Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Alfombras para o Camiño chega a Allariz este sábado

22 mayo, 2021

Alfombras para o Camiño chega a Allariz este sábado

A iniciativa da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, chega este sábado 22 de maio a Allariz, co proxecto Alfombra para o Camiño.
A vila alaricana foi a escollida como representante do “Camiño da Prata” e acollerá na xornada do sábado a confección dun manto floral na Praza de Abaixo.
Nesta ocasión a alfombra que se vai a realizar en Allariz será unha reprodución do rosetón da Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, pola que tamén transcorre a Vía da Prata.
Para a confección desta reprodución trasladaranse a Allariz alfombristas de Ponteareas e doutras localidades.

Detalles

Fecha:
22 mayo, 2021
Categoría del Evento:

Local

Allariz
Allariz, Ourense
Ver la web Local