Pretende que os nenos teñan garantido comezar a xornada ben alimentados e adquiran hábitos alimentarios saudables.

A Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ourense, FAPA, pon en marcha o próximo curso académico 2016 – 2017 o programa “Todos a almorzar, a primeira asignatura do día”. Está encadrado dentro dos programas de prevención da FAPA e faino  en colaboración coa ONG Cooperación Internacional no CEIP Virxe de Covadonga onde un cento de alumnos poderán almorzar gratis. En total, durante o curso, serán servidos no seu comedor escolar 17.500 almorzos. Unicamente neste centro de toda Galicia se levará a cabo esta acción educactiva.

O principal obxectivo do proxecto é proporcionar a enerxía e os nutrintes que se requiren para a aprendizaxe activa mellorando a concentración e o rendemento na aula. Ademais busca crear uns hábitos saudables que sexan asumidos e incorporados para toda a vida. Igualmente persigue capacitar aos nenos para socializar, escoitar e falar sobre a la alimentación nun ambiente distendido.

Tamén facilitar un almorzo completo e equilibrado a nenos que, por mor de diversas circunstancias, non teñen acceso a un almorzo axeitado a diario. Para lograr que “Todos a almorzar, a primeira asignatura do día” sexa inclusivo e non supoña unha diferenciación de alumnos dentro do centro, tódolos que asistan ao comedor no almorzo o teran gratis. O custo mensual do almorzo anda arredor dos 25 euros por alumno. A FAPA solicitara o proxecto para once centros de ensino, anque a convocatoria finalmente só o concedeu a un.

“A primeira asignatura do día” pretende facer do almorzo una máis das asignaturas dentro da xornada escolar, a primera antes de comezar co resto. Concienciar tanto aos alumnos, coma aos pais e profesores, de que un bó almorzo é tan importante como a clase de matemáticas, de lingua, etc.
Grazas á xestión da FAPA, a empresa Antonio Gallego Cid, que ten concertado o servizo de catering nos comedores dos centros públicos que xestiona a Federación de ANPAS, colabora tamén no programa.

Menús variados
Os menús de “Todos a almorzar, a primeira asignatura do día”, deseñados por nutricionistas, incluirán sempre dúas opcións, das que unha será de cereais específicos de almorzo e variados da marca Kellogg’s, que colabora no patrocinio da campaña. Tamén pan de barra recén torrado. Bolachas ou bolos baixos en graxas totais, saturadas e trans e menos de 30 gr de zúcres por cada 100 gr de produto. Incluirá tamén o almorzo ao menos dúas variedades de froita de tempada fresca a elixir cada día, pelada e troceada. Ademais, poderase ofrecer zume natural ou envasado sen zucres engadidos ou edulcorantes artificiais. Os alumnos poderán repetir as veces que queiran.

O presidente da FAPA José Antonio Álvarez Caride e o director do CEIP Virxe de Covadonga, César Rodríguez Mosquera asinaron este xoves 30 de xuño o convenio que permitirá poñer en marcha o programa dende o primeiro día do próximo curso escolar.