Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

A Biblioteca Municipal de Verín organiza o ciclo de actividades “Alfonso Graña, rei da amazonia”

marzo 27 - marzo 31

Entre o 27 e o 31 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín  organiza un  ciclo de actividades  adicado a Alfonso Graña, emigrante e explorador galego,  proclamado “Rei dos Xíbaros”, co nome de “Alfonso I da Amazonia”.
“Hai vidas que superan os guións de cine”. Tras esta afirmación, Biblioteca Municipal de Verín ofrece os asistentes a este ciclo de actividades a posibilidade de coñecer a vida de aventura deste emigrante galego (Amiudal, Avión, 5 de marzo de 1878), que chegou a converterse en rei da Amazonia, proclamado “Alfonso I da Amazonia” polas tribos Jíbaras, Aguaruna e Huambisa nos ríos Nieva e Santiago do Alto Marañón, e cun territorio superior a metade da Península Ibérica.

As actividades programadas son as seguintes:
– Exposición temática fotográfica. (27 ao 31 marzo na Biblioteca Municipal)
– Conferencia D. Maximino Fernández. (Xoves 30, ás 19.30 horas, na Biblioteca Municipal)
– Visionado do Documental de RTVE adicado a Alfonso Graña . (Venres 31, ás 19:30h, no Salón de Actos)

Dita iniciativa está organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín e está enmarca dentro da programación de actividades destinadas ao fomento dá lectura e dinamización dá instalación municipal.

Todos os usuarios poden informarse no teléfono 988 41 36 24, na web da Biblioteca, e no perfil da mesma en Facebook.

Detalles

Comienza:
marzo 27
Finaliza:
marzo 31
Evento Categoría:

Lugar

Biblioteca Pública de Verín
Av. de Portugal, 11
Verín,Ourense32600España
Teléfono:
988 41 36 24