Este domingo, 7 de xullo.

Concentración de Vespas en Verín

O vindeiro 7 de xullo -domingo- terá lugar en Verín a 9ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín.

Durante o transcurso desta edición realizarase un paseo turístico polos balnearios e os lugares de interese de maior interese turístico da zona, con saída desde a praza García Barbón ás 11 horas.

Os participantes terán dereito a pincho e consumición nas paradas programadas no itinerario do paseo. Ademais, o sábado ás 14 horas os participantes disfrutarán dunha comida conxunta nun restaurante da vila, con sorteo de regalos e entrega de premios aos asistentes.

Os prezos das inscricións é de 20 euros. Para realizar os pagamentos a organización pon á disposición dous métodos:

– Inscrición e pagamento previo, antes do 7 de xullo, a través da conta: ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559
– Inscrición e pagamento no propio día da concentración, a partir das 9:30 horas. Teléfono de información: 669 894 046.