O programa levarase a cabo de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, en 11 vilas do municipio en dúas quendas en cada quincena entre xullo e agosto.
O Concello de Barbadás reforza o seu compromiso coa conciliación familiar cun campamento de verán durante os meses de xullo e agosto. A Concellería de Educación lanza a convocatoria do Barbadás Concilia Verán cun total de 240 prazas cada quincena, distribuídas entre 11 vilas distintas do municipio. “Desde o Concello sabemos da necesidade de conciliar, sobre todo durante os meses de verán, polo que facemos un esforzo importante para que un bo número de familias poida acceder a este servizo”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.
O programa levarase a cabo na Valenzá, en Barbadás, As Lamas, Piñor, Sobrado, Bentraces, Parada, Loito, Finca Fierro, Fonsillón e Santa Uxía. No caso da Valenzá, haberá dúas quendas cada quincena, debido á elevada demanda. O campamento inclúe actividades lúdicas variadas, que se desenvolverán de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 10 de abril, e as solicitudes poderán entregarse a través da sede electrónica do Concello de Barbadás ou de forma presencial no rexistro municipal (Casa Consistorial ou oficinas municipais da Valenzá). O campamento está dirixido unicamente a nenos e nenas nacidos entre 2014 e 2022. O custo da praza é de 20 euros por menor e quenda solicitada.
O Concello publicará a lista provisional de admitidos o 20 de abril, a continuación abrirase o prazo para o pago do servizo ata o 5 de maio e o 8 de maio darase a coñecer o listado definitivo.
Ofértanse 240 prazas por cada quincena coa seguinte distribución:
20 prazas en cada unha das seguintes opcións:
– Urbán “A” (nados entre 2020 e 2022) A Valenzá.
– Urbán “B” ( nados entre 2014 e 2019) A Valenzá.
– Barbadás (nados entre 2014 e 2022).
– As Lamas (nados entre 2014 e 2022).
– Piñor (nados entre 2014 e 2022).
– Sobrado (nados entre 2014 e 2022).
– Bentraces (nados entre 2014 e 2022).
– Parada (nados entre 2014 e 2022).
– Loiro (nados entre 2014 e 2022).
– Finca Fierro (nados entre 2014 e 2022).
– Fonsillón (nados entre 2014 e 2022).
– Santa Uxía (nados entre 2014 e 2022).
Quendas: Todos as opcións ofértanse para cada unha das quincenas, sendo éstas:
– 1ª quincena xullo (1 a 15 de xullo)
– 2ª quincena de xullo (16 a 31 de xullo)
– 1ª quincena agosto ( 3 a 14 de agosto)
– 2ª quincena de agosto (17 a 31 de agosto)
Cada opción terá un número máximo de 20 prazas, e un número mínimo de 8 participantes para a súa realización.
Unha vez publicado o listado provisional establecerase o número de monitores por campamento segundo as ratios establecidas.





