Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto do Conservatorio de Verín

26 mayo, 2018 @ 7:00 pm - 9:00 pm

O venres día 26, ás 19 horas, profesores e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda e a Banda do Conservatorio de Verín, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, presentarán os instrumentos que ofrece o centro.

O Conservatorio Elemental de Música de Verín forma en clarinete, frauta travesera, guitarra, piano, saxofón, trompeta, trombón, viola e violín a persoas que comecen estudos entre os 8 e os 14 anos.Para os de 7 anos ofrece un Curso de Fundamentos Musicais. Para os de 6, un Curso de Música para os máis pequenos.

Os concertos, que se celebrarán no Auditorio Municipal de Verín, teñen como obxectivo presentarlle aos participantes a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan no Conservatorio Elemental de Música de Verín. A entrada será libre, ata completar aforo.

A inscrición para acceder á formación oficial (alumnado entre 8 e 14 anos) está aberta até o día 15 de xuño. Para informarse: Casa do Concello de Verín (Cultura, 1º andar).

Detalles

Fecha:
26 mayo, 2018
Hora:
7:00 pm - 9:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Auditorio Municipal de Verín
Camiño a Balneario de Sousas
Verín, Ourense 32600 España