Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine en Verín

28 octubre, 2016 - 1 noviembre, 2016

O cine comercial volta a Verín dende este venres, cunha programación especial centrada nos filmes de estrea do xénero de terror para a ponte de Defuntos. O Goberno municipal retoma así o que califica como “exitoso experimento”, segundo o alcalde, Gerardo Seoane, “para fixar poboación as fins de semana na vila”, que concluíu na primeira metade do ano con 6.000 espectadores.

As películas elixidas para a reanudación do cine na vila son “El hogar de Miss Peregrine para niños extraordinarios”, apta para maiores de 7 anos, en horario infantil ás 18:00 horas, para o domingo, luns e martes, e “No respires”, para maiores de 16, ás 22.00 horas, o venres, sábado, domingo, luns e martes.

A programación de cine de estrea enmárcase dentro do xénero de terror, propio das datas próximas o 31 de outubro, para encadralo como unha actividade paralela á oferta de ocio da ponte de Defuntos, que terá a súa xornada forte coa Noite de Medo.

Detalles

Comienza:
28 octubre, 2016
Finaliza:
1 noviembre, 2016
Etiquetas del Evento:
,

Local

Casa da Cultura de Verín