Consulta o novo número de Barrios.
Nesta ocasión, os agrucultores ourensáns son a noticia máis destacada. Semanas levan manifestándose en Ourense debido ao acordo que a Unión Europea contempla facer con Mercosur; para os agricultores, devandito tratado supón unha competencia deslear con relación aos produtos de Mercosur (conformado por Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil).
No Concello de Barbadás, o grupo de goberno queda conformado por tres trala polémica acusación de coaccións por parte do alcalde.
Xinzo presenta o seu entroido que durará cinco semanas.
En Ourense, Xunta e Concello firman un convenio para crear o primeiro refuxio climático urbano de Galicia.
Xa é unha realidade a Zona de Baixas Emisións (ZBE) que suma seis rúas máis peonís na cidade, Coral foi a primeira rapaza nada en 2026. A senda peonil que entronca Ourense de norte a sur xa está rematada. Alumnos de Arquitectura deseñarán o futuro Auditorio de Xinzo de Limia. Remataron as obras de ampliación do parque empresarial.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz selecciona os nove xardíns desta edición. Xa se poden reservar as prazas para a Aula Newton -Tecnópole- no que os alumnos aprenderán aviación.
Deportes, opinión, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha




