master»

4 julio, 2016 @ 10:30 pm

No ciclo Marxes Fílmicas-Brasil, preséntase «Edifício master» do director Eduardo Coutinho, en versión orixinal subtitulada ao español.

Sete días compartidos coa vida diaria das familias que habitan nun edificio, residencial en Copacabana na cidade do Rio de Janeiro, un
macroedificio de 12 pisos, con 23 apartamentos por piso, en total 276 apartamentos nos que viven máis de 500 persoas. As historias que a
cámara vai revelando son, entre outras, a dunha parella de idade madura que se atopou por medio dun aviso clasificado, a dunha prostituta
que mantén á súa filla e a unha irmá e a dun porteiro que sospeita que o seu pai adoptivo é en realidade o seu verdadeiro pai. Entre todas van
formando un panorama da actual vida urbana en Brasil, sen esquecer a dimensión política da vida persoal, marcando así o carácter universal
das historias particulares.

A cita é o luns 4 de xullo no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Entrada de balde.

Detalles

Fecha:
4 julio, 2016
Hora:
10:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Museo Etnolóxico de Ribadavia
rúa de Santiago, 10
Ribadavia, Ourense España