Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión a portada conta varias novas de importancia. A Xunta esta comezando a dar as primeiras axudas aos afectados pola vaga de lumes de agosto; foi presentada a 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF); o inicio do curso escolar de 30.000 escolares; e as novas liñas dos autobuses urbanos que entrarán en servizo o vindeiro martes 16 de setembro.
O Concello de Ourense prevé que conclúan as obras na avenida de Portugal a finais de ano. Ademais, o Goberno municipal propón unha modificación de crédito de 25 millóns de euros.
En Xinzo de Limia instaláronse cámaras de control de tráfico en seis rúas do casco histórico. Alimagro deixou un bo saber entre os asistentes coas distintas degustacións, entre elas, a tortilla xigante. Deu comezo a recollida de pataca na Limia.
A compañía Sarabela Teatro recibe o premio «Celanova, Casa dos Poetas». Éxito de vendas na 9ª Feira do Stock. A axenda cultural de setembro vén cargada de actividades.
A praza do Matadoiro volve ser o seu escaparate, o sábado 13 de setembro, da Feira de Produtos Apícolas de Allariz. A BTT de Allariz celebra a súa terceira edición o domingo 28 de setembro.
A Deputación colabora cos talleres mecánicos; outorga a ATAVE unha axuda de 50.000 euros. A Aula Newton: un luxo ao alcance da rapazada galega; tamén se pon en marcha a Aula Tecnópole.
A UD Ourense comeza con mal pé na 2ª Federación ao caer derrotado no tempo de desconto ante o Valladolid Promesas. Tampouco lle foron ben as cousas no debut ligueiro do Ourense Ontime na Primeira división de futbol sala ao perder por 1-6 fronte o Alcorcón.
Ocio, opinión, clasificados, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha