Invitación para descubrir a cidade sen présas a través do benestar e a saúde.

DeXconecta Ourensanamente, campaña que pesenta o Concello en Fitur

Ourense está presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), un evento que marca o inicio do ano turístico e polo que pasaron 245.000 visitantes na última edición. A nosa cidade estará emprazada no expositor de
Galicia (Pavillón 9, entrada pola Porta Norte), a través da Concellería de Turismo, co lema promocional DeXconecta Ourensanamente. Unha invitación para descubrir Ourense sen présa, gozando do momento, a través do termalismo e do benestar, a relaxación, a desconexión e a saúde.

“Presentamos Ourense como un destino que coida corpo e mente, un destino para vivilo a través das sensacións”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.

Na posta en escena de Dexconecta Ourensanamente apelouse ao turismo intelixente, o resultante de escoitar aos visitantes e darlle forma á cidade que eles contan, unha mensaxe construída da suma dos datos recompilados e das experiencias que inspiraron os visitantes para podérllela amosar aos que aínda non a coñecen.