Ourense en Común explica que renunciaría ao período de emendas se o Concello procede a cobrar o imposto a “todos os inmobles do termo municipal”.

O goberno municipal presentou en Comisión de Pleno aos grupos da oposición a proposta de redución do IBI nun 5% solicitando que renunciasen ao período de emendas de 10 días, coa finalidade de que a rebaixa do IBI puidera ser aprobada no próximo pleno, a semana próxima, e posibilitar así que veciñosde Ourense paguen menos impostos o próximo ano. Mais non será posible xa que o grupo de Ourense en Común negouse a renunciar ao período de emendas. “Ourense en común bloquea a reforma da ordenanza del IBI”, explica a concelleira Ana Morenza.

“Solicitan algo ilegal”, subliña a concelleira do grupo popular, que explica que a petición realizada por Ourense en Común “contravén as leis existentes así como o establecido polos altos tribunais do Estado, quenes xa determinaron a inconstitucionalidade da súa petición”.

A posición de Ourense en Común

Ourense en Común explicou que eles renunciarían ao período de emendas para que se aprobe no pleno de novembro a rebaixa do IBI se o Concello “procede a cobralo a todos os inmobles do termo municipal, por exemplo a aqueles en propiedade da Igrexa que non teñan función pública”.