Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de violonchelo

31 agosto, 2016 @ 8:30 pm - 9:30 pm

Este mércores 31 de agosto, ás 20:30 horas, a igrexa da Madalena da Ribadavia acolle o concerto da violonchelista Ester Domingo Sancho. O programa inclúe pezas de Johann Sebastian Bach, Giuseppe Maria dall’ Abaco, Domenico Gabrielli e Francesco Paolo Supriani.

Nacida en Huesca no ano 1987,  Ester Domingo comeza os seus estudos musicais á idade de oito anos en Zaragoza. Dende setembro do 2005 até xuño do 2010 cursa o grao superior de violonchelo no Conservatorio Superior de Música de Aragón (CSMA) cos mestres Ángel Luis Quintana e David Apellániz, recibindo asemade clases de cuarteto de corda cos cuartetos Casals y Quiroga e graduándose coas máis altas calificacións. En 2013 finaliza o
“Master in Professional Performance” na Folkwang Universität der Künste de Essen, Alemaña, cos profesores Alexander Hüllshof e Uli Witteler, e iníciase no estudo do violonchelo barroco da man do profesor Markus Möllenbeck. Posteriormente realiza un Master de especialización en Música Antiga no prestixioso Real Conservatorio de A Haia (Países Baixos) estudando co gran violonchelista barroco Jaap ter Linden e graduándose no
2015.

Foi membro da Jeune Orchestre Atlantique (JOA), da Orchestra of the Age of Enlightenment Experience Scheme 2015 e da European Union Baroque Orchestra 2015/16. Entusiasta da música de cámara e orquestral, é co-fundadora de diversas agrupacións (Edelmann Trio, Apollo’s Cabinet, El Almacén de Música, Cuarteto Tomás de Iriarte) coas que leva a cabo unha actividade concertística internacional. Paralelamente, ten a honra de
colaborar con diversos grupos de prestixio como a Orquestra do Século XVIII, a Orchestra of the Age of Enlightenment, Holland Baroque, Musica Amphion, Los Músicos de su Alteza, La Madrileña, Camerata Antonio Soler e La Guirlande, xunto a músicos e directores da talla do lendario Frans Brüggen, Philippe Herreweghe, Jos van Immerseel, Alessandro Moccia,Margaret Faultless, Kati Debretzenyi, Rachel Podger ou Lars Ulrik Mortensen.
Ester Domingo Sancho

Detalles

Fecha:
31 agosto, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Igrexa da Madalena
Ribadavia, Ourense España