Barrios 245

Entroido, entroido e máis entroido. Así poderíamos definir a portada deste número no que a provincia está inmersa, pois iso, no entroido.

As primeira páxinas son un especial da festa por antonomasia da provincia: un carnaval que se vive polos catro costados da provincia.

Ademais, en Xinzo, unha visita institucional supervisou as obras da Praza de Abastos dun concello, o de Xinzo que conta para este ano cun orzamento de nove millós de euros; o rexedor anunciou que a débeda histórica que arrastra a capital da Limia liquidarase en 2028, catro anos antes do previsto. Xinzo tamén é noticia porque se crea a Escola de Pastores, e se está a facer unha campaña de concienciación da compostaxe.

David Martínez é o novo presidente da Confederación de Empresarios de Ourense. E a anterior presidenta, Marisol Nóvoa, foi galardoada -a título póstumo- con premio Clara Campoamor.

O temporal non cesa na provincia de Ourense inundando a provincia e desbordando ríos.
A Xunta presenta as axudas para adquirir vivenda no rural. E Celanova contará cun novo refuxio micolóxico.

Deportes, clasificados, cultura, axenda, e moito máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha