Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada traenos os lumes que arrasan a provincia estos días e que leva calcinados 88.300 hectáreas. Persoal contra incedios, UME, forzas e corpos de seguridade do Estado, Protección Civil, Policía Autonómica e veciños e voluntarios loitan cada hora para apagalos.
A outra noticia da portada é a Festa do Esquecemento, que se celebra do venres 22 ao domingo 24. Entrevistamos a Marcos Argibay, presidente da Asociación Cultural Civitas Limicorum, organizadora do Esquecemento. Tamén traemos a programación completa da festa.
Agosto está sendo un mes frenético para Xinzo, e é que tralo Esquecemento, do 29 ao 31, celebra a Feira do Comercio, no pavillón de deportes. No mesmo lugar e no Toural será a Feira Alimagro, do sector agrario e exaltación da pataca, a que se celebre do 5 ao 7 de setembro.
O Plan Xinzo Paso a Paso conta cun novo aparcadoiro de 98 prazas. O concello vén de firmar un convenio para a implantación do programa “Axente Titor”, para facer seguimento de situacións que afecten á infancia e adolescencia.
A vaga de lumes obrigou a cancelar a maioría dos espectáculos das xornadas de Folclore, que, aínda así, arrincaron os aplausos do público que puido gozar das agrupacións folclóricas de Arxentina, Filipinas, Ucraína, Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Celanova busca compromisos da Xunta no eido da cultura; alcalde reuniuse co conselleiro de Cultura e trataron a rehabilitación da Casa dos Poetas e a limpeza e mantemento do Claustro Barroco.
O Festival RiR de Allariz conta con 36 curtas na sección oficial; deesenvolverase do 30 de agosto ao 6 de setembro. Continúa a actuación na urbanización San Bieito centrada na pavimentación,
dando continuidade ás melloras realizadas a comezos deste ano co renovado das beirarrúas e do parque infantil.
Ocio, clasificados, provincia e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha