Xa está na rúa o numero de xuño de Barrios. Na portada o final de curso de "Kero - kolo" de Verín e a posta en funcionamento do parque de bombeiros do Carballiño.

Publicado o Barrios de xuño

Nos temas do mes, os forense ven claro que a agresión a Isabel Fuentes no seu domicilio pretendía a súa morte. O PP de Verín pedirá á Deputación unha subvención nominativa pola axuda ao auditorio; ademais acusan ao goberno de Seonae de perder 115.000 euros para a rehabilitación de vivendas. A área recreativa de Feces de Abaixo tivo unha remodelación. Ademais a biblioteca de Verín fomenta a lectura.

No Carballiño, o expurgo chegou ao xulgado. Un polbo preside a rotonda Conde Vallellano; a primeira de tres que se colocarán na vila. Está aberto o prazo para anotarse nos campamentos de verán.

En Parada de Ribeira, Xinzo, os veciñon plántanlle cara á planta asfáltica que queren contruír. A asociación A Pantalla muda de directiva. O Museo Galego do Entroido conta cun novo traxe: o das Madamitas.

En Allariz, semana grande da Festa do Boi que conmemora o seu 700 aniversario. A vila alaricana acollerá, durante este verán, dous cursos de extensión universitaria da Universidade de Vigo.

A Celanova regresa o espazo Coworking coa seugnda edición. A Xunta mantén a colaboración co Hércules Brass que este ano terá lugar a finais de xullo e principios de agosto. Unha exposición, a mediados de xullo, terá nas fotografías á emigración como protagonista.

En deportes, Celanova será a sede de dous eventos consagrados. Por unha banda, este mes celébrase a carreira nocturna da vila de San Rosendo, e pola outra, para o mes de xullo agarda a quinta edición do seu duatlón.

Artículos, clasificados, a provincia, e moito máis, nas páxinas do mes de xuño do Barrios.

Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.