A fase final celebrouse en Manzaneda

Cidade de Ourense e Os Peares, vencedores da Copa Deputación

Os días 24 e 25 de xuño celebrouse a fase final da Copa Deputación de fútbol sala en Manzaneda.

O día 24 tiveron lugar as semifinais. En canto ás femininas o Cartelle venceu ao Pazo Tizón Carballiño por 8-2; o Cidade fixo o propio co Verín por  5 a 0.
Trala semifinais femininas foi o turno para as masculinas. Na primeira, o Pub Área 12 logrou o pase á final nos penaltis  diante do Piñor e tras empatar a tres goles no tempo regulamentario. Na outra semifinal Os Peares dobregaron a Os Escornaboys por 5-8.

Finais
Xa o día 25 celebráronse as finais. A primeira delas reuniu na cancha ao Cartelle fronte o Cidade de Ourense. Varias lesións en xogadoras do Cartelle fixeron que custáralles competir o que valeu para que o Cidade de Ourense lograra unha cómoda vitoria e se alzara coa Copa Deputación.
En canto á final masculina está decantouse do lado do equipo dos Peares, que venceron por tres goles a cinco ao Pub Área 12 Xinzo.