Actuarán no Teatro Principal.

O Dúo Cassadó, no Enclave de Cámara

Este mércores, 7 de febreiro, no Teatro Principal -ás 20:30 horas-, actuación do Dúo Cassadó dentro da programación do Enclave de Cámara.

Un dos referentes da música de cámara en España –o Dúo Cassadó– actuará cun programa ecléctico e dinámico interpretando tanto a románticos alemáns como obras de Piazzola, Bloch ou Gaspar Cassadó.
O dúo formado por Damián Martínez Marco (violonchelo) e Marta Moll de Alba (piano) leva máis de 15 anos contaxiando a súa emoción pola música clásica española ao público. Temperamento, orixinalidade e carisma son calidades dun dúo que, grazas á súa exquisita musicalidade e sensibilidade, conta co recoñecemento da crítica internacional.

Encontro co público
Unhas horas antes do recital, ás 16.00 h no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, o Dúo Cassadó asistirá a un encontro aberto co público no que falarán da súa experiencia como músicos de cámara e responderán ás preguntas dos asistentes. Entrada libre.