Barrios 250

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

O protocolo contra os lumes firmado por Deputación e Xunta de Galicia -xunto coas mancomunidades ourensás- é a nova máis destacada da portada, na que ademais traemos a entrevista a Fernando Casanova para coñecer un pouco máis de preto a Remer (Rede Nacional de Radio de Emerxencia). O deporte está presente nesta portada coa vitoria de Adam Yates na cuarta etapa de O Gran Camiño con final en Cabeza da Meda; tamén traemos a presentación da Cavernícola Race de Barbadás.

A policía Local de Ourense conta con seis novos vehículos de alta gama e equipados con desfibrilador, cascos de protección, etilómetro e sistemas de control mediante rastros punzantes.
O Car Outlet superou o centenar de venda de vehículos. O Centro Comercial Ponte Vella celebra o Día da Nai co sorteo de 10 cheques de 250 euros para gastar nos locais do centro comercial.

Verín celebrará a Festa dos Maios. Renovación do campo de fútbol de A Granxa. A Xunta de Galicia asina un intercambio de permutas en Verín que permite incorporar 1,46 hectáreas ao Banco de Terras.

O “8M, mes a mes”, da Deputación adícalle abril ás mulleres do sector forestal. Eficiencia enerxética para o centro de interpretación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. A Feira do Viño de Ribadavia -do 1 ao 3 de de maio- coincide coa Feira de Artesanía.

Busán decidirá o futuro da Rubeira Sacra; na cidade surcoreana decidirase se o enclave galego é Patrimonio Mundial.

Protección ante o clima no parque infantil do Campo de Roma; o Concello de Barbadás colocou velas. Colaboración veciñal para mellorar os datos de reciclaxe en Barbadás; a media no concello está moi por debaixo da galega.

Deportes, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha