Actuará este sábado, 22 de novembro.
Coincidindo co aniversario da súa carreira profesional, o pianista arxentino Juan Carlos Cambas presentarase este sábado, 22 de novembro, ás 20.00h no Liceo de Ourense para festexar os seus 30 anos de música coa súa xira «Notas da viaxe». Durante o concerto realizará unha viaxe musical a través de diferentes momentos do seu percorrido artístico.
Repertorio e invitados
A primeira parte do concerto estará adicado ao Folclore arxentino e sudamericano; así Juan Carlos estará acompañado por Manolo Gómez no charango; transportarán aos asistentes ás alturas da Puna a través de ritmos ancestrais da música andina como o «Carnavalito», ou ritmos máis arraigados a Arxentina como «Chacarera», tamén «Alfonsina y el mar», unha «Zamba» do prestixioso pianista e compositor arxentino Ariel Ramírez bailada por Elba e Marcelo de «Estampa Argentina».
O segundo fragmento estará adicado á música galega na voz da cantante galega Rosa Leiro con baladas clásicas como «Aí vén o Maio», do ourensán Manuel Curros Enríquez, ou «Galicia», un poema de Ramón Cabanillas coa música da citada Rosa Leiro.
No terceiro segmento farase unha viaxes á cidade de Bos Aires e o seu folclore: o Tango Arxentino da man de Astor Piazzola co seu «Adiós Nonino» pasando polo artista mito mundial do xénero: Carlos Gardel, co seu tango «Volver».
E rematará o concerto xunto ao cantautor arxentino Julián Lacandona, recoñecido no seu país polo seu grupo «Lacandona Social Sound» co que interpretará dúas cancións: «A veces perder es ganar» e «Vértigo». Durante o concerto non faltará algunha que outra sorpresa.
Cambas
Pianista, arreglista e produtor arxentino residente en Galicia. De formación clásica comeza a súa incursión na música arxentina de raíz folclórica en 1992. Durante unha década acompañou á cantante portuguesa Dulce Pontes nas súas xiras internacionais por 26 países de Europa, América do Sur e África.




