Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º FITO: «Pan! Pan!!

13 octubre, 2016 @ 8:30 pm - 9:30 pm

8€

A compañía A Panadaría presenta «Pan! Pan!» dentro do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o xoves 13 de outubro ás 20: 30 horas no Teatro Principal de Ourense.

Sinopse

«Pan!Pan!» é unha parodia, con música vocal en directo, dos wésterns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

A compañía
A Panadaría son Areta, Noelia e Ailén. Fundaron a compañía no ano 2013 presentando o espectáculo «Pan!Pan!». Con este primeiro espectáculo conseguiron premios e eloxios da crítica, pero despois de estrear a súa nova obra, «Panamericana», seguen sen ter decorados de pan de ouro e veludo, nin local de ensaio, nin furgoneta, nin homes. Aínda. Amasaron un teatro de creación propia e, por iso, chámanse A Panadaría, porque o seu é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar.
Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chamámonos A Panadaría para alimentar corpo e alma.

Detalles

Fecha:
13 octubre, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:30 pm
Precio:
8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle, nº 2
Ourense, Ourense 32001 España
Teléfono:
988 391 290
Ver la web Local