Barrios 237

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión traemas a portada o Ourense Film Festival (OUFF), un evento que este ano celebra, ata o 5 de outubro a 30ª edición. Ademais, contamos que o CRC de Ourense licita as últimas tecnoloxías por 1,1 millóns de euros. Na DO Monterrei andan na vendima e xa levan recollidos máis de 5 millóns de quilos de uva, unha uva que este ano é de excelente calidade. A Xunta lanza unha nova edición do Outono Gastronómico con 16 establecementos ouensáns adheridos á iniciativa.
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, culpable dun delito contra a ordenación do territorio e absolto do de prevaricación.

O Concello de Ourense contempla un cambio de ubicación para a celebración do magosto; a Festa do San Martiño celebraríase no Parque Ribeira de Canedo. O Goberno municipal levará a proposta da gratuidade dos autobuses urbanos a pleno.

En Verín, cúmplense dez anos de goberno en coalición de PSOE e BNG; o alcalde repasa os 20 millóns en inversións nesta década.

Aprobados os orzamentos de Barbadás deste 2025, que ascenden a 9,2 millóns de euros. Última fase para a remodelación do local social de Sobrado do Bispo.

A Deputación activa o Plan de Lectura para persoas nacidas desde o ano 2007 en adiante. Activado o plan de restauración forestal; a primeira fase durará seis meses.

Deportes, ocio, opinión, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha