Centrarase na formación específica de pastoreo.
A Consellería do Medio Rural presentou a nova Escola de Pastores impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica (Ovica). O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou na presentación, que tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde en Xinzo de Limia. Este proxecto céntrase na formación específica de pastoreo e conta tamén co apoio da Fundación La Caixa.
Acción formativa
Esta acción formativa consta dunha parte teórica centrada na aptitude empresarial agraria especializada e outra práctica, que se impartirá no período de marzo a xullo e de setembro a outubro. Alemparte agradeceu a participación dos gandeiros de Ovica nesta iniciativa, xa que esta colaboración permite que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos en granxas de diferentes concellos ourensáns.
O director sinalou que o pastoreo “é máis que unha actividade produtiva”, xa que implica unha xestión sostible do territorio e contribúe a potenciar este tipo de cría en extensivo que crea unha barreira natural fronte os incendios forestais e promove un monte xestionado e produtivo. Alemparte asegurou que “ser hoxe pastor é ser un profesional cualificado”, con coñecementos técnicos e capacidade empresarial, afirmou que xogan ademais un papel clave na cadea alimentaria.




