Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º FITO: «El avaro»

7 octubre, 2016 @ 8:30 pm - 9:50 pm

8€

A Companyia Pelmànec presenta «El avaro» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense.

Sinopse

A avaricia define a Harpagón. Usureiro e especulador, sen amigos, ninguén quere a este vello. O seu desexo por Marina, unha mociña encantadora con quen quere casar a pesar da súa pobreza, farao aínda máis desprezable e patético diante da súa familia. Sobre todo cando descobre que a súa pretendida está xa comprometida co seu fillo Cleantes. A comedia está servida. Ah, aínda non! Un pequeno detalle: aquí o ouro non ten ningún valor porque os personaxes, todos, son billas, tubos e obxectos de auga en xeral, e a riqueza que desexa de maneira enfermiza Harpagón, a auga… Desexámosvos un bo mergullo!

A compañía
A Companya Pelmànec é a plataforma creativa de Miquel Gallardo, actor, manipulador e dramaturgo con máis de vinte anos de carreira. Foi creada no 2009 para estrear o seu primeiro espectáculo en solitario: Don Juan. Memoria amarga de mí. No 2011 estrea Diagnóstico: Hamlet. Nos dous espectáculos, Miquel Gallardo explora a técnica da manipulación e a interpretación simultánea, con monicreques de tamaño natural, creando un estilo persoal de abordar os espectáculos que merecen o eloxio do público e da crítica alí onde van. En 2014 recupera El avaro de Molière, unha obra creada por el mesmo xunto con Olivier Benoit e Jordi Bertran, estreada no 2000. Aproveitando o quince aniversario da súa estrea, Miquel Gallardo anóvaa, pero mantendo o seu espírito crítico e aloucado.

Premios
• Premio do Xurado e do Público ao Mellor Espectáculo do Festival de Belo Horizonte 2003 (Brasil).
• Premio ao Mellor Espectáculo da Tempada da Asociación de Espectadores do Teatro del Mar 2003 (Palma de Mallorca). • Premio do Festival PIF de Zagreb 2005 (Croacia).
• Premio do Festival de Ostrava 2005 (República Checa).
• Premio ao espectáculo máis orixinal do Festival Lutke 2008 (Eslovenia).
• Premio do público do Festival Lutke 2008 (Eslovenia).

Detalles

Fecha:
7 octubre, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:50 pm
Precio:
8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local