Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine en Allariz: «Nanuk, o esquimal»

29 julio, 2021 @ 10:00 pm - 11:30 pm

O xoves, 29 de xullo, ás 22 horas, no Hotel OCA Vila de Allariz, ao aire libre, a Fundación Vicente Risco proxectará a película «Nanuk, o esquimal» con música en directo dentro do ciclo Carpervek.

«Nanuk, o esquimal», dirixida por Robert J. Flaherty en 1922, cunha duración de 79 minutos, é un documental pioneiro que narra as condicións de vida dunha familia esquimal do ártico na Bahía de Hudson en Canadá. Robert J. Flaherty, o primeiro gran documentalista da historia viviu case un ano con esta familia filmando o seu modo de vivir, sobrevivir, cazar e amar.

O prezo da entrada é de 10 euros, e o bono de 5 películas é de 40 euros. Para mecenas e amigos da Fundación Vicente Risco o importe do bono é de 30 euros.

Para inscricións deben enviar un correo electrónico indicando nome, apelidos, NIF, domicilio, teléfono e mail a secretaria@fundacionvicenterisco.com

Se queredes máis información podedes contactar coa presidenta da fundación, Celia Pereira, chamando ao número de teléfono 605319298.

Detalles

Fecha:
29 julio, 2021
Hora:
10:00 pm - 11:30 pm
Categoría del Evento:

Local

Hotel OCA Vila de Allariz