Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión chega unha portada moi deportiva. Presentouse a edición número 58 dun Rally de Ourense que terá lugar os días 13 e 14 deste mes de xuño. Ademais, traemos en páxinas centrais un calendario do Mundial de Clubs cos grupos partidos e horarios do mesmos.
A Xunta reformará 13 rúas da cidade cun investimento de 2,8 millóns de euros. Catro ourensás defenderán na ONU un proxecto medioambiental logo de gañar o Campus EduCaixa 2025. La Molinera reagrupará servizos do Concello de Ourense. Xunta e concello reúnense para regularizar as Termas do Muíño.
En Verín, xa está aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán. A DO Monterrei continúa coa súa promoción. Augas de Sousas inviste 8 millóns na súa modernización. «O Pincho Irmandiño» se celebra en Monterrei e Verín os días 19, 20 e 21 de xuño.
Viabilidade para un polígono industrial avalado por dous informes no Concello de Barbadás. Escolares coñecen os traballos de seguridade e emerxencias; realizaron exhibicións dos seus servizos. O alumnado do Obradoiro de Emprego realizou tarefas de limpeza no lavadoiro das Lameiras, na localidade de Sobrado do Bispo.
A Base da Unidade Operativa e a oficina (BUO) rural de Bande estarán no mesmo enclave; a Xunta investirá preto dun millón de euros nas dúas instalacións. O viño galego expande mercado en Vinis Terrae; mantivéronse máis de 800 citas de negocio con 18 países.
Ocio, deportes, Cultrura e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha