Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Malandromeda

30 diciembre, 2016 @ 7:00 pm - 9:00 pm

8€

O espazo cultural TODOMEDRE e o Café & Pop Torgal presentan un novo ciclo de concertos centrado na renovación da música popular en galego, no que participarán algunhas das bandas e proxectos máis interesantes do país.

A terceira actuación deste ciclo é o concerto de MALANDROMEDA – Torgal set – o 30 de decembro no Café & Pop Torgal.

Imaxinemos unha traxicomedia intestinal cuspida en restras de chistes, ratatatatatá, disparar a metralleta da felicidade coma Madame Butterfly segundo Carmen de Mairena. Ser picante e penitente, devoto de Santo Antonio Machín e da Virxe do Carme: o colecionista de bragas usadas que nunca colgará as súas parvadas no Facebook. Iso é Malandrómeda.

Participante doutras coñecidas dixestións sónicas coma Fluzo ou Non Residentz, Hevi rapea pezas astutas e absurdas, alimento e excremento, a obra dun cerebro tribal que afumea: da vangarda á retagarda nunca Galicia foi tan caníbal.

As entradas están á venda en Ticketea.

Detalles

Fecha:
30 diciembre, 2016
Hora:
7:00 pm - 9:00 pm
Precio:
8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Café Pop Torgal
r/Celso Emilio Ferreiro,20
Ourense, Ourense 32004 España
Ver la web Local