A Festa do Esquecemento celebra un cuarto de século.
A Asociación Civitas Limicorum ten todo listo para que esta fin de semana se celebre o 25º aniversario da Festa do Esquecemento. No seu Annus Argenteus están previstas un sinfín de actividades que contarán cun campamento, que entre romanos e castrexos sumarán 500 persoas.
Programación
A programación deste ano non deixa tempo para o descanso e en cada momento haberá un espectáculo que presenciar.
A inauguración da 25ª Festa do Esquecemento dará comezo ás 19h do venres, 22 de agosto, no campamento e Parque do Toural con Turdión (musical itinerante). Durante toda a tarde e a noite haberá animación na rúa (Minotauro e Deusa Persa, 19.00); pasarrúas con Cidade de Antioquía polo Casco Vello (19.30 e 21.30); o espectáculo «O Rexurdir de Marte» na praza Maior (21.30h).
Para as 23.30h está previsto o Gran Desfile Inaugural con Fachos e á medianoite, o espectáculo «O Prendido do Lume Sagrado» na praza Maior, ao que lle seguirá «A Furia de Vulcano» (00.30). As pasarrúas de Son de Lugh e Tambukada de Lugo amenizarán a noite ata que chegue o concerto de Broken Peach no parque do Toural á 01.30.
O sábado 23 a apertura do Mercado e Zona Infantil será ás 12 horas coa música itinerante de Turdión; a esa mesma hora a animación na rúa traerá «Deuses do Inframundo» (Casco Vello) e pasarrúas con Son de Lugh (Casco Vello). A praza Maior acollerá ás 12.30 o espectáculo Gladiadores «Explicación – Lucius Spiculus»; e comtinuarán as pasarrúas amenizando a festa. O acto institucional do día será ás 13.30 coa recepción de autoridades e tropa estranxeiras e a entrega do Premios Bispo Idacio 2025. «O Rexurdir de Marte» pechará as atividades do sábado pola mañá (praza Maior, 13.45h).
A tarde do sábado comezará con pasarrúas (Lirolaio, 16.30, Son de Lugh, 17.30, e Turdión, 18.00). Minotauro e Deusa Persa será o animación que terá lugar no parque do Toural ás 18.30, á mesma hora que o espectáculo «Grandes Xogos Olímpicos» (no campamento Galaico – Romano). Ás 19.15 regresan as pasarrúas con Cidade de Antioquía e Lirolaio (20.00) polo Casco Vello. O Desfile Tropas Romanas de Décimo Xunio Bruto discorrerá desde as 20.00. Media hora máis tarde (ás 20.30) a zona de area do Toural se podrá vivir o espectáculo -que contará con gradas- «Gran Circo Romano». Durante o resto da noite alternaranse a animación na rúa (Deuses do Inframundo, 21.00), con pasarrúas (Cidade de Antioquía, 21.30, e Tambukada de Lugo, 23.00) e espctáculos (exhibición – Lucius Spiculus, 22.30 na Area do Toural; A Furia de Vulcano, 23.00 na praza Maior; e Conferratio, 23.00 no campamento Galaico – Romano). A xornada rematará cos concerto de Grimorium e Pelepau, ás 23.30 e 00.00, respectivamente, no parque do Toural.
E o domingo 24 a Festa do Esquecemento porá o seu broche final neste aniversaria cunha infinidade de actividades. Ás 12 abrirase o Mercado e Zona Infantil e de seguido alternarase a música de pasarrúas (Lirolaio e Tambukada de Lugo ás 13, e Turdión, 14) con espectáculos (Exhibición – Lucius Spiculus ás 12.30 na Area do Toural, e Bautizos Galaicos e Romanos ás 13.30 na fonte do Parque do Toural) e animación na rúa (Minotauro e Deusa Persa, 12.30 Casco Vello, e 16.30 no campamento Galaico – Romano). Todo isto será a antesala do punto álxido desta celebración. Ás 17.00 no campamento Galaico – Romano dará comezo as marchas Romanas coa música de Achicoria, antesala do «Cruce do Río Lethes e Gran Loita Final» que será a partir das 17.30 horas; como cada ano milleiros de persoas serán participes deste evento histórico que se repite ano a ano desde hai 25.
Rematada a teatralización do paso do río e ata o final do día aínda quedarán moitos evento como pasarrúas con Lirolaio (18.00 no campamento Galaico – Romano); Batucada Bloco Trifulka (19.00 no campamento Galaico – Romano) ou o espectáculo O Rexurdir de Marte (19.30 na praza Maior).
O último dos desfiles será o Desfile da Victoria que terá o seu inicio ás 20.00. Tralo desfile e antes da entrega de premios, regresa «A Furia de Vulcano» ás 21.00 na Area do Toural e amenizarán o campamento a Batucada Bloco Trifulka (22:15). Ás 23.00 está anunciada a entrega de premios a participantes no campamento e 15 minutos despois (23.15) procederase ao apagado do Lume Sagrada (campamento). A música de Grimorium, no campamento ás 00.00, porá o punto e final á Festa do Esquecemento 2025.
Exposicións
A 25ª Festa do Esquecemento arrinca cunha homenaxe visual que percorre un cuarto de século de historia. As exposicións “Os 25 carteis do Esquecemento” e “25 anos en imaxes” reúnen, en total, 50 pezas que estarán espalladas por máis de vinte locais da hostalería de Xinzo, situados na rúa dos Viños, Praza Maior, contorna do Parque do Toural e espazos próximos.
Ata o día 25 de agosto, quen se achegue a estes establecementos poderá gozar dunha mostra única que convida a viaxar no tempo, redescubrindo os momentos, símbolos e imaxes que marcaron a evolución desta cita histórica.
Desde a organización, a A.C. Civitas Limicorum subliñan que “lembrar de onde vimos é a mellor maneira de saber cara onde imos”. Trátase dun acto de respecto, de memoria e de posta en valor de todo o camiño percorrido ata chegar a este aniversario tan especial, que non sería posible sen o esforzo compartido de veciñanza, participantes e entidades colaboradoras.