Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Roi Casal

13 agosto, 2017 @ 9:30 pm - 11:30 pm

Roi Casal chega a Verín co seu espectáculo “Son galego, Son cubano”

O vindeiro 13 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza García Barbón, será o escenario do espectáculo musical de Roi Casal, “Son galego, Son cubano”. Esta actuación está incluída no programa da XII edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.

“Son galego, Son cubano”, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos. Un fantástico show con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de ese mesmo ano.

Financiado polo Concello de Verín, este é un dos moitos espectáculos musicais e teatrais que terán lugar esta fin de semana na vila. A XII Feira do Viño de Monterrei é un importante acontecemento verinense, unha cita coa gastronomía, as artes e, por riba de todo, co viño.

Detalles

Fecha:
13 agosto, 2017
Hora:
9:30 pm - 11:30 pm
Categoría del Evento:

Local

Praza García Barbón
Praza García Barbón
Verín, Ourense 32600 España