A charla informativa terá lugar o mércores 28 de xaneiro ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Xinzo de Limia e a Deputación de Ourense dan un paso definitivo na implantación da compostaxe comunitaria na vila. Por este motivo, convócase especificamente aos veciños e veciñas das urbanizacións A Devesa e Río Miño a unha sesión informativa o vindeiro mércores 28 de xaneiro.
Esta convocatoria diríxese aos residentes destas zonas ao seren as que xa teñen habilitadas as infraestruturas necesarias para este sistema de reciclaxe orgánica. O obxectivo da charla, que será na Casa da Cultura ás 19:00 horas, é explicar o funcionamento das áreas de compostaxe e formalizar a participación dos veciños.
Ademais do beneficio ambiental, esta práctica sostible está incentivada cun desconto do 30% na taxa do lixo para as familias que se sumen ao compostaxe. É fundamental a asistencia para coñecer os pasos a seguir e poder acceder a esta bonificación económica.




