Do 11 ao 13 de xullo.
Allariz celebra as Festas de San Bieito 2025, que se celebrarán do 11 ao 13 de xullo, cunha programación diversa e para todos os públicos chea de música, espectáculos e actividades pensadas para todas as idades.
A programación comeza o xoves 10, cun concerto da Agrupación Coral Arnoia na Igrexa de San Bieito.
O venres 11, a Praza do Matadoiro será escenario do espectáculo de monicreques “Titiricircus”, da compañía Tanxarina, pensado para público infantil e familiar. A partir das 23:00h, a Discomóbil Apocalipsis animará a noite na Barreira.
O sábado 12 arrinca cun desfile de xigantes e cabezudos desde a Casa da Cultura, acompañados pola Agrupación de Pé Feito. Xa pola tarde-noite, a música será protagonista cun concerto das bandas Airiños do Morrazo e Unión Musical de Allariz na Alameda. A medianoite será a quenda da verbena con dobre sesión da Orquestra Horizon, The Show, na Barreira.
O domingo 13, a programación inclúe actividades de rúa e actos vinculados á festividade de San Bieito. Haberá pasarrúas, e ás 11:00h sairá a procesión do San Bieito, acompañada polos grupos musicais De Pé Feito, Unión Musical de Allariz e Agrupación Folclórica Lemavos.
Ás 21:00 comezará o baile amenizado pola Orquestra Compostela na Barreira, seguido dun espectáculo pirotécnico no Campo de Vilanova, ás 00:00h.
Durante a fin de semana tamén se celebrarán diferentes actos relixiosos, como misas e a novena de San Bieito, para quen desexe participar deste ámbito da festa.