Barrios 252

Na rúa o novo número de Barrios.

A portada deste número trae á UD Ourense que está a un paso do ascenso á Primeira Federación. Tamén traemos un calendario do Mundial de Fútbol 2026; a entrada do Centro Comercial Ponte Vella na Confederación de Empresarios de Ourense e a celebración das Vestalias en Xinzo de Limia.

O PP de Ouense segue desfollando a margarida para elexir ao que será o candidato ou candidata para as eleccións municipais de 2027. Jácome move ficha e deixa á oposición ante unha decisión incómoda; o rexedor perdeu unha cuestión de confianza e agora a oposición deberá facer unha moción de censura se non quere que se aproben, inicialmente, os orzamentos municipais. A reforma da rúa Alejandro Pedrosa dá máis seguridade aos peóns; o proxecto contou cun orzamento de 3,4 millóns de euros. O Couto entrega os premios do “Merca no teu comercio”.

O Concello de Verín exime de taxas a entidades sen ánimo de lucro. Máis de 300 deportistas participarán na Revolta Irmandiña prevista para o 14 de xuño entre Verín e Monterrei.

O Concello de Barbadás, a través da Casa a Mocidade, organiza unha emocionante xornada de Paintball prevista para o sábado, 20 de xuño. O Campus Multideporte ofrece, este verán, dúas quendas neste verán, mentres que o Campamento Multideporte ofrece seis.