Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º Festival benéfico «Camiño á fama»

28 mayo, 2016 @ 6:00 pm - 8:00 pm

O sábado, 28 de maio, no teatro de Salesianos, terá lugar o 9º Festival benéfico “Camiño á Fama”, organizado pola Comisión Música da Asociación
Xuvenil Amencer.

No festival, que transcorrirá entre as 18.00h e as 20.00h da tarde, contaremos coa presenza de diversos grupos de danza e intérpretes afeizoados da cidade de Ourense. Entre eles participarán escolas de Baile como Fussion e Copelia, Gimnasio 2000.

O festival contará con diversidade de estilos, que irán desde o máis clásico ata o funky, o hip-hop, ou o rock alternativo.

Haberá un xurado, formado por mestres e especialistas de danza, expresión corporal e interpretación, que valorará as actuacións. Haberá un único gañador da categoría de interpretación e catro gañadores da categoría de coreografía –dous amateurs, e outros dous de escolas de baile-. Así mesmo, se o xurado o considera oportuno, verá a conveniencia de outorgar algún accésit ou mención especial a calquera grupo de calquera categoría.

A recadación será destinada integramente aos Campamentos Urbanos da cidade de Ourense, organizados pola Asociación Xuvenil Amencer.

A compra de entradas pódese facer en Amencer ou na taquilla o mesmo día. Para todos aqueles que desexen colaborar poden adquirir a entrada de fila cero.

Detalles

Fecha:
28 mayo, 2016
Hora:
6:00 pm - 8:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Colexio Salesianos
Praza Don Bosco, 1
Ourense, Ourense 32003 España