Barrios 254

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión, a portada trae a celebración dun ascenso histórico: o da UD Ourense á Primeira Federación. Tamén traemas as Festas de Ourense. A Asociación Civitas Limicorum conta con preto de 700 socios. O especial do Mundial de Fútbol para poñer os resultados. E entrevistamos a Anxo Varela e Lúa Carballo, de Pruden Tattoo.

Ponte Vella celebra este ano o 25º aniversario desde a súa apertura. O OUFF traerá unha exposición sobre «El Señor de los Anillos».

O Torneo Igualitario de Xadrez “Xaque ao Emérito” chega á súa cuarta edición o sábado, 27 de xuño na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Cámaras de control no Casco Histórico de Allariz implantadas grazas ao Plan de Sostibilidade
Turística en Destino. Celanova ponse a bailar co 18º Festival de Baile “Baila Conmigo” entre o 17 e 21 de xuño.
Explora Ourense e Music Camp, no verán de Muíños; regresan os campamentos para as vacacións escolares dos pequenos da casa.

Deportes, provincia, ocio e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha